[:gl]Novas[:es]Noticias[:en]News[:]

O descubrimento de novos destinos, a calidade dos aloxamentos e o prezo completan a lista de prioridades segundo a última enquisa de ObservaTUR.

 

O estudo amosa diferenzas en función da idade e o sexo dos viaxeiros.

 

Cales son os factores que máis interveñen no turista á hora de planificar unha viaxe? A esta pregunta trata de dar resposta a enquisa realizada polo Observatorio Nacional do Turismo Emisor, ObservaTUR. E os resultados mostran que a gran maioría (7 de cada dez) citan a relaxación e a desconexión do traballo e a rutina, sendo este o principal factor para o 30 % deles. Séguenlle en importancia a procura de novos destinos (para un 20 %), a calidade dos aloxamentos (para o 13 %) e, xa en cuarta posición, o prezo da viaxe, que se sitúa tamén por diante de cuestións como a non masificación ou a proximidade.

 

O estudo elaborado por este observatorio integrado por Amadeus, AON, Beroni, Carrefour Viaxes, IAG7/Airmet, Iberia, ILUNION Hotels, MundiPlan, ReiniziaT e a Unión Nacional de Axencias de Viaxe (UNAV), amosa tamén que aínda que o aspecto da desconexión e o descanso encabeza as preferencias dos consultados sen distinción nin de idades nin de sexo, si hai diferenzas significativas en canto á importancia que lle conceden e tamén en como se sitúan no ranking as outros criterios máis citados.

 

Así, o relax é primordial para o 33 % dos homes, mentres que no caso das mulleres esa porcentaxe baixa 6 puntos. Si hai maior consenso en canto á importancia que dan á novidade do destino (o 18 % para eles e o 17 % para elas), pero as mulleres elevan a cuestión do prezo ao terceiro chanzo das súas preferencias (16 %) por diante da calidade do aloxamento (14 %), mentres que os homes valoran máis este último aspecto (13 %) que o apartado económico (10 %).

 

Por idades, o prezo é o terceiro factor máis citado polos mozos de entre 18 e 24 anos (18 %), pero a súa importancia redúcese a medida que aumenta a idade do viaxeiro: un 15 % para os de 35 a 49 anos, un 8 % para os de 50 a 64, e un 7 %, para os de 65 a 74 anos. Por contra, a calidade do aloxamento traza a curva inversa: é a preferencia principal para o 10 % dos mozos de 18 a 34 anos, crece ao 13 % para os dous seguintes segmentos de idade (35 a 49 e 50 a 64 anos) e dispárase ata o 24 % para os maiores de 65 anos.

 

11 de Decembro de 2022

A desconexión e o relax, o factor máis valorado á hora de planificar unha viaxe

O descubrimento de novos destinos, a calidade dos aloxamentos e o prezo completan a lista de prioridades segundo a última enquisa de ObservaTUR.   O estudo […]
10 de Decembro de 2022

Os socios do Clúster están chamados a elixir o día 20 o novo consello executivo da entidade

A Asemblea Xeral Extraordinaria celebrarase nesta ocasión no Auditorio Municipal de Vilagarcía de Arousa.   O prazo para presentar as candidaturas estará aberto ata 5 días […]
09 de Decembro de 2022

Visto e prace da Xunta ao Plan de Enogastronomía de Galicia

O proxecto, que inclúe 3 actuacións de cohesión e 11 plans de sustentabilidade turística en destino, será levado á Conferencia Sectorial de Turismo.   Supoñería un […]
08 de Decembro de 2022

As Illas Atlánticas reafirman a súa aposta pola sustentabilidade

O parque nacional galego acaba de renovar a Carta Europea de Turismo Sostible en Áreas Protexidas.   Ademais, incorporouse á Asociación de Ecoturismo de España.   […]
Página anterior
123456789101112131415161718192021222324252627282930313233343536373839404142434445464748495051525354555657585960616263646566676869707172737475767778798081828384858687888990919293949596979899100101102103104105106107108109110111112113114115116117118119120121122123124125126127128129130131132133134135136137138139140141142143144145146147148149150151152153154155156157158159160161162163164165166167168169170171172173174175176177178179180181182183184185186187188189190191192193194195196197198199200201202203204205206207208209210211212213214215216217218219220221222223224225226227228229230231232233234235236237238239240241242243244245246247248249250251252253254255256257258259260261262263264265266267268269270271272273274275276277278279280281282283284285286287288289290291292293294295296297298299300301302303304305306307308309310311312313314315316317318319320321322323324325326327328329330331332333334335336337338339340341342343344345346347348349350351352353354355356357358359360361362363364365366367368369370371372373374375376377378379380381382383384385386387388389390391392393394395396397398399400401402403404405406407408409410411412413414415416417418419420421422423424425426427428429430431432433434435436437438439440441442443444445446447448449450451452453454455456457458459460461462463464465466467468469470471472473474475476477478479480481482483484485486487488489490491492493494495496497498499500501502503504505506507508509510511512513514515516517518519520521522523524525526527528529530531532533534535536537538539540541542543544545546547548549550551552553554555556557558559560561562563564565566567568569570571572573574575576577578579580581582583584585586587588589590591592593594595596597598599600601602603604605606607608609610611612613614615616617618619620621622623
Página siguiente