• A web e webapp de Presume de Galicia nacen coa intención de mostrar a comunidade a partir das achegas de centenares de experiencias en primeira persoa de galegos e visitantes

  • Todas as colaboracións á comunidade de Presume de Galicia poderán conseguir premios e, mesmo, converterse en “superpresumidores” e obter experiencias

Baixo a premisa de que entre todos podamos dar a coñecer e potenciar a enorme riqueza turística que atesoura a nosa comunidade, o Clúster Turismo de Galicia lanza unha orixinal e divertida campaña coa que quere implicar tanto a galegos como a visitantes para convertelos en “superpresumidores” de Galicia. A través de fotografías achegadas por todos os participantes, e que se irán subindo na web e webapp da comunidade Presume de Galicia, as plataformas irá nutríndose das experiencias, recunchos e espazos que nos mostran os propios usuarios desta comunidade, a través de imaxes. Unha iniciativa coa que o Clúster de Turismo quere ofrecer “unha maneira de buscar información turística máis enfocada a mostrar Galicia desde as emocións e non só a través dun mapa”.
A base desta iniciativa é un banco de fotografías obtido a partir da comunidade de facebook Presume de Galicia no que centos de persoas ensínannos localizacións especiais que persoalmente recomendan e que recolle a opinión de máis de trinta mil “presumidores” entre os que hai galegos residentes ou vivindo no estranxeiro, e visitantes habituais. Con esta webapp Presume de Galicia o Clúster busca crear un punto de encontro para namorados desta terra, no que tamén se poden atopar referencias á gastronomía ou a actividades culturais que se desenvolven no catro provincias.
Superpresumidores con premio
Ademais de subir fotografías, calquera usuario poderá empregar a web para seleccionar rutas buscando, por exemplo, as mellores postas de sol ou visitas a espazos naturais especiais. Pola súa banda, aqueles que contribúan coas súas achegas fotográficos, poderán converterse tamén en “presumidores” subindo as súas imaxes á web ou webapp, onde á súa vez, a través de votos en forma de aplausos virtuais, poderán gañar ducias de premios para descubrir a comunidade autónoma de forma diferente a través de experiencias que inclúen aloxamentos en hoteis, degustacións gastronómicas ou trens turísticos.
A aposta do Clúster por esta campaña de promoción de Galicia desde unha óptica diferente nace da constatación dos cambios nos hábitos dos viaxeiros, especialmente á hora de buscar información sobre un destino. A esixencia é cada vez máis alta e as contornas 2.0. onde o criterio dos viaxeiros conta máis que calquera outra fonte crecen a unha gran velocidade. Galicia conta agora cunha plataforma propia destas características que ademais dá un paso máis aló e ofrece ao mundo unha visión baseada en miles de puntos de vista: www.presumedegalicia.com.

portada-presume 2

Descubre máis desta campaña

04 de Agosto de 2016

Clúster Turismo de Galicia lanza unha campaña para presumir de Galicia

A web e webapp de Presume de Galicia nacen coa intención de mostrar a comunidade a partir das achegas de centenares de experiencias en primeira persoa […]
03 de Agosto de 2016

Turismo de Galicia e o Clúster Español de Turismo Termal porán en marcha un programa de desenvolvemento do turismo de saúde en Galicia

Ambas as entidades asinaron un acordo de colaboración polo que o departamento da Xunta achegará 50.000 euros para a elaboración desta folla de ruta Co obxectivo […]
02 de Agosto de 2016

Prego de condicións que rexerán a contratación dun servizo de “Asistencia técnica para o deseño, coordinación académica e a execución dun plan de formación para a mellora das capacidades e cualificación de perfís directivos do sector turístico de Galicia” coa colaboración da Xunta de Galicia- Axencia Turismo de Galicia.

O prazo para presentar candidaturas remata o 12 de agosto Descarga o documento
02 de Agosto de 2016

Os apartamentos turísticos e o turismo rural melloran resultados en xuño

Segundo recolle a Enquisa de Ocupación Turística Extrahotelera do INE, que recolle os resultados de ocupación dos aloxamentos de turismo rural, albergues, cámpings e apartamentos turísticos, […]
Página anterior
123456789101112131415161718192021222324252627282930313233343536373839404142434445464748495051525354555657585960616263646566676869707172737475767778798081828384858687888990919293949596979899100101102103104105106107108109110111112113114115116117118119120121122123124125126127128129130131132133134135136137138139140141142143144145146147148149150151152153154155156157158159160161162163164165166167168169170171172173174175176177178179180181182183184185186187188189190191192193194195196197198199200201202203204205206207208209210211212213214215216217218219220221222223224225226227228229230231232233234235236237238239240241242243244245246247248249250251252253254255256257258259260261262263264265266267268269270271272273274275276277278279280281282283284285286287288289290291292293294295296297298299300301302303304305306307308309310311312313314315316317318319320321322323324325326327328329330331332333334335336337338339340341342343344345346347348349350351352353354355356357358359360361362363364365366367368369370371372373374375376377378379380381382383384385386387388389390391392393394395396397398399400401402403404405406407408409410411412413414415416417418419420421422423424425426427428429430431432433434435436437438439440441442443444445446447448449450451452453454455456457458459460461462463464465466467468469470471472473474475476477478479480481482483484485486487488489490491492493494495496497498499500501502503504505506507508509510511512513514515516517518519520521522523524525526527528529530531532533534535536537538539540541542543544545546547548549550551552553554555556557558559560561562563564565566567568569570571572573574575576577578579580581582583584585586587588589590591592593594595596597598599600601602603604605606607608609610611612613614615616617618
Página siguiente