Os cámpings Paisaxe II e Illa de Ons, e o hotel Bosque Mar, primeiros galardoados cos premios Turismo Sostible Provincia de Pontevedra.

 

O presidente do Clúster, Cesáreo Pardal, destacou na Gala do Turismo da Deputación pontevedresa o bo traballo do sector e a súa importancia económica e social.

 

O sector turístico da provincia de Pontevedra volveuse reunir o venres pasado para gozar dunha xornada de festa promovida pola Deputación e na que a sustentabilidade ocupou un papel central. A nova edición da Gala do Turismo da Deputación estreaba os Premios Turismo Sostible Provincia de Pontevedra e fíxoo cun recoñecemento ao sector, que constituíu tamén un recoñecemento para o Club de Produto Galicia Destino Sostible, creado por este Clúster para mediado do ano pasado e do que xa forman parte ao redor de 70 empresas de toda Galicia. Tres delas foron, precisamente, as galardoadas durante a gala celebrada no Auditorio Mar de Vigo o venres 10 cos novos premios da Deputación: o cámping Praia Paisaxe II, do Grove; que levou o primeiro galardón; o cámping Illa de Ons, situado na illa do municipio de Bueu, que recibiu o segundo, e e Hotel Bosque Mar, do Grove, que obtivo o terceiro premio.

 

“Os recoñecementos son un aval do bo facer e un revulsivo para seguir traballando con ilusións renovadas. Así que celebremos hoxe o camiño percorrido e sigamos mañá con novos alentos a ruta marcada para seguir sendo un sector tractor da economía galega, un sector que contribúe á mellora da súa contorna e á transmisión da nosa cultura e tradición”, destacou o presidente do Clúster, Cesáreo Pardal, na súa intervención na gala, que aproveitou tamén para agradecer o traballo e a colaboración da Deputación pontevedresa e felicitar tamén a todos os protagonistas da velada: “Por iso o meu parabén ás mulleres artesás da provincia nomeadas embaixadoras das Rías Baixas 2023 (Elena Ferro, Paula Ojea, Ana Tenorio, Marta Armada e Virginia Rodríguez); ás 165 empresas pontevedresas ás que se lles fará entrega do diploma SICTED; e aos establecementos que galardoados na primeira edición dos Premios Turismo Sostible Provincia de Pontevedra”.

 

“Se xa todos os anos esta Gala é un espectáculo, este ano queriamos dalo todo porque o sector turístico merece que lle fagamos un gran recoñecemento e agradecemento polo seu compromiso coa excelencia e con mellorar a atención, pero sen deixar de coidar o territorio e loitando pola sustentabilidade e contra a masificación do noso destino”, explicou pola súa banda a presidenta provincial, Carmela Silva, durante esta celebración que reuniu a medio milleiro de persoas no auditorio vigués e na que non faltou a música, a danza nin as propostas audiovisuais.

11 de Marzo de 2023

Premio para tres empresas de Galicia Destino Sostible

Os cámpings Paisaxe II e Illa de Ons, e o hotel Bosque Mar, primeiros galardoados cos premios Turismo Sostible Provincia de Pontevedra.   O presidente do […]
10 de Marzo de 2023

Proveitosa participación do turismo galego na ITB Berlín

Os integrantes da misión comercial organiza polo Clúster mantiveron decenas de reunións durante a feira turística internacional da capital alemá.   O secretario xeral da Organización […]
09 de Marzo de 2023

Bo comezo de ano para os aloxamentos turísticos galegos

Galicia alcanzou en xaneiro a segunda cifra máis alta de viaxeiros e noites pasadas para ese mes da serie histórica.   As cifras dos hoteis no […]
06 de Marzo de 2023

Unha vintena de profesionais participan na misión comercial do Clúster á ITB Berlín

A feira turística da capital alemá celebrarase desde este martes 7 ata o xoves 9.   A misión comercial promovida polo Clúster Turismo de Galicia para […]
Página anterior
123456789101112131415161718192021222324252627282930313233343536373839404142434445464748495051525354555657585960616263646566676869707172737475767778798081828384858687888990919293949596979899100101102103104105106107108109110111112113114115116117118119120121122123124125126127128129130131132133134135136137138139140141142143144145146147148149150151152153154155156157158159160161162163164165166167168169170171172173174175176177178179180181182183184185186187188189190191192193194195196197198199200201202203204205206207208209210211212213214215216217218219220221222223224225226227228229230231232233234235236237238239240241242243244245246247248249250251252253254255256257258259260261262263264265266267268269270271272273274275276277278279280281282283284285286287288289290291292293294295296297298299300301302303304305306307308309310311312313314315316317318319320321322323324325326327328329330331332333334335336337338339340341342343344345346347348349350351352353354355356357358359360361362363364365366367368369370371372373374375376377378379380381382383384385386387388389390391392393394395396397398399400401402403404405406407408409410411412413414415416417418419420421422423424425426427428429430431432433434435436437438439440441442443444445446447448449450451452453454455456457458459460461462463464465466467468469470471472473474475476477478479480481482483484485486487488489490491492493494495496497498499500501502503504505506507508509510511512513514515516517518519520521522523524525526527528529530531532533534535536537538539540541542543544545546547548549550551552553554555556557558559560561562563
Página siguiente