[:gl]Novas[:es]Noticias[:en]News[:]

  • Esta campaña, posta en marcha por Turismo de Galicia en colaboración con Renfe e o Inorde, oferta 11 rutas por toda a xeografía galega.
  • Esta modalidade de turismo combina viaxes en tren con visitas a lugares de especial interese turístico.

 

A campaña dos trens turísticos de Galicia, unha iniciativa de Turismo de Galicia en colaboración con Renfe e o Inorde, xa acadou un 80% de ocupación, cubrindo ata 1.650 das 2.040 prazas ofertadas.

 

Esta modalidade de turismo combina viaxes con visitas a lugares de especial interese turístico de toda a xeografía galega. Trátase dunha iniciativa que se leva desenvolvendo desde o 2013 e que, ano tras ano, evoluciona para ofrecer un amplo abano de posibilidades aos viaxeiros.

 

Este ano pódese gozar de ata 11 itinerarios diferentes: a Ruta dos queixos de Galicia, a Ruta das Mariñas, a Ruta dos faros, a Ruta dos pazos e os xardíns históricos, a Ruta do viño Rías Baixas, a Ruta dos viños do Ribeiro, a Ruta dos viños de Monterrei, a Ruta da lamprea, a Ruta dos mosteiros, a Ruta das camelias en flor e a Ruta experiencia Museo Estrella Galicia na Coruña; estas dúas últimas como novidades que acadaron o 100 % de ocupación.

 

Estas rutas achegan diferentes paraxes especialmente atractivos do territorio galego, ademais de dar a coñecer produtos enogastronómicos de calidade, a través dun medio sostible como é o ferrocarril.

 

As diferentes rutas están calendarizadas ata o mes de outubro. O prezo dos billetes é de 45 euros para as persoas adultas e 20 euros para os nenos. Na páxina de Turismo de Galicia pódese acceder a toda a información sobre a iniciativa, mais os billetes deben comprarse ou reservarse nos despachos de calquera estación de Renfe, na web www.renfe.com, en axencias de viaxe concertadas con Renfe, ou a través do teléfono 912 320 320.

28 de Agosto de 2023

Os trens turísticos de Galicia acadan o 80% de ocupación

Esta campaña, posta en marcha por Turismo de Galicia en colaboración con Renfe e o Inorde, oferta 11 rutas por toda a xeografía galega. Esta modalidade […]
28 de Agosto de 2023

O turismo de bateas, unha actividade sostible en auxe

Centos de persoas achéganse ás rías galegas para coñecer de primeira man o proceso produtivo dos mexillóns.   As rías galegas son recoñecidas en gran parte […]
22 de Agosto de 2023

O sector turístico galego supera por primeira vez os 130.000 traballadores

Galicia é a segunda comunidade onde máis medrou a ocupación no sector, cunha repunta do 18% entre abril e xuño   O Instituto Nacional de Estatística […]
22 de Agosto de 2023

A Illa de Tambo converterase en referente turístico, sostible e cultural

Tras permanecer pechada ao turismo polo seu pasado carácter militar, o enclave insular da ría de Pontevedra fomentará o turismo sostible da comarca   A Illa […]
Página anterior
123456789101112131415161718192021222324252627282930313233343536373839404142434445464748495051525354555657585960616263646566676869707172737475767778798081828384858687888990919293949596979899100101102103104105106107108109110111112113114115116117118119120121122123124125126127128129130131132133134135136137138139140141142143144145146147148149150151152153154155156157158159160161162163164165166167168169170171172173174175176177178179180181182183184185186187188189190191192193194195196197198199200201202203204205206207208209210211212213214215216217218219220221222223224225226227228229230231232233234235236237238239240241242243244245246247248249250251252253254255256257258259260261262263264265266267268269270271272273274275276277278279280281282283284285286287288289290291292293294295296297298299300301302303304305306307308309310311312313314315316317318319320321322323324325326327328329330331332333334335336337338339340341342343344345346347348349350351352353354355356357358359360361362363364365366367368369370371372373374375376377378379380381382383384385386387388389390391392393394395396397398399400401402403404405406407408409410411412413414415416417418419420421422423424425426427428429430431432433434435436437438439440441442443444445446447448449450451452453454455456457458459460461462463464465466467468469470471472473474475476477478479480481482483484485486487488489490491492493494495496497498499500501502503504505506507508509510511512513514515516517518519520521522523524525526527528529530531532533534535536537538539540541542543544545546547548549550551552553554555556557558559560561562563564565566567568569570571572573574575576577578579580581582583584585586587588589590591592593594595596597598599600601602603604605606607608609610611612613614615616617618619620621622623624625626627628629630631
Página siguiente