Coas 31 incorporacións do ano pasado Galicia suma un total de 325 establecementos distinguidos con esta certificación.

 

Cesáreo Pardal participou no acto de recoñecemento celebrado en Oleiros e presidido por Alfonso Rueda, presidente da Xunta.

 

O sector turístico galego non cede na súa aposta pola calidade. Xa son 325 os establecementos que poden presumir da certificación Q de Calidade que concede o Instituto para a Calidade Turística Española (ICTE) tras sumar o ano pasado outras 31 distincións. Galicia confírmase así como a segunda comunidade autónoma con máis certificacións, sendo superada unicamente por Andalucía, tal como destacaron tanto o presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda; como o presidente do Clúster Turismo de Galicia, Cesáreo Pardal, e o seu homólogo do ICTE, Miguel Mirones, durante o acto de recoñecemento e entrega de diplomas celebrado o venres no municipio coruñés de Oleiros.

 

A Finca Montesqueiro, o primeiro establecemento orientado á celebración de eventos que consegue este distintivo, acolleu un acto no que tamén tomaron parte outras autoridades como a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro; o vicepresidente da Deputación da Coruña e responsable da área de Turismo desa institución, Xosé Regueira, e o vicepresidente da Deputación de Ourense e presidente do Instituto Ourensán de Desenvolvemento Económico (Inorde), Rosendo Fernández.

 

Durante ese encontro concedeuse unha mención especial á Travesía Náutica Xacobea por ser a única empresa distinguida como ruta turística. Tamén tivo recoñecemento o Castelo de Soutomaior incorporándose á categoría de museos. A entrega das novas distincións ratificou ademais o liderado de Galicia dentro das comunidades da España Verde ao situarse como o territorio con máis Q de Calidade en 13 categorías e ao ser, así mesmo, a única comunidade con esta certificación en ámbitos como os albergues turísticos, os espazos públicos singulares, os aloxamentos sostibles e as rutas turísticas.

 

24 de Setembro de 2022

O sector turístico galego presume de Q de Calidade

Coas 31 incorporacións do ano pasado Galicia suma un total de 325 establecementos distinguidos con esta certificación.   Cesáreo Pardal participou no acto de recoñecemento celebrado […]
22 de Setembro de 2022

O Clúster promociona Galicia en Sao Paulo e Bos Aires

A entidade, tres empresas e outros representantes galegos participan nas Xornadas Directas en América do Sur organizadas por Turespaña.   As actividades desenvolveranse na cidade brasileira […]
21 de Setembro de 2022

Os percebeiros de Muxía convidan a camiñar pola senda da sustentabilidade, o desenvolvemento e o turismo

O presidente do Clúster, Cesáreo Pardal, participou na presentación e no primeiro percorrido pola Ruta do Percebe da Barca.   Forma parte do proxecto BeirAtlántica desenvolvido […]
21 de Setembro de 2022

Recoñecemento de calidade para quince establecementos do GDR Terras de Compostela

O presidente do Clúster, Cesáreo Pardal, participou na entrega de diplomas do Sistema Integral de Calidade Turística Española en Destino celebrada en Santa Comba.   As […]
Página anterior
123456789101112131415161718192021222324252627282930313233343536373839404142434445464748495051525354555657585960616263646566676869707172737475767778798081828384858687888990919293949596979899100101102103104105106107108109110111112113114115116117118119120121122123124125126127128129130131132133134135136137138139140141142143144145146147148149150151152153154155156157158159160161162163164165166167168169170171172173174175176177178179180181182183184185186187188189190191192193194195196197198199200201202203204205206207208209210211212213214215216217218219220221222223224225226227228229230231232233234235236237238239240241242243244245246247248249250251252253254255256257258259260261262263264265266267268269270271272273274275276277278279280281282283284285286287288289290291292293294295296297298299300301302303304305306307308309310311312313314315316317318319320321322323324325326327328329330331332333334335336337338339340341342343344345346347348349350351352353354355356357358359360361362363364365366367368369370371372373374375376377378379380381382383384385386387388389390391392393394395396397398399400401402403404405406407408409410411412413414415416417418419420421422423424425426427428429430431432433434435436437438439440441442443444445446447448449450451452453454455456457458459460461462463464465466467468469470471472473474475476477478479480481482483484485486487488489490491492493494495496497498499500501502503504505506507508509510511512513514515516517518519520521522523524525526527528529530531532533534535536537538539540541542543544545546547548549550551552553554555556557558559560561562563564565566567568569570571572573574575576577578579580581582583584585586587588589590591592593594595596597598599600601602603604605
Página siguiente