O acto serviu para presentar os proxectos cos que a Xunta opta a captar 28 millóns de euros de fondos da UE.

 

Fisterra foi a localidade escollida este luns pola Xunta para celebrar o Día Mundial do Turismo e presentar o programa de actuacións co que aspira a poñer en valor o modelo turístico autonómico e captar fondos europeos por un importe total de 28 millóns de euros. O acto celebrado no emblemático faro desa localidade da Costa da Morte estivo presidido polo vicepresidente primeiro da Xunta e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Turismo, Alfonso Rueda, e contou coa participación da directora de Turismo de Galicia, Nava Castro; o alcalde fisterrán, José Marcote, e o presidente do Clúster Turismo de Galicia, Cesáreo  Pardal.

 

Rueda detallou que son seis as propostas de actuación que a Xunta presentará aos fondos europeos extraordinarios do Plan Territorial de Sustentabilidade Turística en Destinos e ao Plan Nacional Xacobeo 21-22. Con cargo ao primeiro deses plans, o Goberno autonómico pretende realizar actuacións de rehabilitación da fachada litoral (por valor de case 8 millóns de euros), de melloras da senda litoral (3,5 millóns) e de posta en marcha de infraestruturas náuticas e accións que potencien Galicia como destino náutico (3 millóns). Con respecto ao Plan Nacional Xacobeo 21-22, a Xunta aspira a destinar 3,5 millóns de euros a converter Galicia nun destino cicloturista a través das rutas xacobeas e a rede Eurovelo, revalorizar a ruta marítima fluvial do Mar de Arousa mediante un investimento de 3,2 millóns de euros, e poñer en valor o Camiño de Santiago como unha experiencia segura, innovadora e apta tamén para as familias, destinando a iso 6,5 millóns de euros.

 

O acto celebrado en Fisterra serviu tamén para destacar as boas cifras rexistradas polo sector turístico galego durante o mes de agosto, debido a que foi a única comunidade autónoma española que superou os rexistros prepandemia. Así, os datos de Galicia do pasado agosto con respecto ao mesmo mes do 2019 superan en 27 puntos a media nacional. Respecto diso, Cesáreo Pardal sinalou que eses bos datos “non son froito de calquera circunstancia, senón do traballo” e avogou por proseguir pola senda da colaboración público-privada na que o Clúster leva traballando en consenso coas distintas administracións desde fai case 10 anos. O presidente do Clúster incidiu tamén na necesidade de seguir mellorando a sustentabilidade e a formación do sector para continuar pola senda ascendente e lograr que o 2022 sexa un ano histórico en canto a actividade turística.

 

Nesa mesma liña, Alfonso Rueda sinalou que a seguridade, a calidade e a sustentabilidade son os eixos do Plan Director 2021-2023 Galicia Destino Seguro, elaborado pola Axencia Turismo de Galicia coa colaboración do Clúster Turismo de Galicia, e co que a comunidade aspira a alcanzar 5 millóns de visitantes no ano 2023.

28 de Setembro de 2021

O Clúster participou en Fisterra na celebración do Día Mundial do Turismo

O acto serviu para presentar os proxectos cos que a Xunta opta a captar 28 millóns de euros de fondos da UE.   Fisterra foi a […]
27 de Setembro de 2021

O Clúster Turismo de Galicia volverá estar presente na Feira Internacional de Turismo de Londres

O prazo para inscribirse na misión comercial que organiza a entidade estará aberto ata o 1 de outubro.   Un ano máis o Clúster Turismo de […]
25 de Setembro de 2021

Os hostaleiros xa poden acceder a axudas por importe de 6 millóns de euros para dixitalización e márketing dixital

A convocatoria da Axencia Turismo de Galicia está dirixida a aloxamentos e establecementos de restauración e o prazo de solicitudes estará aberto ata o 25 de […]
24 de Setembro de 2021

Unha vintena de empresas da comarca de Santiago reciben o certificado de calidade turística en destino Sicted

O presidente do Clúster participou na entrega de diplomas do programa de formación organizado polo GDR Terras de Compostela   O Pazo de Vista Alegre, no […]
Página anterior
123456789101112131415161718192021222324252627282930313233343536373839404142434445464748495051525354555657585960616263646566676869707172737475767778798081828384858687888990919293949596979899100101102103104105106107108109110111112113114115116117118119120121122123124125126127128129130131132133134135136137138139140141142143144145146147148149150151152153154155156157158159160161162163164165166167168169170171172173174175176177178179180181182183184185186187188189190191192193194195196197198199200201202203204205206207208209210211212213214215216217218219220221222223224225226227228229230231232233234235236237238239240241242243244245246247248249250251252253254255256257258259260261262263264265266267268269270271272273274275276277278279280281282283284285286287288289290291292293294295296297298299300301302303304305306307308309310311312313314315316317318319320321322323324325326327328329330331332333334335336337338339340341342343344345346347348349350351352353354355356357358359360361362363364365366367368369370371372373374375376377378379380381382383384385386387388389390391392393394395396397398399400401402403404405406407408409410411412413414415416417418419420421422423424425426427428429430431432433434435436437438439440441442443444445446447448449450451452453454455456457458459460461462463464465466467468469470471472473474475476477478479480481482483484485486487488489490491492493494495496497498499500501502503504505506507508509510511512513514515516517518519520521522523524525526527528529530531532533534535536537538539540541542543544545546547548549550551552553554555556557558559560561562563564565566567568569
Página siguiente