A iniciativa arrincou no 2020 por iniciativa da Xunta e o Clúster para premiar o labor dos sanitarios durante a pandemia e estendeuse no 2021 e o 2022 ao resto da poboación.

 

O ano pasado houbo 7.400 beneficiarios para un total de 25.000 solicitudes e o gasto realizado superou os 3 millóns de euros.

 

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, fixo balance destes tres anos de campaña na Comisión Sexta do Parlamento galego.

 

O balance das tres edicións das tarxetas turísticas #QuedamosenGalicia centrou a intervención realizada esta semana pola directora da Axencia Turismo de Galicia, Nava Castro, na Comisión Sexta do Parlamento galego. Castro detallou que durante eses tres exercicios foron case 40.000 os galegos que se beneficiaron destes bonos postos en marcha inicialmente no 2020 pola Xunta e o Clúster Turismo de Galicia para premiar o esforzo do persoal sanitario durante a pandemia da covid e que no 2021 e o 2022 estendéronse ao conxunto da poboación galega.

 

A responsable de Turismo de Galicia detallou que o ano pasado máis de 25.000 galegos solicitaron os bonos e que, finalmente, foron algo máis de 7.400 os beneficiarios realizando así un gasto no sector superior aos 3 millóns de euros.

 

Ademais, desagregou o uso dos bonos por provincias precisando que o 42 % foron empregados en establecementos de Pontevedra, o 24 % na Coruña, o 20 % en Lugo e o 12 % en Ourense, sendo o hotel Augusta, de Sanxenxo, o aloxamento máis demandado, cunhas 400 operacións. Así mesmo, precisou que quedaron sen consumir algo máis de 110.000 euros e rexistráronse 138 peticións de devolución por importe de 34.000 euros.

 

Nava Castro sinalou que os bonos #QuedamosenGalicia marcaron “un punto de inflexión no impulso ao sector turístico galego e na recuperación económica” e destacou a boa acollida que tiveron durante estes tres anos, non só en canto ao número de beneficiarios, senón tamén ao de empresas adheridas. De feito, durante a pasada edición case un milleiro de negocios do sector turístico galego, cos hoteis como segmento máis representado (323), participaron na campaña.

 

16 de Febreiro de 2023

Case 40.000 galegos se beneficiaron dos bonos #QuedamosenGalicia durante as súas tres edicións

A iniciativa arrincou no 2020 por iniciativa da Xunta e o Clúster para premiar o labor dos sanitarios durante a pandemia e estendeuse no 2021 e […]
15 de Febreiro de 2023

O Clúster incorpórase á Mesa do Turismo de España

A adhesión, acordada polo Consello Directivo da Mesa, foi ratificada na súa asemblea de socios celebrada en Madrid coa presenza do presidente do Clúster, Cesáreo Pardal. […]
12 de Febreiro de 2023

Conta atrás para a cuarta edición de BioCultura

A feira dedicada aos produtos ecolóxicos e o ecoturismo celebrarase do 3 ao 5 de marzo en EXPOCoruña.   O prazo de inscrición dos expositores estará aberto ata o […]
11 de Febreiro de 2023

As praias de Galicia optarán este ano a un total de 117 bandeiras azuis

Galicia suma dúas candidaturas máis con respecto ao ano pasado, cando logrou 112 insignias.   A carreira para a consecución das bandeiras azuis xa comezou, e […]
Página anterior
123456789101112131415161718192021222324252627282930313233343536373839404142434445464748495051525354555657585960616263646566676869707172737475767778798081828384858687888990919293949596979899100101102103104105106107108109110111112113114115116117118119120121122123124125126127128129130131132133134135136137138139140141142143144145146147148149150151152153154155156157158159160161162163164165166167168169170171172173174175176177178179180181182183184185186187188189190191192193194195196197198199200201202203204205206207208209210211212213214215216217218219220221222223224225226227228229230231232233234235236237238239240241242243244245246247248249250251252253254255256257258259260261262263264265266267268269270271272273274275276277278279280281282283284285286287288289290291292293294295296297298299300301302303304305306307308309310311312313314315316317318319320321322323324325326327328329330331332333334335336337338339340341342343344345346347348349350351352353354355356357358359360361362363364365366367368369370371372373374375376377378379380381382383384385386387388389390391392393394395396397398399400401402403404405406407408409410411412413414415416417418419420421422423424425426427428429430431432433434435436437438439440441442443444445446447448449450451452453454455456457458459460461462463464465466467468469470471472473474475476477478479480481482483484485486487488489490491492493494495496497498499500501502503504505506507508509510511512513514515516517518519520521522523524525526527528529530531532533534535536537538539540541542543544545546547548549550551552553554555556557558559560561562563
Página siguiente