O proxecto, que tamén inclúe o Parador de Baiona, busca garantir a preservación e sostibilidade destes históricos edificios, cunha inversión de 340.000 euros na súa planificación.

 

Turespaña adxudicou un contrato de 340.000 euros para a redacción dun plan director de conservación para o Parador de Cambados, un dos paradores máis emblemáticos da rede, considerado Ben de Interese Cultural. Este proxecto forma parte dunha inversión total de once millóns de euros destinada á conservación de máis de 50 destes históricos edificios en toda España.

 

O Parador de Cambados formará parte dun lote que tamén inclúe o Parador de Baiona, situado na fortaleza de Monterreal. O contrato foi adxudicado ao despacho de arquitectos Ezcurra e Ousande, con sede en Santiago. O plan ten como obxectivo garantir unha correcta conservación de ambos os paradores, implementar proxectos de sostibilidade e promover a rehabilitación do patrimonio histórico con fins turísticos.

 

O contrato, que se formalizará en marzo, establece que o plan director deberá ser entregado nun prazo máximo de 15 meses. Este documento servirá como guía técnica para planificar as intervencións futuras nos edificios, axudando a desenvolver traballos de conservación máis eficientes e respectuosos co patrimonio.

 

Actualmente, a rede de Paradores de Turismo conta con 98 establecementos, pero só 53 deles se beneficiarán dun Plan Director de Conservación nesta fase, entre eles o de Cambados.

 

Ademais desta inversión, Paradores destinou recentemente máis de un millón de euros para melloras no establecemento de Cambados, cunha partida de 700.000 euros para a renovación da carpintería exterior e 460.000 euros para mellorar a climatización interior.

17 de Marzo de 2025

Turespaña pon en marcha un plan de conservación e modernización do Parador de Cambados

O proxecto, que tamén inclúe o Parador de Baiona, busca garantir a preservación e sostibilidade destes históricos edificios, cunha inversión de 340.000 euros na súa planificación. […]
17 de Marzo de 2025

Sanxenxo convértese no epicentro do turismo de experiencias coa xornada #ExperienciasAEDH 2025

Sanxenxo prepárase para recibir a expertos do turismo con ponencias, mesas redondas e networking na xornada #ExperienciasAEDH 2025.   O próximo 25 de marzo terá lugar […]
17 de Marzo de 2025

A Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal, AECT, abre o proceso de consulta para definir a estratexia de turismo transfronteirizo Galicia-Norte de Portugal

Esta iniciativa forma parte do · POCTEP ClusterTut_GNP cuxo obxectivo é facer avanzar a Eurorrexión como destino turístico.   A Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal, AECT, avanza […]
11 de Marzo de 2025

O Clúster Turismo de Galicia facilita o acceso profesional ao Galicia Fórum Gastronómico

Os profesionais de restauración e aloxamentos poden solicitar pases dixitais para asistir ao fórum, que se celebrará do 23 ao 25 de marzo en EXPOCoruña.   […]
Página anterior
123456789101112131415161718192021222324252627282930313233343536373839404142434445464748495051525354555657585960616263646566676869707172737475767778798081828384858687888990919293949596979899100101102103104105106107108109110111112113114115116117118119120121122123124125126127128129130131132133134135136137138139140141142143144145146147148149150151152153154155156157158159160161162163164165166167168169170171172173174175176177178179180181182183184185186187188189190191192193194195196197198199200201202203204205206207208209210211212213214215216217218219220221222223224225226227228229230231232233234235236237238239240241242243244245246247248249250251252253254255256257258259260261262263264265266267268269270271272273274275276277278279280281282283284285286287288289290291292293294295296297298299300301302303304305306307308309310311312313314315316317318319320321322323324325326327328329330331332333334335336337338339340341342343344345346347348349350351352353354355356357358359360361362363364365366367368369370371372373374375376377378379380381382383384385386387388389390391392393394395396397398399400401402403404405406407408409410411412413414415416417418419420421422423424425426427428429430431432433434435436437438439440441442443444445446447448449450451452453454455456457458459460461462463464465466467468469470471472473474475476477478479480481482483484485486487488489490491492493494495496497498499500501502503504505506507508509510511512513514515516517518519520521522523524525526527528529530531532533534535536537538539540541542543544545546547548549550551552553554555556557558559560561562563564565566567568569570571572573574575576577578579580581582583584585586587588589590591592593594595596597598599600601602603604605606
Página siguiente