[:gl]Novas[:es]Noticias[:en]News[:]

O presidente do Clúster, Cesáreo Pardal, realizará unha presentación do Club de Produto durante a sesión prevista para o 26 de xaneiro.

 

Co “Turismo Sostible” como fío condutor a Deputación de Pontevedra e o centro tecnolóxico EnergyLab programaron para o o próximo 26 de xaneiro unha xornada sobre Greentour, o proxecto europeo posto en marcha co obxectivo de lograr novos produtos de turismo sostible e economía circular que permitan salvagardar o patrimonio. A sesión servirá para presentar os resultados máis notables e as experiencias adquiridas a través dos socios do proxecto dentro do territorio SUDOE (suroeste europeo) e que se aplica de forma piloto en Lloret de Mar, Andorra, Massif du Sancy (Francia), o Camiño Lebaniego, Guimarães (Portugal) e as Rías Baixas.

 

Así, entre os relatores que intervirán figuran Sandra Jiménez Almendros, coordinadora de Calidade de Lloret Turismo; Inés Calvo Pensado, técnica de Turismo da Deputación de Pontevedra; Carlos Fernández Martínez, xestor de proxectos europeos da Fundación Camiño Lebaniego, e Lígia Azevedo, técnica Superior de Turismo do Concello de Guimarães, que falarán dos seus respectivos destinos.

 

Pero antes dese apartado de resultados e experiencias haberá tempo para coñecer o contido do Club de Produto Galicia Destino Sostible creado polo Clúster Turismo de Galicia coa colaboración da Xunta para integrar e poñer en valor a oferta turística galega que contribúa a un crecemento sostible deste destino. O presidente do Clúster, Cesáreo Pardal, explicará a xénese e os pormenores desta proposta que en apenas seis meses de vida logrou a adhesión de 70 empresas e que xa ofrece a través da súa páxina web un centenar e medio de produtos turísticos deseñados atendendo a criterios de sustentabilidade.

 

A xornada celebrarase o xoves 26 a partir das 9.30 horas no Pazo Provincial da Deputación de Pontevedra e poderá ser seguida tamén en formato en liña. A presidenta provincial, Carmela Silva, e o director xeral de EnergyLab, Fernando Val López, serán os encargados de realizar a inauguración oficial. A continuación (9.50), María Gallego Fernández, investigadora de ecosistemas urbanos e industriais de EnergyLab, explicará as claves do proxecto Greentour, e acto seguido (10.05) será a quenda de Cesáreo Pardal e a súa exposición “Galicia Destino Sostible: un turismo comprometido”.

 

As intervencións dos representantes dos catro destinos seleccionados para explicar as súas experiencias produciranse de 11 a 12 horas e darán paso a unha quenda de rogos e preguntas.

 

A inscrición na xornada xa está aberta a través de https://form.typeform.com/to/K0R0y6Yw

17 de Xaneiro de 2023

Protagonismo para Galicia Destino Sostible na xornada do proxecto europeo Greentour

O presidente do Clúster, Cesáreo Pardal, realizará unha presentación do Club de Produto durante a sesión prevista para o 26 de xaneiro.   Co “Turismo Sostible” […]
15 de Xaneiro de 2023

Aloxamentos e restaurantes poderán optar este ano a 3,5 millóns en axudas para melloras nos seus establecementos

A Axencia Turismo de Galicia acaba de abrir unha convocatoria que supón un incremento de fondos do 75 % con respecto ao 2022.   O prazo […]
14 de Xaneiro de 2023

O Clúster Turismo de Galicia celebrará en FITUR os seus 10 anos de vida reafirmando a súa aposta pola sustentabilidade

O aniversario da entidade e o Club de Produto Galicia Destino Sostible serán os eixos das dúas presentacións que realizará na feira internacional turística que se […]
10 de Xaneiro de 2023

O Concello da Coruña e a UDC crearán un observatorio turístico

Un equipo da universidade herculina organizará e analizará os datos de interese turístico co obxectivo de optimizar os recursos.   O Concello da Coruña, a través […]
Página anterior
123456789101112131415161718192021222324252627282930313233343536373839404142434445464748495051525354555657585960616263646566676869707172737475767778798081828384858687888990919293949596979899100101102103104105106107108109110111112113114115116117118119120121122123124125126127128129130131132133134135136137138139140141142143144145146147148149150151152153154155156157158159160161162163164165166167168169170171172173174175176177178179180181182183184185186187188189190191192193194195196197198199200201202203204205206207208209210211212213214215216217218219220221222223224225226227228229230231232233234235236237238239240241242243244245246247248249250251252253254255256257258259260261262263264265266267268269270271272273274275276277278279280281282283284285286287288289290291292293294295296297298299300301302303304305306307308309310311312313314315316317318319320321322323324325326327328329330331332333334335336337338339340341342343344345346347348349350351352353354355356357358359360361362363364365366367368369370371372373374375376377378379380381382383384385386387388389390391392393394395396397398399400401402403404405406407408409410411412413414415416417418419420421422423424425426427428429430431432433434435436437438439440441442443444445446447448449450451452453454455456457458459460461462463464465466467468469470471472473474475476477478479480481482483484485486487488489490491492493494495496497498499500501502503504505506507508509510511512513514515516517518519520521522523524525526527528529530531532533534535536537538539540541542543544545546547548549550551552553554555556557558559560561562563564565566567568569570571572573574575576577578579580581582583584585586587588589590591592593594595596597598599600601602603604605606607608609610611612613614615616617618619
Página siguiente