A aceleradora de startups da Xunta rexistrou un 40 % máis de candidaturas que o ano pasado.

 

A segunda edición da aceleradora de startups turísticas Turislab posta en marcha pola Xunta espertou un gran interese entre os mozos emprendedores do sector. Así o demostra o feito de que o número de proxectos que aspiran a beneficiarse do apoio e impulso deste programa de formación e mentorización aumentase nun 41 % con respecto á edición do 2011 ata sumar un total de 117 candidatos nesta ocasión. “O labor desenvolvido desde que arrincou a iniciativa, hai agora un ano, e os primeiros casos de éxito protagonizados por startups xa aceleradas na primeira promoción de talento turístico innovador foron claves para mellorar os rexistros iniciais”, destacan desde a Xunta.

 

Agora chega o momento de realizar unha primeira selección entre eses 117 aspirantes e elixir ás 15 startups (máis outras 5 como suplentes) que formarán parte de primeiro módulo da Pre-Academia e que tras un período formativo realizarán unha presentación do seu proxecto para tratar de facerse con algunha das dez prazas da Fase Academia da Aceleradora.

 

O nome deses 15 preseleccionados farase público o 28 de marzo e tres días despois dará comezo a fase da Pre-Academia, que se prolongará ata o 6 de maio, xornada do Demoday na que deberán presentar as propostas coas que optarán a pasar á fase central da Aceleradora.

 

Do mesmo xeito que o ano pasado, os dez proxectos finalistas dispoñerán de 6 meses para dar forma e acelerar a súa iniciativa, e pugnarán polos premios finais, que están dotados cunha contía total de 80.000 euros. Tamén optarán a posibilidade de beneficiarse de accións de promoción e participación a feiras e outros eventos do sector da man da Axencia Turismo de Galicia.

 

Da selección dos mellores proxectos encargaranse os integrantes dun comité formado por destacados profesionais de diversos ámbitos do mundo do turismo e no que estará representado tamén o Clúster Turismo de Galicia.

23 de Marzo de 2022

Máis dun centenar de proxectos turísticos optan a participar na segunda edición de Turislab

A aceleradora de startups da Xunta rexistrou un 40 % máis de candidaturas que o ano pasado.   A segunda edición da aceleradora de startups turísticas […]
22 de Marzo de 2022

Galicia promociona en París experiencias vinculadas ao Camiño de Santiago

O Clúster Turismo de Galicia xunto cunha decena de empresarios especializados neste ámbito participan no workshop organizado pola Axencia de Turismo para presentar o Xacobeo 21-22. […]
21 de Marzo de 2022

O turismo que aposta polas raíces: unha visión desde o territorio

Iniciativas diversas apostan por dar valor ao territorio creando unha oferta turística sostible e de riqueza local.     Dentro dos piares da Estratexia de Turismo […]
20 de Marzo de 2022

Apertura do prazo para que os usuarios soliciten os bonos turísticos #QuedamosenGalicia22

Case medio milleiro de establecementos turísticos e axencias de viaxes xa se adheriron á nova convocatoria.   A nova convocatoria dos Bonos Turísticos #QuedamosenGalicia22 lanzada pola […]
Página anterior
123456789101112131415161718192021222324252627282930313233343536373839404142434445464748495051525354555657585960616263646566676869707172737475767778798081828384858687888990919293949596979899100101102103104105106107108109110111112113114115116117118119120121122123124125126127128129130131132133134135136137138139140141142143144145146147148149150151152153154155156157158159160161162163164165166167168169170171172173174175176177178179180181182183184185186187188189190191192193194195196197198199200201202203204205206207208209210211212213214215216217218219220221222223224225226227228229230231232233234235236237238239240241242243244245246247248249250251252253254255256257258259260261262263264265266267268269270271272273274275276277278279280281282283284285286287288289290291292293294295296297298299300301302303304305306307308309310311312313314315316317318319320321322323324325326327328329330331332333334335336337338339340341342343344345346347348349350351352353354355356357358359360361362363364365366367368369370371372373374375376377378379380381382383384385386387388389390391392393394395396397398399400401402403404405406407408409410411412413414415416417418419420421422423424425426427428429430431432433434435436437438439440441442443444445446447448449450451452453454455456457458459460461462463464465466467468469470471472473474475476477478479480481482483484485486487488489490491492493494495496497498499500501502503504505506507508509510511512513514515516517518519520521522523524525526527528529530531532533534535536537538539540541542543544545546547548549550551552553554555556557558559560561562563
Página siguiente