• O encontro reuniu a destinos, empresas e entidades especializados no segmento familiar.

 

O Clúster Turismo de Galicia participou a pasada semana no I Congreso de Turismo Familiar da Comunitat Valenciana, organizado polo club de produto Tour&Kids. O encontro reuniu a destinos, empresas e entidades do sector para analizar as tendencias, retos e oportunidades dun segmento que continúa crecendo e gañando relevancia no panorama turístico nacional.

 

Durante a xornada, Manuel Veloso, da secretaría técnica do Clúster, presentou a evolución e consolidación da marca Galicia Destino Familiar (GDF), o selo de calidade impulsado polo Clúster co apoio da Xunta-Axencia Turismo de Galicia que agrupa a empresas e establecementos comprometidos cunha oferta adaptada a este segmento familiar.

 

Veloso subliñou o traballo realizado nos últimos anos para fortalecer o turismo familiar en Galicia, destacando a importancia de avanzar cara a un modelo máis desestacionalizado, responsable e centrado na calidade da experiencia. Na súa intervención, o representante do Clúster presentou ademais a nova campaña ‘Galicia, tan de todos’, deseñada para reforzar o vínculo emocional coas familias a través dunha Galicia máis auténtica, próxima e acolledora no outono.

 

  • Radiografía do turismo familiar

 

O Congreso permitiu, así mesmo, revisar a situación actual do turismo familiar en España. Os datos presentados por Tour&Kids confirman o papel estratéxico deste segmento, impulsado en 2025 polo crecemento do mercado interno, o auxe das escapadas máis aló do verán, o interese por destinos non masificados e o incremento de novas fórmulas de viaxe como as escapadas de avós e netos ou tíos e sobriños. Tamén se destacou a crecente demanda de experiencias que combinan lecer e aprendizaxe.

01 de Decembro de 2025

Galicia Destino Familiar, modelo turístico de referencia no I Congreso de Turismo Familiar da Comunitat Valenciana

O encontro reuniu a destinos, empresas e entidades especializados no segmento familiar.   O Clúster Turismo de Galicia participou a pasada semana no I Congreso de […]
01 de Decembro de 2025

25 profesionais participan no programa formativo “Turismo Intelixente: ferramentas IA para a transformación do sector”

A semana pasada comezou en Pontevedra o programa formativo “Turismo Intelixente: ferramentas IA para a transformación do sector”, unha iniciativa do Clúster Turismo de Galicia, a […]
01 de Decembro de 2025

O club de produto “Galicia Destino Sostible” suma catro empresas e oito novas experiencias sostibles

O comité de avaliación aprobou a incorporación de catro empresas o pasado venres 28 de novembro. Engadíronse oito novas experiencias sostibles á oferta da marca turística, […]
01 de Decembro de 2025

Galicia gaña dúas novas estrelas Michelín

O resto dos restaurantes estrelados conservan as súas distincións, entre eles tres con dúas estrelas: Culler de Pau, Pepe Vieira e Retiro da Costiña.   A […]
123456789101112131415161718192021222324252627282930313233343536373839404142434445464748495051525354555657585960616263646566676869707172737475767778798081828384858687888990919293949596979899100101102103104105106107108109110111112113114115116117118119120121122123124125126127128129130131132133134135136137138139140141142143144145146147148149150151152153154155156157158159160161162163164165166167168169170171172173174175176177178179180181182183184185186187188189190191192193194195196197198199200201202203204205206207208209210211212213214215216217218219220221222223224225226227228229230231232233234235236237238239240241242243244245246247248249250251252253254255256257258259260261262263264265266267268269270271272273274275276277278279280281282283284285286287288289290291292293294295296297298299300301302303304305306307308309310311312313314315316317318319320321322323324325326327328329330331332333334335336337338339340341342343344345346347348349350351352353354355356357358359360361362363364365366367368369370371372373374375376377378379380381382383384385386387388389390391392393394395396397398399400401402403404405406407408409410411412413414415416417418419420421422423424425426427428429430431432433434435436437438439440441442443444445446447448449450451452453454455456457458459460461462463464465466467468469470471472473474475476477478479480481482483484485486487488489490491492493494495496497498499500501502503504505506507508509510511512513514515516517518519520521522523524525526527528529530531532533534535536537538539540541542543544545546547548549550551552553554555556557558559560561562563564565566567568569570571572573574575576577578579580581582583584585586587588589590591592593594595596597598599600601602603604605606607608609610611612613
Página siguiente