[:gl]Novas[:es]Noticias[:en]News[:]

  • Con esta nova incorporación, Galicia suma 10 festividades con este recoñecemento.

A Festa da Filloa de Lestedo vén de ser declarada Festa de Interese Turístico Nacional. Unha celebración que pon en valor un produto gastronómico con gran arraigamento e que combina con outras propostas culturais coma o Entroido dos Xenerais da Ulla. A Secretaría de Estado de Turismo destacou a importancia desta festa pola súa contribución á diversificación e á descentralización do turismo, xerando beneficios tanto para o territorio como para os seus residentes. Desde 2008, a de Lestedo tamén é Festa de Interese Turístico Rexional.

 

Esta celebración naceu froito do interese dos veciños e veciñas desta parroquia por poñer en valor un produto gastronómico con moito arraigamento. Organizada desde 2015 pola Asociación Cultural da Filloa de Lestedo, esta festa popular cumpriu este ano o seu 40 aniversario.

 

A Festa da Filloa de Lestedo obtivo a declaración como Festa de Interese Turístico Nacional (FITN) tras completar un exhaustivo informe técnico que confirma o cumprimento de todos os requisitos establecidos pola Secretaría de Estado de Turismo. Isto inclúe o respaldo unánime da Corporación Municipal á declaración do FITN, así como un informe favorable emitido pola Axencia Galicia de Turismo en apoio á súa candidatura.

 

Ademais, o informe técnico da Asociación Cultural da Filloa, en colaboración co Concello, examina diversos aspectos da celebración, que se iniciou en 1984. Profunda na súa orixe, o seu arraigamento cultural e a participación activa da comunidade no seu desenvolvemento. Tamén detalla as colaboracións establecidas con diversas entidades, tanto locais como supramunicipais, así como doutras índoles, que contribuíron a enriquecer a celebración e expandir a súa programación.

 

Coa Festa da Filloa de Lestedo xa son 10 as festividades galegas que contan coa declaración de Festa de Interese Turístico Nacional: a Romaría de Nosa Señora da Barca (Muxía), as Carrilanas de Esteiro (Muros), as festas do San Froilán (Lugo), a Feira do Bonito (Burela), a Festa da Historia (Ribadavia), o Entroido de Verín. Tamén a Festa do Marisco do Grove, as Festas de San Roque (Vilagarcía de Arousa) e a Festa da Reconquista (Vigo).

23 de Abril de 2024

A Festa da Filloa de Lestedo, declarada de Interese Turístico Nacional

Con esta nova incorporación, Galicia suma 10 festividades con este recoñecemento. A Festa da Filloa de Lestedo vén de ser declarada Festa de Interese Turístico Nacional. […]
23 de Abril de 2024

A Xunta de Galicia lanza unha nova convocatoria de axudas para a creación de novos establecementos turísticos de aloxamento e restauración como proxectos tractores

O obxectivo é mellorar e ampliar os servizos aos visitantes mentres se fomenta o emprego turístico, buscando un impacto positivo na economía local. O pasado martes, […]
16 de Abril de 2024

O Clúster estende a súa colaboración con Expedia e Turespaña para potenciar a marca Galicia Destino Sostible no mercado estadounidense

Tralos resultados da campaña realizada o pasado 2023, o Clúster aposta novamente polas accións de marketing internacional para chegar aos mercados de interese. Ao longo do […]
16 de Abril de 2024

Cinco empresas galegas participan nas xornadas de apoio ao turismo en California, organizadas por Turespaña

As sesións, centradas nos mercados de Estados Unidos e Canadá, desenvólvense do 15 ao 18 de abril en Monterrei, California. Galicia está presente no Spain Tourism […]
Página anterior
123456789101112131415161718192021222324252627282930313233343536373839404142434445464748495051525354555657585960616263646566676869707172737475767778798081828384858687888990919293949596979899100101102103104105106107108109110111112113114115116117118119120121122123124125126127128129130131132133134135136137138139140141142143144145146147148149150151152153154155156157158159160161162163164165166167168169170171172173174175176177178179180181182183184185186187188189190191192193194195196197198199200201202203204205206207208209210211212213214215216217218219220221222223224225226227228229230231232233234235236237238239240241242243244245246247248249250251252253254255256257258259260261262263264265266267268269270271272273274275276277278279280281282283284285286287288289290291292293294295296297298299300301302303304305306307308309310311312313314315316317318319320321322323324325326327328329330331332333334335336337338339340341342343344345346347348349350351352353354355356357358359360361362363364365366367368369370371372373374375376377378379380381382383384385386387388389390391392393394395396397398399400401402403404405406407408409410411412413414415416417418419420421422423424425426427428429430431432433434435436437438439440441442443444445446447448449450451452453454455456457458459460461462463464465466467468469470471472473474475476477478479480481482483484485486487488489490491492493494495496497498499500501502503504505506507508509510511512513514515516517518519520521522523524525526527528529530531532533534535536537538539540541542543544545546547548549550551552553554555556557558559560561562563564565566567568569570571572573574
Página siguiente