Nava Castro recolleu en Madrid o galardón outorgado á campaña organizada pola Xunta co apoio do Clúster.

 

A pandemia da covid atrasou a entrega dos galardóns concedidos durante a pasada edición de Fitur, a feira internacional de turismo que se celebra cada ano en Madrid, pero finalmente púidose celebrar o acto no que foi recoñecida a campaña que baixo a denominación de Elixe Galicia puxo en marcha no 2020 a Xunta de Galicia co apoio do Clúster Turismo de Galicia para incentivar o turismo interno. O recoñecemento a  Elixe Galicia foi outorgado por Fitur e a revista Aire Libre na categoría de mellor produto de turismo activo.

 

A entrega de premios celebrouse en días pasados na capital española coa presenza da directora da  Axencia Turismo de Galicia, Nava Castro, que foi a encargada de recoller o galardón e destacar os bos resultados obtidos por Elixe Galicia. Así, este programa composto por paquetes turísticos dirixidos a mozos menores de 30 anos, familias e pensionistas de máis de 55 permitiu comercializar nas súas dúas edicións (2020 e 2021) un total de 4.300 prazas e xerar unha inxección directa no sector turístico de máis dun millón de euros.

 

O programa seguirá aberto ata o próximo mes de novembro. Rutas de patrimonio histórico e cultura; Rutas de natureza e montaña; Vacacións en zonas costeiras e Estadías en balnearios son as catro modalidades de paquetes turísticos que ofrece  Elixe Galicia. Os interesados en gozar dalgún deles deben acudir a unha axencia de viaxes para formalizar a inscrición.

 

Máis información en https://www.turismo.gal/osdam/filestore/1/9/6/8/2_dacd281ef879eca/19682_8ad4c597ed10c14.pdf

15 de Outubro de 2021

Elixe Galicia, premiado como mellor produto de turismo activo 2021 en Fitur

Nava Castro recolleu en Madrid o galardón outorgado á campaña organizada pola Xunta co apoio do Clúster.   A pandemia da covid atrasou a entrega dos […]
14 de Outubro de 2021

O Clúster promociona Galicia na feira internacional TTG de Rímini

Unha misión comercial encabezada por Cesáreo Pardal desprazouse ata Italia para participar na 58° edición deste encontro destinado a profesionais do sector turístico.   Representantes do […]
13 de Outubro de 2021

Turismo de Galicia organiza un webinar sobre as axudas para a hostalería e a restauración

Celebrarase este xoves, 14 de outubro, entre as 16,30 e as 18.30 horas.   O contido, os requisitos, os prazos e o resto da información necesaria […]
11 de Outubro de 2021

Prego de condicións que rixen a contratación do servizo para a “DEFINICIÓN E POSTA EN MARCHA DUN CLUB DE PRODUTO QUE SERVIRÁ DE BASE PARA A COMERCIALIZACIÓN DUNHA OFERTA TURÍSTICA CENTRADA NA SOSTIBILIDADE”, coa colaboración da Xunta de Galicia-Axencia de Turismo de Galicia

Prazo aberto para a presentación de propostas ate o 26 de outubro de 2021 Descarga os pregos
Página anterior
123456789101112131415161718192021222324252627282930313233343536373839404142434445464748495051525354555657585960616263646566676869707172737475767778798081828384858687888990919293949596979899100101102103104105106107108109110111112113114115116117118119120121122123124125126127128129130131132133134135136137138139140141142143144145146147148149150151152153154155156157158159160161162163164165166167168169170171172173174175176177178179180181182183184185186187188189190191192193194195196197198199200201202203204205206207208209210211212213214215216217218219220221222223224225226227228229230231232233234235236237238239240241242243244245246247248249250251252253254255256257258259260261262263264265266267268269270271272273274275276277278279280281282283284285286287288289290291292293294295296297298299300301302303304305306307308309310311312313314315316317318319320321322323324325326327328329330331332333334335336337338339340341342343344345346347348349350351352353354355356357358359360361362363364365366367368369370371372373374375376377378379380381382383384385386387388389390391392393394395396397398399400401402403404405406407408409410411412413414415416417418419420421422423424425426427428429430431432433434435436437438439440441442443444445446447448449450451452453454455456457458459460461462463464465466467468469470471472473474475476477478479480481482483484485486487488489490491492493494495496497498499500501502503504505506507508509510511512513514515516517518519520521522523524525526527528529530531532533534535536537538539540541542543544545546547548549550551552553554555556557558559560561562563564565566567568569570571572573574575576577578579580581582583584585586587588589590591592593594595596597598599600601602603604605
Página siguiente