A guía de directrices e recomendacións elaborada polo ICTE en colaboración con CEFAPIT (Confederación Española de Federacións e Asociacións de Guías de Turismo) recolle os novos requisitos e recomendacións que estes profesionais deberán contemplar na prestación de servizos entre os que destaca medidas preventivas para o deseño das súas actividades como a de establecer percorridos de sentido único para evitar cruzarse con outros gupos, evitar zonas de aglomeracións ou espazos reducidos con aforamentos limitados.

A guía establece ademais, que o guía deberá limitar o número máximo de persoas ás que ofrecer o servizo de maneira segura; realizar paradas explicativas en lugares abertos ou establecer un único punto de subida ou recollida de usarios, para concentrar explicacións en canto a condutas e medidas hixiénico-sanitarias a tomar.

Ademais, o documento establece que o guía de turismo deberá solicitar aos provedores cos que queira contratar un servizo, como aloxamentos, restaurantes, autocares, museos, monumentos ou centros de visitantes, os protocolos que se apliquen en cada un deles para cumprir coas medidas hixiénico sanitarias e evitar o contaxio por Covid-19. Se isto non fose posible, solicitarase, polo menos, a aqueles cos que máis se traballa.

Desta forma os guías terán o reto de que a colaboración cos seus provedores garanta o cumprimento das medidas de seguridade. Neste sentido, encargaranse tamén de xestionar a entrada aos museos, monumentos e hoteis de forma graduada, para poder cumprir as medidas que se apliquen en cada un destes espazos.

Por outra banda, se a visita inclúe servizo de transporte en autobús ou similar, este realizarase de acordo á normativa vixente en cada momento: espazo entre clientes, distancia de seguridade co condutor, etc. Tamén se recomenda que os guías prioricen a contratación de provedores de servizos que puxesen en marcha protocolos de prevención fronte ao Covid-19.

Pautas ao comezo de cada visita
Os turistas que contraten unha visita recibirán, ademais do orzamento, un documento aclaratorio das medidas de prevención que se tomarán en materia de hixiene e seguridade durante o desenvolvemento do servizo, preferentemente no idioma materno do cliente, ou, na súa falta, en inglés. Estas medidas de seguridade comunicaranse tamén ao comezo de cada visita, onde se lembrará aos turistas a importancia de respectar as distancias de seguridade, non tocar superficies ou o uso de máscara.

No que ten que ver cos materiais que se proporcionan nas visitas, como as radioguías, estas deben estar debidamente desinfectadas ou ser dun só uso. Tamén se poden considerar alternativas, como aplicacións que funcionen co móbil do turista. Durante as visitas tampouco se darán mapas e folletos, polo menos como norma xeral, xa que, se isto non é posible, deben estar plastificados e ser de fácil limpeza e desinfección.

Ademais, á hora de pagar evitarase o uso de diñeiro en efectivo e priorizarase o do cartón ou outros medios electrónicos e o pago previo por páxina web.

Un plan de continxencia deseñado polos guías
Por outra banda, o protocolo encargado pola Secretaría de Estado de Turismo ao ICTE para estes profesionais inclúe a necesidade de pór en marcha un plan de continxencia que inclúa todas as medidas de seguridade que se aplicarán durante as visitas. Tamén terá que reflectir, entre outras cuestións, as medidas adicionais que se vaian a adoptar no caso de que se observe un cliente con sintomatología compatible con Covid-19 e a asignación de recursos materiais, incluída a determinación do uso de Equipos de Protección Individual (EPIS) atendendo ás necesidades derivadas da análise previa.

Consulta a guía de recomendacións elaborada polo ICTE

12 de Maio de 2020

Os guías turísticos ante o novo escenario post covid: control de aforamentos, desinfección e medidas de distanciamento social

A guía de directrices e recomendacións elaborada polo ICTE en colaboración con CEFAPIT (Confederación Española de Federacións e Asociacións de Guías de Turismo) recolle os novos […]
11 de Maio de 2020

O ICTE lanza o selo “Safe Tourism Certified” para 21 subsectores turísticos españois

A mesma entidade que agora impulsa este selo ao que as empresas se poden adherir voluntariamente, é a responsable de levar adiante, en colaboración con outras […]
08 de Maio de 2020

Brinde virtual e formación en liña nas rutas dos viños galegos

A crise sanitaria ha trastornado o calendario de accións tamén nas rutas dos viños galegos e obrígalles a adaptarse ás novas circunstancias. Este sábado, por exemplo, […]
07 de Maio de 2020
formación on line Xunta de Galicia

Sete novos seminarios de teleformación co CSHG

A oferta formativa da Consellería de Cultura e Turismo complétase con cursos de inglés Durante o mes de maio continúan os cursos de formación en liña […]
Página anterior
123456789101112131415161718192021222324252627282930313233343536373839404142434445464748495051525354555657585960616263646566676869707172737475767778798081828384858687888990919293949596979899100101102103104105106107108109110111112113114115116117118119120121122123124125126127128129130131132133134135136137138139140141142143144145146147148149150151152153154155156157158159160161162163164165166167168169170171172173174175176177178179180181182183184185186187188189190191192193194195196197198199200201202203204205206207208209210211212213214215216217218219220221222223224225226227228229230231232233234235236237238239240241242243244245246247248249250251252253254255256257258259260261262263264265266267268269270271272273274275276277278279280281282283284285286287288289290291292293294295296297298299300301302303304305306307308309310311312313314315316317318319320321322323324325326327328329330331332333334335336337338339340341342343344345346347348349350351352353354355356357358359360361362363364365366367368369370371372373374375376377378379380381382383384385386387388389390391392393394395396397398399400401402403404405406407408409410411412413414415416417418419420421422423424425426427428429430431432433434435436437438439440441442443444445446447448449450451452453454455456457458459460461462463464465466467468469470471472473474475476477478479480481482483484485486487488489490491492493494495496497498499500501502503504505506507508509510511512513514515516517518519520521522523524525526527528529530531532533534535536537538539540541542543544545546547548549550551552553554555556557558559560561562563564565566567568569
Página siguiente