• Seis axencias galegas e ‘Galicia Destino Sostible’ presentaron a súa oferta a unha trintena de operadores irlandeses e prensa especializada

 

O Clúster Turismo de Galicia celebrou o pasado 18 de novembro en Dublín un workshop profesional co obxectivo de fortalecer a presenza de Galicia no mercado irlandés e seguir a ampliar oportunidades de negocio para o sector turístico galego. A acción reuniu a unha trintena de operadores turísticos irlandeses, así como a medios especializados, interesados en descubrir novas propostas e experiencias vinculadas ao destino Galicia.

 

Participaron no encontro seis axencias almacenistas de receptivo galegas: Viajes InterRías, Galicia Incoming – Viajes Viloria, Galiwonders, Tee Travel, VIO Viajes e Bluscus. Xunto a elas, o club de produto Galicia Destino Sostible presentou a súa oferta centrada en experiencias responsables e aliñadas cos valores da sostibilidade.

 

Durante a apertura, o presidente do Clúster, Cesáreo Pardal, destacou o vínculo existente entre Galicia e Irlanda, así como a diversidade da oferta galega, subliñando a aposta do sector por un modelo turístico sostible. No acto participou tamén Laura Pena, directora da Oficina Española de Turismo en Dublín, que valorou positivamente a cooperación cun mercado que mantén un crecente interese por Galicia.

 

O encontro permitiu ás empresas galegas manter numerosas reunións con operadores turísticos interesados en ampliar o seu catálogo de produtos e explorar novas oportunidades vinculadas ao Camiño de Santiago, á natureza, á cultura, á gastronomía e ao turismo activo.

 

O workshop incluíu ademais un sorteo de experiencias achegadas polas propias empresas participantes, co obxectivo de incentivar aos operadores irlandeses a viaxar a Galicia e coñecer sobre o terreo a variedade de propostas dispoñibles.

 

O mercado irlandés amosa unha evolución destacada: segundo os datos da Oficina do Peregrino, en 2024 ao redor de 10.000 peregrinos irlandeses recibiron a Compostela, fronte aos 6.600 rexistrados en 2022, o que evidencia un crecemento notable do interese polo Camiño e por Galicia como destino.

 

  • Unha acción máis dentro do plan de internacionalización do Clúster

 

Con este workshop, o Clúster executa unha das últimas accións de promoción internacional de 2025, tan só unhas semanas despois da misión comercial á WTM de Londres, onde participaron 26 profesionais do sector turístico galego.

 

24 de Novembro de 2025

Galicia reforza a súa posición no mercado irlandés cun workshop profesional organizado polo Clúster

Seis axencias galegas e ‘Galicia Destino Sostible’ presentaron a súa oferta a unha trintena de operadores irlandeses e prensa especializada   O Clúster Turismo de Galicia […]
24 de Novembro de 2025

Os hoteis e pensións galegos ingresaron 408,1 M€ no que vai de ano

Medran tanto os ingresos coma o volume de visitantes   O sector hoteleiro de Galicia continúa a encadear resultados históricos ao peche de outubro de 2025. […]
24 de Novembro de 2025

SIMADA, a ferramenta clave para xestionar aloxamentos con intelixencia turística

Cada vez máis empresas empregan esta plataforma gratuíta para optimizar prezos, analizar tendencias e mellorar a súa competitividade   O Clúster Turismo de Galicia, co apoio […]
24 de Novembro de 2025

Santiago acollerá a primeira edición dos Premios da Cociña Galega

A gala recoñecerá o valor da tradición culinaria, a innovación e a remuda xeracional   Santiago de Compostela será escenario, o próximo 1 de decembro, da […]
123456789101112131415161718192021222324252627282930313233343536373839404142434445464748495051525354555657585960616263646566676869707172737475767778798081828384858687888990919293949596979899100101102103104105106107108109110111112113114115116117118119120121122123124125126127128129130131132133134135136137138139140141142143144145146147148149150151152153154155156157158159160161162163164165166167168169170171172173174175176177178179180181182183184185186187188189190191192193194195196197198199200201202203204205206207208209210211212213214215216217218219220221222223224225226227228229230231232233234235236237238239240241242243244245246247248249250251252253254255256257258259260261262263264265266267268269270271272273274275276277278279280281282283284285286287288289290291292293294295296297298299300301302303304305306307308309310311312313314315316317318319320321322323324325326327328329330331332333334335336337338339340341342343344345346347348349350351352353354355356357358359360361362363364365366367368369370371372373374375376377378379380381382383384385386387388389390391392393394395396397398399400401402403404405406407408409410411412413414415416417418419420421422423424425426427428429430431432433434435436437438439440441442443444445446447448449450451452453454455456457458459460461462463464465466467468469470471472473474475476477478479480481482483484485486487488489490491492493494495496497498499500501502503504505506507508509510511512513514515516517518519520521522523524525526527528529530531532533534535536537538539540541542543544545546547548549550551552553554555556557558559560561562563564565566567568569570571572573574575576577578579580581582583584585586587588589590591592593594595596597598599600601602603604605606607608609610611
Página siguiente