• Segundo os datos de Turespaña, os traballadores ocupados do sector chegaron aos 128.371.

 

Os traballadores ocupados do sector turístico en Galicia aumentaron durante o cuarto trimestre do 2023 nun 16,1%, chegando aos 128.371, segundo os datos facilitados por Turespaña. Este período, a nivel estatal de emprego turístico, España chegou aos 2,67 millóns de ocupados, presentando un incremento do 1,3% respecto ao mesmo período no 2022.

 

Entre os meses de outubro e decembro de 2023, as actividades vinculadas ao turismo rexistraron 59.311 empregados máis que no mesmo trimestre do ano anterior. As persoas ocupadas no sector turístico constitúen o 12,6% do emprego total da economía española.

 

Os traballadores activos en turismo no cuarto trimestre do ano superaron os tres millóns, chegando aos 3.018.820, un 2,1% máis que o mesmo período no 2022.

 

Con respecto á taxa de paro, esta situouse no 11,3%, un 0,2% menos que o mesmo trimestre no período anterior. A porcentaxe de parados sobre activos nas mulleres (12,2%) foi maior que nos homes (10,6%), mais a fenda entre ambos reduciuse en relación ao mesmo período no ano anterior, no que o paro en mulleres foi do 12,8%.

 

Neste cuarto trimestre, os ocupados en hostalaría aumentaron un 5%, destacando principalmente a evolución positiva dos servizos de comidas e bebidas (cun 7,2% máis). En transporte de viaxeiros, a variación interanual tamén foi positiva, cun 1,6% máis.

 

A nivel xeral, neste último período do ano, o número de ocupados creceu en todas as comunidades autónomas, excepto en Andalucía, Comunidade Valenciana, País Vasco, Castela e León, A Rioxa, Asturias e Navarra.

14 de Febreiro de 2024

Os traballadores ocupados do sector turístico galego aumentan un 16,1% no cuarto trimestre do 2023

Segundo os datos de Turespaña, os traballadores ocupados do sector chegaron aos 128.371.   Os traballadores ocupados do sector turístico en Galicia aumentaron durante o cuarto […]
09 de Febreiro de 2024

Prego de condicións que rexen a contratación do servizo para o “ORGANIZACIÓN DE DOUS WORKSHOPS CON ACTIVIDADES DE PROMOCIÓN EN SEVILLA E LISBOA” coa colaboración da Xunta de Galicia-Axencia de Turismo de Galicia

Prazo aberto para a presentación de propostas ate o 26 de febreiro de 2024 Descarga os pregos
06 de Febreiro de 2024

O Clúster mantén a súa aposta pola internacionalización do destino reuníndose con persoal directivo das OETs dos mercados prioritarios

Durante a celebración da feira internacional de turismo, Fitur 2024, o Clúster reuniuse coas persoas responsables de diversas Oficinas Españolas de Turismo.   As presentacións son […]
06 de Febreiro de 2024

A Coruña acolle o 36º Congreso Nacional de OPC España do 22 ao 24 de febreiro

A sostibilidade dos eventos, a adaptación do sector MICE e a necesidade de integrar novas tecnoloxías centrarán esta edición. As inscricións están abertas ata o 16 […]
Página anterior
123456789101112131415161718192021222324252627282930313233343536373839404142434445464748495051525354555657585960616263646566676869707172737475767778798081828384858687888990919293949596979899100101102103104105106107108109110111112113114115116117118119120121122123124125126127128129130131132133134135136137138139140141142143144145146147148149150151152153154155156157158159160161162163164165166167168169170171172173174175176177178179180181182183184185186187188189190191192193194195196197198199200201202203204205206207208209210211212213214215216217218219220221222223224225226227228229230231232233234235236237238239240241242243244245246247248249250251252253254255256257258259260261262263264265266267268269270271272273274275276277278279280281282283284285286287288289290291292293294295296297298299300301302303304305306307308309310311312313314315316317318319320321322323324325326327328329330331332333334335336337338339340341342343344345346347348349350351352353354355356357358359360361362363364365366367368369370371372373374375376377378379380381382383384385386387388389390391392393394395396397398399400401402403404405406407408409410411412413414415416417418419420421422423424425426427428429430431432433434435436437438439440441442443444445446447448449450451452453454455456457458459460461462463464465466467468469470471472473474475476477478479480481482483484485486487488489490491492493494495496497498499500501502503504505506507508509510511512513514515516517518519520521522523524525526527528529530531532533534535536537538539540541542543544545546547548549550551552553554555556557558559560561562563564565566567568569570571572573574575576577578579580581582583584585586587588589590591592593594595596597598599600601602603604605606
Página siguiente