A Axencia Turismo de Galicia acaba de abrir unha convocatoria que supón un incremento de fondos do 75 % con respecto ao 2022.

 

O prazo para presentar as solicitudes estará aberto ata mediados do mes de febreiro.

 

Os aloxamentos turísticos galegos e os restaurantes da comunidade dispoñen dunha nova liña de axudas para mellorar as súas infraestruturas. A Axencia Turismo de Galicia fixo públicas a través do Diario Oficial de Galicia do venres 13 de xaneiro as bases reguladores dunha convocatoria que este ano, segundo destacan desde a Xunta, aumenta os seus fondos nun 75 % ata alcanzar un total de 3,5 millóns de euros.

 

Desa cantidade, a partida máis importante corresponderá aos aloxamentos. Así, establecementos hoteleiros, campamentos de turismo, establecementos de turismo rural, apartamentos turísticos e albergues turísticos poderán repartirse 2,7 millóns de euros, mentres que os 800.000 euros restantes irán destinados aos restaurantes. Aínda que en caso de non esgotarse unha das partidas, os fondos restantes poderán ser destinados á outra.

 

Entre as actuacións subvencionables figuran a mellora das condicións de accesibilidade e a supresión de barreiras arquitectónicas; as melloras de instalacións coa finalidade de obter certificacións de calidade, en especial a Q de Calidade; a adaptación a modificacións normativas ou melloras supoñan un incremento da categoría do establecemento; a renovación e modernización das instalacións e o embelecemento da súa contorna; equipamentos mobles necesarios para o seu funcionamento; melloras da climatización que favorezan a sustentabilidade coa implementación de medidas de aforro enerxético, así como a instalación ou mellora de sistemas de extracción e renovación do aire; dixitalización dos sistemas de xestión e comercialización; e adaptación dos sistemas de seguridade e saúde.

 

As actuacións a subvencionar non poderán superar os 100.000 euros de investimento neto e o importe máximo das axudas será do 60 % para os proxectos valorados con entre 80 e 100 puntos, do 50 % para os que obteñan entre 60 e 79 puntos, e do 40 % para os que reciban entre 30 e 59 puntos. Aqueles que obteñan unha puntuación inferior a 30 puntos por parte da Comisión de Valoración non poderán acceder a axudas.

 

O prazo para presentar as solicitudes é dun mes para partir do día seguinte á publicación da convocatoria no DOG.

15 de Xaneiro de 2023

Aloxamentos e restaurantes poderán optar este ano a 3,5 millóns en axudas para melloras nos seus establecementos

A Axencia Turismo de Galicia acaba de abrir unha convocatoria que supón un incremento de fondos do 75 % con respecto ao 2022.   O prazo […]
14 de Xaneiro de 2023

O Clúster Turismo de Galicia celebrará en FITUR os seus 10 anos de vida reafirmando a súa aposta pola sustentabilidade

O aniversario da entidade e o Club de Produto Galicia Destino Sostible serán os eixos das dúas presentacións que realizará na feira internacional turística que se […]
13 de Xaneiro de 2023

Adxudicación do servizo de “DESPRAZAMENTO E ALOXAMENTO DA MISIÓN COMERCIAL Á FEIRA INTERNACIONAL ITB BERLÍN 2023″

Adxudicatario: Embajador 1992, S.L. Importe de adxudicación: 34.997,00 euros
10 de Xaneiro de 2023

O Concello da Coruña e a UDC crearán un observatorio turístico

Un equipo da universidade herculina organizará e analizará os datos de interese turístico co obxectivo de optimizar os recursos.   O Concello da Coruña, a través […]
Página anterior
123456789101112131415161718192021222324252627282930313233343536373839404142434445464748495051525354555657585960616263646566676869707172737475767778798081828384858687888990919293949596979899100101102103104105106107108109110111112113114115116117118119120121122123124125126127128129130131132133134135136137138139140141142143144145146147148149150151152153154155156157158159160161162163164165166167168169170171172173174175176177178179180181182183184185186187188189190191192193194195196197198199200201202203204205206207208209210211212213214215216217218219220221222223224225226227228229230231232233234235236237238239240241242243244245246247248249250251252253254255256257258259260261262263264265266267268269270271272273274275276277278279280281282283284285286287288289290291292293294295296297298299300301302303304305306307308309310311312313314315316317318319320321322323324325326327328329330331332333334335336337338339340341342343344345346347348349350351352353354355356357358359360361362363364365366367368369370371372373374375376377378379380381382383384385386387388389390391392393394395396397398399400401402403404405406407408409410411412413414415416417418419420421422423424425426427428429430431432433434435436437438439440441442443444445446447448449450451452453454455456457458459460461462463464465466467468469470471472473474475476477478479480481482483484485486487488489490491492493494495496497498499500501502503504505506507508509510511512513514515516517518519520521522523524525526527528529530531532533534535536537538539540541542543544545546547548549550551552553554555556557558559560561562563564565566567568569570571572573574575576577578579580581582583584585586587588589590591592593594595596597598599600601602
Página siguiente