[:gl]Novas[:es]Noticias[:en]News[:]

  • Un total de 400 axentes privados e públicos do sector participaron nas 20 mesas de traballo celebradas desde outubro e outros 600 o fixeron a través de enquisas online.
  • O director de Turismo, Xosé Merelles, e o presidente do Clúster, Cesáreo Pardal, participaron o martes na xuntanza de peche deste proceso destacando a elevada participación.
  • A información recollida permitirá elaborar un diagnóstico do sector que servirá de base para deseñar a planificación turística dos vindeiros anos.

 

Máis de 400 axentes privados e públicos do sector turístico participaron nas 20 mesas de traballo organizadas polo Clúster Turismo de Galicia e Axencia de Turismo como parte do proceso participativo para elaborar a Estratexia Turística de Galicia 2014-2030. Á información recabada nestes encontros presenciais, súmase á recollida nas preto de 600 enquisas online que se recibiron durante o proceso e coas que se buscou dar cabida a todos os profesionais do sector que quixeron participar.

 

O director de Turismo, Xosé Merelles, e o presidente do Clúster, Cesáreo Pardal, asistiron este martes á xuntanza de peche deste proceso destacando a elevada participación. Cesáreo Pardal puxo en valor a alta porcentaxe de participantes do sector privado, tanto nas mesas presenciais como a través da consulta online e salientou que “ese era un obxectivo prioritario” e que “grazas á información recabada teremos unha foto actual do sector, retos, demandas e oportunidades parar poder elaborar a futura Estratexia Turística de Galicia ata finais desta década”.

 

Pola súa banda, Xosé Merelles sinalou que esta futura folla de ruta dará continuidade “ao excelente traballo levado a cabo nos últimos anos nos que neste 2023 o turismo galego superou as expectativas iniciais con creces”. Neste sentido, recordou que a Estratexia Galicia Destino Seguro posta en marcha no marco da pandemia e que remata este ano “foi unha moi eficaz ferramenta que nos permitiu unha recuperación progresiva e un fortalecemento do sector”.

 

O obxectivo deste proceso participativo é recoller información sobre a diversidade de perspectivas e desafíos que enfronta o turismo nas diferentes zonas da comunidade e elaborar un diagnóstico sobre a situación do sector que servirá de base para deseñar a planificación turística dos vindeiros anos. Con esta finalidade a organización das mesas territoriais atendeu á prioridade de abranguer os diferentes xeodestinos existentes e poder recoller as diversas realidades existentes en Galicia no eido turístico.

 

No proceso participaron administracións e institucións públicas, así como iniciativas empresariais privadas e entidades asociativas coa finalidade de achegar a súa opinión ó respecto das necesidades e retos do sector. Cómpre destacar a participación maioritaria do sector privado, que nas mesas territoriais representou o 43% e nas consulta online o 67%, seguidos en ambos os casos de entidades públicas, asociacións e expertos.

 

Ademais, en colaboración coas tres universidades galegas, elaborarase unha análise científica sobre a oferta, a demanda e a cadea de valor do sector turístico en Galicia, analizando polo miúdo os recursos que constitúen parte da súa oferta diferencial. Esta análise abordará tamén a evolución cualitativa e cuantitativa do sector no período 2016-2023.

 

Turismo de Galicia e o Clúster de Turismo buscan con este estudo coñecer a foto actual do sector nun momento marcado polos cambios nos hábitos dos turistas, con tendencias marcadas pola sustentabilidade e a dixitalización. Estas cuestións abordáronse no diagnóstico xunto con outros tres aspectos chave: a oferta, analizando polo miúdo os recursos de Galicia que constitúen parte da súa oferta diferencial; a demanda, co obxectivo de coñecer a súa evolución nos últimos exercicios; e a cadea de valor turística de Galicia, delimitando o sector turístico desde un punto de vista empresarial.

 

19 de Decembro de 2023

A Xunta e o Clúster pechan o proceso de consulta para elaborar a Estratexia Turística de Galicia 2024-2030 con 1.000 participantes

Un total de 400 axentes privados e públicos do sector participaron nas 20 mesas de traballo celebradas desde outubro e outros 600 o fixeron a través […]
12 de Decembro de 2023

O mercado mundial de viaxes de incentivos crecerá un 400% na próxima década

O informe “Viaxes de incentivos: claves, dimensión e realidade dun contexto básico na economía turística”, da Asociación de Axencias de Viaxes de Incentivos (IDEMICE) co apoio […]
12 de Decembro de 2023

Terra de Trives: Capital Española da Montaña 2024

esMontañas decidiu outorgar este recoñecemento compartido a A Pobra de Trives, Manzaneda, San Xoán de Río e Chandrexa de Queixa.   A comarca de Terras de […]
12 de Decembro de 2023

30 aniversario do Camiño Francés como Patrimonio da Humanidade

As actividades conmemorativas desta efeméride celebraranse entre os días 10 e 17 de decembro en Santiago de Compostela.   A Xunta de Galicia programou unha serie […]
Página anterior
123456789101112131415161718192021222324252627282930313233343536373839404142434445464748495051525354555657585960616263646566676869707172737475767778798081828384858687888990919293949596979899100101102103104105106107108109110111112113114115116117118119120121122123124125126127128129130131132133134135136137138139140141142143144145146147148149150151152153154155156157158159160161162163164165166167168169170171172173174175176177178179180181182183184185186187188189190191192193194195196197198199200201202203204205206207208209210211212213214215216217218219220221222223224225226227228229230231232233234235236237238239240241242243244245246247248249250251252253254255256257258259260261262263264265266267268269270271272273274275276277278279280281282283284285286287288289290291292293294295296297298299300301302303304305306307308309310311312313314315316317318319320321322323324325326327328329330331332333334335336337338339340341342343344345346347348349350351352353354355356357358359360361362363364365366367368369370371372373374375376377378379380381382383384385386387388389390391392393394395396397398399400401402403404405406407408409410411412413414415416417418419420421422423424425426427428429430431432433434435436437438439440441442443444445446447448449450451452453454455456457458459460461462463464465466467468469470471472473474475476477478479480481482483484485486487488489490491492493494495496497498499500501502503504505506507508509510511512513514515516517518519520521522523524525526527528529530531532533534535536537538539540541542543544545546547548549550551552553554555556557558559560561562563564565566567568569570571572573574575576577578579580581582583584585586587588589590591592593594595596597598599600601602603604605606607608609610611612613614615616617618619
Página siguiente