[:gl]Novas[:es]Noticias[:en]News[:]

  • A Deputación de Pontevedra presentou a nova estratexia de turismo, un documento integrado por cinco eixos e un orzamento de 44,5 M€.

A Deputación de Pontevedra e Turismo Rías Baixas presentaron o pasado luns, 29 de xullo, a nova ‘Estratexia Rías Baixas Turismo 61’ nos xardíns do Palacete das Mendoza, en Vigo. Esta estratexia, cun investimento de preto de 45 millóns de euros, busca potenciar o turismo nos 61 municipios da provincia, promovendo a calidade de vida local e a integración dos visitantes.

 

Esta estratexia preséntase nun momento de crecemento do turismo na rexión, cun incremento significativo de visitantes e gasto turístico desde 2019. O plan estrutúrase en cinco eixos principais que inclúen 42 liñas de acción e máis de 225 actuacións concretas co obxectivo de executarse ata 2030:

 

  • O primeiro eixo, “Rías Baixas Singular”, está enfocado en ofrecer experiencias auténticas aos turistas, como visitas a adegas e rutas turísticas específicas.
  • O segundo eixo, “Somos Rías Baixas”, destaca os elementos identitarios do territorio, como o Camiño de Santiago, os castelos e as camelias.
  • O terceiro eixo, “Rías Baixas Sostible”, céntrase na sostibilidade turística, promovendo empregos de calidade e o coidado dos recursos naturais.
  • O cuarto eixo, “Rías Baixas Única”, ten como obxectivo promocionar márcaa Rías Baixas e fomentar un sentido de pertenza entre os habitantes.
  • O último eixo aborda a innovación, promovendo a formación en competencias dixitais e a implantación da intelixencia artificial.

 

O evento de presentación contou coa participación de importantes figuras públicas e representantes de municipios e empresas de toda a provincia, como o presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López Diéguez; a deputada de Turismo, Nava Castro, ou o director de Axéncia Turismo de Galicia, Xosé Manuel Merelles. Representando ao Clúster Turismo de Galicia asistiron o presidente da entidade, Cesáreo Pardal, e a vogal do CTG e xerente de la Ruta do Viño Rías Baixas, Lorena Varela.

 

Luis López, presidente do ente provincial, destacou que a ‘Estratexia Rías Baixas Turismo 61’ é un paso adiante para construír un destino turístico desestacionalizado e sostible, aliñado coas políticas provinciais actuais e futuras. Ademais, esta folla de ruta tamén busca fomentar a colaboración entre o sector público e privado para desenvolver un turismo sostible e competitivo.

 

06 de Agosto de 2024

‘Estratexia Rías Baixas Turismo 61’, a nova folla de ruta do turismo pontevedrés

A Deputación de Pontevedra presentou a nova estratexia de turismo, un documento integrado por cinco eixos e un orzamento de 44,5 M€. A Deputación de Pontevedra […]
06 de Agosto de 2024

Clustertur_GNP, o novo Clúster transfronteirizo da Eurorrexión Galicia e Norte de Portugal

Galicia e o Norte de Portugal unen forzas cunha novo Clúster de Turismo. O xoves, 1 de agosto, levouse a cabo a presentación do proxecto europeo […]
29 de Xullo de 2024

Aberta a convocatoria de axudas para o impulso da economía circular para o ano 2024

A convocatoria está aberta ata o 16 de agosto e está destinada a financiar proxectos que contribúan significativamente á sustentabilidade e circularidade dos procesos industriais e […]
29 de Xullo de 2024

A revolución da IA no sector turístico

Un terzo das empresas do sector xa utiliza esta ferramenta para xestionar as súas reservas. A mellora da experiencia do cliente, unha das principais razóns para […]
Página anterior
123456789101112131415161718192021222324252627282930313233343536373839404142434445464748495051525354555657585960616263646566676869707172737475767778798081828384858687888990919293949596979899100101102103104105106107108109110111112113114115116117118119120121122123124125126127128129130131132133134135136137138139140141142143144145146147148149150151152153154155156157158159160161162163164165166167168169170171172173174175176177178179180181182183184185186187188189190191192193194195196197198199200201202203204205206207208209210211212213214215216217218219220221222223224225226227228229230231232233234235236237238239240241242243244245246247248249250251252253254255256257258259260261262263264265266267268269270271272273274275276277278279280281282283284285286287288289290291292293294295296297298299300301302303304305306307308309310311312313314315316317318319320321322323324325326327328329330331332333334335336337338339340341342343344345346347348349350351352353354355356357358359360361362363364365366367368369370371372373374375376377378379380381382383384385386387388389390391392393394395396397398399400401402403404405406407408409410411412413414415416417418419420421422423424425426427428429430431432433434435436437438439440441442443444445446447448449450451452453454455456457458459460461462463464465466467468469470471472473474475476477478479480481482483484485486487488489490491492493494495496497498499500501502503504505506507508509510511512513514515516517518519520521522523524525526527528529530531532533534535536537538539540541542543544545546547548549550551552553554555556557558559560561562563564565566567568569570571572573574575576577578579580581582583584585586587588589590591592593594595596597598599600601602603604605606607608609610611612613614615616617618619
Página siguiente