• O orzamento prioriza a modernización do sector, a mellora da eficiencia enerxética e o impulso do Camiño de Santiago.

 

A Xunta de Galicia destinará en 2026 máis de 125 millóns de euros a consolidar o crecemento sostido do turismo galego e a preparar o próximo Xacobeo 2027, un dos grandes fitos culturais e económicos da década. Así o avanzou o director de Turismo de Galicia, Xosé Manuel Merelles, durante a súa comparecencia no Parlamento de Galicia, onde detallou as principais liñas de actuación do seu departamento para o próximo exercicio.

 

Entre as principais prioridades destacan a formación e dixitalización do sector, o reforzo da capacidade alojativa da comunidade e a renovación de infraestruturas turísticas, especialmente nos concellos rurais e nas rutas xacobeas.

 

  • Modernización, eficiencia e formación

 

No ámbito empresarial, o orzamento inclúe unha liña de axudas de 4 millóns de euros destinada a impulsar novos proxectos aloxativos, especialmente en áreas rurais, co obxectivo de diversificar a oferta e xerar tecido socioeconómico. Tamén se manterán as subvencións dirixidas á eficiencia enerxética e modernización de aloxamentos e restaurantes, cunha dotación de 7 millóns de euros.

 

O director de Turismo destacou, ademais, o investimento en formación e profesionalización, coa posta en marcha do GastroHub do Centro Superior de Hostalería de Galicia, un novo espazo orientado á formación práctica do sector.

 

  • Impulso ao Camiño de Santiago e ao Xacobeo 2027

 

O Camiño de Santiago continuará sendo un dos grandes eixos de investimento para 2026. Turismo de Galicia prevé licitar novos contratos de mantemento e conservación integral das rutas, así como avanzar no Plan de Seguridade Viaria, que permitirá executar obras destinadas a mellorar a seguridade dos peregrinos e evitar tramos de circulación compartida con vehículos.

 

Así mesmo, poñerase en marcha unha nova liña de axudas para o embelecemento paisaxístico do Camiño, en paralelo cun plan especial de promoción do Xacobeo 2027, dotado con 3 millóns de euros, que dinamizará a programación cultural, deportiva e turística previa ao Ano Santo.

11 de Novembro de 2025

A Xunta reforza a súa aposta pola sostibilidade e a preparación do Xacobeo 2027 con máis de 125 M€

O orzamento prioriza a modernización do sector, a mellora da eficiencia enerxética e o impulso do Camiño de Santiago.   A Xunta de Galicia destinará en […]
04 de Novembro de 2025

SIMADA: Unha ferramenta gratuíta para empresas de aloxamento que facilita a toma de decisións e mellora a comercialización.

O sistema de monitorización de datos (SIMADA) proporciona datos sobre ocupación e prezos, o que permite aos establecementos adaptarse ás tendencias do mercado en tempo real. […]
04 de Novembro de 2025

Últimos días para solicitar axudas para o embelecemento do litoral

As empresas poden solicitar subvencións ata o 12 de novembro de 2025   A Axencia de Turismo de Galicia anunciou unha nova convocatoria de subvencións destinadas […]
04 de Novembro de 2025

A misión comercial do Clúster de Turismo de Galicia chega esta semana ao WTM Londres

  A nova edición da feira de turismo da capital británica celébrase do 4 ao 6 de novembro.   O sector turístico galego estará presente unha […]
Página anterior
123456789101112131415161718192021222324252627282930313233343536373839404142434445464748495051525354555657585960616263646566676869707172737475767778798081828384858687888990919293949596979899100101102103104105106107108109110111112113114115116117118119120121122123124125126127128129130131132133134135136137138139140141142143144145146147148149150151152153154155156157158159160161162163164165166167168169170171172173174175176177178179180181182183184185186187188189190191192193194195196197198199200201202203204205206207208209210211212213214215216217218219220221222223224225226227228229230231232233234235236237238239240241242243244245246247248249250251252253254255256257258259260261262263264265266267268269270271272273274275276277278279280281282283284285286287288289290291292293294295296297298299300301302303304305306307308309310311312313314315316317318319320321322323324325326327328329330331332333334335336337338339340341342343344345346347348349350351352353354355356357358359360361362363364365366367368369370371372373374375376377378379380381382383384385386387388389390391392393394395396397398399400401402403404405406407408409410411412413414415416417418419420421422423424425426427428429430431432433434435436437438439440441442443444445446447448449450451452453454455456457458459460461462463464465466467468469470471472473474475476477478479480481482483484485486487488489490491492493494495496497498499500501502503504505506507508509510511512513514515516517518519520521522523524525526527528529530531532533534535536537538539540541542543544545546547548549550551552553554555556557558559560561562563564565566567568569570571572573574575576577578579580581582583584585586587588589590591592593594595596597598599600601602603604605606607608609610611612613
Página siguiente