• A Conferencia Sectorial de Turismo aprobou este 9 de maio as 175 intervencións beneficiarias.
  • Os proxectos aprobados para a comunidade galega inclúen 8 PSTD e 1 ACD.
  • O programa distribuirá no territorio nacional 478 M€ correspondentes á terceira convocatoria extraordinaria do programa de Plans de Sustentabilidade Turística en Destinos 2023.

 

A Conferencia Sectorial de Turismo aprobou, esta semana, as 175 intervencións beneficiarias da terceira convocatoria extraordinaria do programa de Plans de Sustentabilidade Turística en Destinos 2023, financiado integramente cos fondos Next Generation EU do Plan de Recuperación. Con esta resolución péchanse os compromisos do Compoñente 14 do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, cuxo obxectivo é transformar e modernizar o sector turístico español aumentando a súa competitividade e resiliencia.

 

A esta convocatoria presentáronse 484 Plans de Sustentabilidade Turística en Destino (PSTD) e 18 Actuacións de Cohesión entre Destinos (ACD). Con esta resolución, Galicia recibe 23.235.000 € a repartir entre 8 proxectos PSTD e 1 ACD.

 

Para a asignación tivéronse en conta criterios económicos (como a porcentaxe do PIB turístico respecto ao PIB autonómico ou a caída na afiliación de traballadores do sector turístico), territoriais (como a porcentaxe da superficie de cada Comunidade Autónoma respecto á superficie nacional ou a densidade de poboación) e turísticos (tendo en conta o número de turistas e o gasto turístico do ano 2019).

 

Dividindo por provincias, na da Coruña realizaranse dúas intervencións. A primeira, en Betanzos, ten por obxectivo a recuperación e dinamización do casco histórico da zona coa recuperación de espazos verdes, o deseño de rutas guiadas interpretativas e vías de cicloturismo, ou a posta en marcha dun plan de mobilidade sostible. Coa segunda, en Ferrolterra, rehabilitaranse as Baterías da comarca para a súa dinamización como destino turístico sostible, poñendo en valor o patrimonio cultural, costeiro e militar.

 

Para Lugo aprobouse o plan do Consorcio de Turismo Ribeira Sacra, un proxecto incluído no Plan Nacional de Turismo Azul/Sol. Esta iniciativa procura mellorar a mobilidade do territorio a través da posta en marcha de servizos de lanzadeira nas zonas de embarque ara a realización de rutas fluviais, a conversión de rutas de sendeirismo en rutas de mobilidade sostible non motorizadas, ou a posta en marcha dun laboratorio de experiencias para a creación dunha nova oferta turística.

 

En Ourense realizaranse dúas actuacións. Por unha banda, para Allariz, aprobouse o plan que ten por principal obxectivo desenvolver novos produtos para mellorar a sustentabilidade e a competitividade. Este conta con medidas como a recuperación do manancial de Santán, a intervención do Museo do Xoguete, e a mellora da conectividade da contorna do Castelo de Allariz. Por outra banda, para Ourense, crearase unha senda ciclable paralela ao caudal do río Xallas co obxectivo de vertebrar este territorio cunha alternativa de mobilidade sostible.

 

Para rematar, en Pontevedra levaranse a cabo tres plans de sustentabilidade. O primeiro será coa Asociación Mar de Santiago, con actuacións como a renaturalización da lagoa de Porto Piñeiro, o acondicionamento da praia fluvial ou a construción dun centro de talasoterapia en Vilanova de Arousa. O segundo será o plan de revitalización do casco histórico de Bouzas, en Vigo. Este proxecto creará novos activos ampliando e dixitalizando os centros turísticos co obxectivo de ampliar a oferta turística e apostar pola sustentabilidade. O terceiro é o plan de Tui, que busca a recuperación das murallas e o embelecemento da zona da cidade de intramuros.

 

Ademais dos PSTD, tamén foi aprobada unha Actuación de Cohesión entre Destinos (ACD): Galicia, Destino termal de referencia. O obxectivo desta actuación é impulsar un turismo termal sostible en Galicia, convertendo á Comunidade no destino líder a nivel mundial no que a turismo termal se refire, destacando a nosa riqueza mineiro-medicinal e ofrecendo aos viaxeiros unha experiencia única.

 

10 de Maio de 2023

Galicia recibe 23,2 M€ do Plan de Sustentabilidade Turística en Destinos 2023

A Conferencia Sectorial de Turismo aprobou este 9 de maio as 175 intervencións beneficiarias. Os proxectos aprobados para a comunidade galega inclúen 8 PSTD e 1 […]
08 de Maio de 2023

Galicia aumenta nun 22,5 % a ocupación nos aloxamentos turísticos durante o primeiro trimestre deste ano

Rexistráronse 717.562 viaxeiros e 1,3 M noites, cunha estadía media de 1,8 noites nos establecementos. A ocupación nos albergues superou o 140 % con respecto ao […]
08 de Maio de 2023

A Xunta de Galicia organiza unha xornada formativa para profesionais do sector turístico sobre o Parque Nacional das Illas Atlánticas

Terá lugar os días 23 e 24 de maio na illa de Sálvora. Está dirixida a persoal técnico, informadores, guías turísticos en activo ou persoal de […]
08 de Maio de 2023

113 banderas azules para los arenales gallegos

Galicia es la tercera comunidad con más galardones, sólo superada por Valencia (135) y por Andalucía (127). De las 117 playas gallegas que optaban a esta […]
Página anterior
123456789101112131415161718192021222324252627282930313233343536373839404142434445464748495051525354555657585960616263646566676869707172737475767778798081828384858687888990919293949596979899100101102103104105106107108109110111112113114115116117118119120121122123124125126127128129130131132133134135136137138139140141142143144145146147148149150151152153154155156157158159160161162163164165166167168169170171172173174175176177178179180181182183184185186187188189190191192193194195196197198199200201202203204205206207208209210211212213214215216217218219220221222223224225226227228229230231232233234235236237238239240241242243244245246247248249250251252253254255256257258259260261262263264265266267268269270271272273274275276277278279280281282283284285286287288289290291292293294295296297298299300301302303304305306307308309310311312313314315316317318319320321322323324325326327328329330331332333334335336337338339340341342343344345346347348349350351352353354355356357358359360361362363364365366367368369370371372373374375376377378379380381382383384385386387388389390391392393394395396397398399400401402403404405406407408409410411412413414415416417418419420421422423424425426427428429430431432433434435436437438439440441442443444445446447448449450451452453454455456457458459460461462463464465466467468469470471472473474475476477478479480481482483484485486487488489490491492493494495496497498499500501502503504505506507508509510511512513514515516517518519520521522523524525526527528529530531532533534535536537538539540541542543544545546547548549550551552553554555556557558559560561562563564565566567568569
Página siguiente