O Clúster Turismo de Galicia e as empresas Tee Travel e Interrías participan esta semana no Spain Tourism Summit.

 

Galicia estará presente esta semana nas xornadas directas de promoción turística que celebra Turespaña en Miami baixo a denominación Spain Tourism Summit 2022. Unha representación do Clúster Turismo de Galicia e das empresas Tee Travel e Viaxes  Interrías forman parte da comitiva española integrada por un total de 28 empresas e 18 destinos que se desprazarán ata Estados Unidos para manter encontros con case 60 compradores daquel país e ofrecerlles produtos e servizos turísticos variados:  premium, cultural, gastronómicos…

 

O mércores 30 celebrarase unha xornada preparatoria de presentación e o xoves 31 e o venres 1 de abril terán lugar os workshops: o primeiro día, con empresas das zonas centro e oeste de Estados Unidos, e o segundo día, con empresas da costa este e do sur. Cada empresa da comitiva española desprazada a Miami dispoñerá de citas de 8 e 9 minutos de duración para mostrar as súas propostas aos compradores estadounidenses, mentres que os destinos poderán facer presentacións de ata 5 minutos de duración. Ademais, para a noite do mércores 30 está prevista unha velada coa Noite de San Xoán como fío condutor e o xoves 1 celebrarase unha actividade  enogastronómica.

 

Estas xornadas son as primeiras que se celebran no mercado estadounidense desde que comezou a pandemia e o obxectivo é activar, incrementar e favorecer a comercialización da oferta turística española nese destacado mercado emisor posicionándose como un destino turístico de calidade, seguro e sostible.

29 de Marzo de 2022

O turismo galego chama ás portas do mercado americano desde Miami

O Clúster Turismo de Galicia e as empresas Tee Travel e Interrías participan esta semana no Spain Tourism Summit.   Galicia estará presente esta semana nas […]
28 de Marzo de 2022

Cesáreo Pardal destaca que a sustentabilidade marca a folla de ruta do sector turístico galego

O presidente do Clúster Turismo de Galicia participou hoxe na presentación do selo “S de Sustentabilidade”, impulsado polo Instituto para a Calidade Turística de España.   […]
27 de Marzo de 2022

As Xornadas de Portas Abertas das Rutas do Viño de Galicia aseguran a súa continuidade ata o 2025

A Xunta acaba de aprobar a firma de senllos convenios de colaboración coas cinco rutas, que recibirán un total de 390.000 euros para financiar unha actividade […]
24 de Marzo de 2022

Nova convocatoria para que os autónomos e as empresas do rural accedan a Internet con banda larga ultrarrápida

Aqueles profesionais ou negocios que teñan unha velocidade inferior a 30 megas poderán beneficiarse de axudas de ata 20.000 euros para dotarse dese servizo.   Os […]
Página anterior
123456789101112131415161718192021222324252627282930313233343536373839404142434445464748495051525354555657585960616263646566676869707172737475767778798081828384858687888990919293949596979899100101102103104105106107108109110111112113114115116117118119120121122123124125126127128129130131132133134135136137138139140141142143144145146147148149150151152153154155156157158159160161162163164165166167168169170171172173174175176177178179180181182183184185186187188189190191192193194195196197198199200201202203204205206207208209210211212213214215216217218219220221222223224225226227228229230231232233234235236237238239240241242243244245246247248249250251252253254255256257258259260261262263264265266267268269270271272273274275276277278279280281282283284285286287288289290291292293294295296297298299300301302303304305306307308309310311312313314315316317318319320321322323324325326327328329330331332333334335336337338339340341342343344345346347348349350351352353354355356357358359360361362363364365366367368369370371372373374375376377378379380381382383384385386387388389390391392393394395396397398399400401402403404405406407408409410411412413414415416417418419420421422423424425426427428429430431432433434435436437438439440441442443444445446447448449450451452453454455456457458459460461462463464465466467468469470471472473474475476477478479480481482483484485486487488489490491492493494495496497498499500501502503504505506507508509510511512513514515516517518519520521522523524525526527528529530531532533534535536537538539540541542543544545546547548549550551552553554555556557558559560561562563
Página siguiente