O programa central deste evento promovido pola Asociación Hostalería Compostela celebrarase do 22 ao 24 de marzo, pero as actividades xa comezaron o día 18 coas rutas do viño nas que participan 36 establecementos da capital galega.

 

Santiago de Compostela convértese por uns días na capital galega da enocultura coa celebración do primeiro Encontro do Viño Galego Revera Vinum, un evento promovido pola Asociación Hostalería Compostela e Escenoset coa colaboración da Xunta de Galicia, a Axencia Galega de Calidade Alimentaria e o Concello de Santiago, que reunirá durante tres xornadas a máis de 180 adegas e a reputados especialistas na materia. O programa central de actividades desenvolverase entre o martes 22 e o xoves 24 nas instalacións do Hotel Monumento San Francisco. Alí será instalada a área expositivana que estarán presentes todas as denominacións de orixe e indicacións xeográficas protexidas galegas, así como un Túnel do Viño no que o visitante poderá coñecer máis de 300 referencias.

 

Toni Gerez, Rafael Palacios, Eva Pizarro e Juanjo Figueroa son algúns dos reputados catadores e viticultores que integran a extensa listaxe de conferenciantes que tomarán parte nas numerosas mesas de debate e catas incluídas no programa. A boa acollida deste apartado de actividades propiciou que as prazas para algunhas destas citas esgotáronse xa, pero son numerosas as actividades aínda dispoñibles.

 

As entradas e os bonos de tres días para participar neste primeiro Encontro do Viño Galego Revera Vinum xa están á venda a través da web do evento, na sede de Hostalería Compostela e nalgúns establecementos colaboradores.

 

Ademais, as propostas preparadas polos seus organizadores van máis aló dos límites do Hotel Monumento San Francisco e das datas antes citadas. O venres 18 deron comezo xa as Rutas do Viño Revera Vinum Compostela, que continuarán ata o domingo 27 coa participación de 36 bares e restaurantes divididos en cinco itinerarios diferentes: Ruta de San Lázaro, Ruta da cidade histórica, Ruta San Pedro-Praza de Abastos, Ruta San Clemente-Franco, Ruta do Ensanche e Ruta de Santa Marta. Os clientes recibirán tarxetas que poderán selar cando consuman viños con denominación de orixe ou indicación xeográfica protexida galega e optar así a diversos premios.

 

Así mesmo, o programa inclúe dúas veladas de cata con maridaxe musical: na Sala  Riquela (día 23) cos catadores Miguel Rodríguez ou Guillermo Cruz e a música de  Sabela King & The  Heartbreakers, e na Sala Sónar (día 26) co catador Martiño Santos e o grupo Hainas. A acollida de ambas as citas foi tan boa, que as entradas se esgotaron en apenas 48 horas.

19 de Marzo de 2022

Máis de 180 adegas cítanse en Santiago de Compostela para participar no primeiro Encontro do Viño Galego Revera Vinum

O programa central deste evento promovido pola Asociación Hostalería Compostela celebrarase do 22 ao 24 de marzo, pero as actividades xa comezaron o día 18 coas […]
18 de Marzo de 2022

O Clúster de Turismo presenta o libro “Mar de Ardora”, que recompila imaxes deste fenómeno na Costa da Morte

A publicación recolle o traballo da fotoxornalista Ana García sobre o fenómeno da bioluminiscencia nas praias da zona.   O Centro Arqueolóxico do Dolmen de Dombate […]
17 de Marzo de 2022

Galicia reorganiza os seus Xeodestinos turísticos, que aumentan de 14 a 26

O novo mapa vén de recibir o visto bo do Consello de Turismo de Galicia.   Hai algo máis dunha década era presentado de forma oficial […]
15 de Marzo de 2022

Unha decena de empresas galegas participarán na xornada virtual da ITB Berlín

O Clúster impulsa a presenza galega no Dixital Business Day previsto para o 17 de marzo.   A iniciativa do Clúster Turismo de Galicia de incentivar […]
Página anterior
123456789101112131415161718192021222324252627282930313233343536373839404142434445464748495051525354555657585960616263646566676869707172737475767778798081828384858687888990919293949596979899100101102103104105106107108109110111112113114115116117118119120121122123124125126127128129130131132133134135136137138139140141142143144145146147148149150151152153154155156157158159160161162163164165166167168169170171172173174175176177178179180181182183184185186187188189190191192193194195196197198199200201202203204205206207208209210211212213214215216217218219220221222223224225226227228229230231232233234235236237238239240241242243244245246247248249250251252253254255256257258259260261262263264265266267268269270271272273274275276277278279280281282283284285286287288289290291292293294295296297298299300301302303304305306307308309310311312313314315316317318319320321322323324325326327328329330331332333334335336337338339340341342343344345346347348349350351352353354355356357358359360361362363364365366367368369370371372373374375376377378379380381382383384385386387388389390391392393394395396397398399400401402403404405406407408409410411412413414415416417418419420421422423424425426427428429430431432433434435436437438439440441442443444445446447448449450451452453454455456457458459460461462463464465466467468469470471472473474475476477478479480481482483484485486487488489490491492493494495496497498499500501502503504505506507508509510511512513514515516517518519520521522523524525526527528529530531532533534535536537538539540541542543544545546547548549550551552553554555556557558559560561562563
Página siguiente