[:gl]Novas[:es]Noticias[:en]News[:]

A terceira proba do circuíto celebrouse en terras andaluzas

Un total de 104 xogadores disputaron en Sevilla a terceiro proba do Circuíto de Golf Senior Turismo de Galicia en Sevilla, no Club Zaudin que volve repetir como espazo deportivo para a disputa desta proba cuxa final chegará a terras galegas. Carlos Menor alzouse co triunfo en categoría Scratch con 27 puntos e o segundo posto nesta categoría foi para Miguel Castelo con 26 puntos.

O gañador hándicap foi Juan Carlos Atienza con 39 puntos stableford, seguido por Manuela Pachón, finalista da edición de 2017, que logro un resultado de 38 puntos. En categoría de damas, a mellor foi Mª José Jiménez González con 39 puntos e o gañador da categoría master sénior (xogador de máis de 70 anos) e tamén finalista da edición de 2017, foi José Mª Cobo con 37 puntos. Os gañadores disputarán a final o 24 e 25 de setembro no campo do hotel Balneario Oca Augas Santas en plena Ribeira Sacra.

En canto aos premios especiais, o mellor drive, premio Martin Códax, o de damas gañouno Teresa Elder e o de cabaleiros conseguiuno José Mª Ortiz. A bóla máis próxima no foxo 9, premio Aceites Abril foi para Francisco Rodriguez e no foxo 3 premio Viña Farnadas adxudicoullo José Luís Canorea. O premio forrabolas xentileza do Hotel Rua Villar e Real Aeroclub de Santiago foi para o penúltimo clasificado hándicap, Felipe Lobo e os premios melón, en scratch e en hándicap atesourounos, ambos os Miguel Gastón, en damas foi Rosa Ricca e o master sénior conseguiuno Carlos Areas. Todos eles puideron gozar tamén dos produtos galegos cos que se lles ofrece unha degustación a todos os participantes. A próxima proba celebrarase o 13 de Xuño no RACE.

05 de Xuño de 2019

O VIII Circuíto de Golf Senior Turismo de Galicia volve por segunda vez ao Club Zaudin en Sevilla

A terceira proba do circuíto celebrouse en terras andaluzas Un total de 104 xogadores disputaron en Sevilla a terceiro proba do Circuíto de Golf Senior Turismo […]
03 de Xuño de 2019

Galicia, destino “healthy” para os usuarios de escapadas curtas

O portal weekendesk.é conclúe que os seus usuarios elixen preferentemente Lugo e Pontevedra para os seus plans de turismo saudable, ademais de Ourense onde optan polo […]
30 de Maio de 2019

As universidades galegas traballarán conxuntamente para avanzar na candidatura do Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia a Patrimonio da Humanidade

A Xunta de Galicia asinou un convenio por importe de 80 mil euros co tres universidades galegas para a elaboración do formulario da candidatura de Illas […]
29 de Maio de 2019

OMT e Fundación ONCE buscan os mellores destinos turísticos accesibles

A Organización Mundial do Turismo, OMT, e Fundación ONCE lanzaron a primeira convocatoria das Mencións “Destinos Turísticos Accesibles”, ATD, polas súas siglas en inglés, que recoñecerán […]
Página anterior
123456789101112131415161718192021222324252627282930313233343536373839404142434445464748495051525354555657585960616263646566676869707172737475767778798081828384858687888990919293949596979899100101102103104105106107108109110111112113114115116117118119120121122123124125126127128129130131132133134135136137138139140141142143144145146147148149150151152153154155156157158159160161162163164165166167168169170171172173174175176177178179180181182183184185186187188189190191192193194195196197198199200201202203204205206207208209210211212213214215216217218219220221222223224225226227228229230231232233234235236237238239240241242243244245246247248249250251252253254255256257258259260261262263264265266267268269270271272273274275276277278279280281282283284285286287288289290291292293294295296297298299300301302303304305306307308309310311312313314315316317318319320321322323324325326327328329330331332333334335336337338339340341342343344345346347348349350351352353354355356357358359360361362363364365366367368369370371372373374375376377378379380381382383384385386387388389390391392393394395396397398399400401402403404405406407408409410411412413414415416417418419420421422423424425426427428429430431432433434435436437438439440441442443444445446447448449450451452453454455456457458459460461462463464465466467468469470471472473474475476477478479480481482483484485486487488489490491492493494495496497498499500501502503504505506507508509510511512513514515516517518519520521522523524525526527528529530531532533534535536537538539540541542543544545546547548549550551552553554555556557558559560561562563564565566567568569570571572573574575576577578579580581582583584585586587588589590591592593594595596597598599600601602603604605606607608609610611612613614615616617618619
Página siguiente