• As xornadas tiveron lugar do 9 ao 12 de xuño en Sevilla.
  • Estiveron presentes máis de 75 axentes norteamericanos.

 

O Clúster Turismo de Galicia participou entre o 9 e o 12 de xuño nas xornadas inversas organizadas por Turespaña en Sevilla, orientadas a potenciar a comercialización turística con operadores de Estados Unidos e Canadá, dous mercados en crecemento que espertan un interese cada vez maior por Galicia.

 

Durante o evento, no que estiveron presentes máis de 75 axentes norteamericanos, o Clúster presentou os catálogos promocionais “Galicia Travel Agencies” e “Galicia, un luxo para os teus sentidos”, co obxectivo de darlle visibilidade á variedade e calidade de experiencias que ofrece o tecido empresarial turístico galego.

 

No marco da misión comercial organizada polo CTG, tamén participaron participaron The Way Tours, Eat&Walkabout e Tee Travel, tres empresas de receptivo galegas que mantiveron reunións cos operadores norteamericanos e contribuíron a dar a coñecer de primeira man a diversidade da oferta turística galega.

 

En total, tanto o Clúster coma as empresas participantes mantiveron máis de 70 reunións con operadores turísticos de EE. UU. e Canadá. O balance da participación foi moi positivo, cunha notable acollida e interese por parte dos asistentes, atraídos pola riqueza natural, cultural, enogastronómica e espiritual de Galicia, co Camiño de Santiago como un dos principais referentes do destino.

 

17 de Xuño de 2025

O Clúster Turismo de Galicia promociona a oferta galega nas xornadas inversas de Turespaña con EE. UU. e Canadá

As xornadas tiveron lugar do 9 ao 12 de xuño en Sevilla. Estiveron presentes máis de 75 axentes norteamericanos.   O Clúster Turismo de Galicia participou […]
17 de Xuño de 2025

O Clúster renova o seu servizo gratuíto de consultoría para a certificación en calidade e sostibilidade turística

As entidades interesadas en acceder a este servizo poden enviar un correo manifestando o seu interese á dirección secretariatecnica@clusterturismogalicia.com ou chamar ao 881 24 74 36. […]
17 de Xuño de 2025

Volven os bonos turísticos para viaxar por Galicia este outono

Os establecementos turísticos poderán adherirse a partir do mes de xullo, unha vez se publique a convocatoria oficial.   Galicia volverá contar este outono cunha nova […]
17 de Xuño de 2025

Galicia e o norte de Portugal alíanse para crear un clúster turístico transfronteirizo

Galicia e o norte de Portugal traballan na creación dun novo clúster turístico conxunto que busca unir forzas na promoción da Eurorrexión como un destino único, […]
Página anterior
123456789101112131415161718192021222324252627282930313233343536373839404142434445464748495051525354555657585960616263646566676869707172737475767778798081828384858687888990919293949596979899100101102103104105106107108109110111112113114115116117118119120121122123124125126127128129130131132133134135136137138139140141142143144145146147148149150151152153154155156157158159160161162163164165166167168169170171172173174175176177178179180181182183184185186187188189190191192193194195196197198199200201202203204205206207208209210211212213214215216217218219220221222223224225226227228229230231232233234235236237238239240241242243244245246247248249250251252253254255256257258259260261262263264265266267268269270271272273274275276277278279280281282283284285286287288289290291292293294295296297298299300301302303304305306307308309310311312313314315316317318319320321322323324325326327328329330331332333334335336337338339340341342343344345346347348349350351352353354355356357358359360361362363364365366367368369370371372373374375376377378379380381382383384385386387388389390391392393394395396397398399400401402403404405406407408409410411412413414415416417418419420421422423424425426427428429430431432433434435436437438439440441442443444445446447448449450451452453454455456457458459460461462463464465466467468469470471472473474475476477478479480481482483484485486487488489490491492493494495496497498499500501502503504505506507508509510511512513514515516517518519520521522523524525526527528529530531532533534535536537538539540541542543544545546547548549550551552553554555556557558559560561562563564565566567568569570571572573574575576577578579580581582583584585586587588589590591592593594595596597598599600601602603604605606
Página siguiente