[:gl]Novas[:es]Noticias[:en]News[:]

Os participantes no Press Trip programado polo Clúster gozaron dunha selección de propostas de aloxamento, restauración e oferta complementaria.

 

Representantes de medios especializados de ámbito nacional, así como de espazos web e medios portugueses, gozaron desta experiencia.

 

Coa proposta do Club de Produto Galicia Destino Sostible como principal atractivo e os moitos e variados atractivos da nosa terra como pano de fondo, o Clúster desenvolveu en días pasados un Press Trip para dar a coñecer o contido desta iniciativa a un grupo de xornalistas de medios de ámbito nacional, espazos web e representantes da prensa portuguesa.

 

Os participantes percorreron entre o xoves 10 e o sábado 12 parte de Galicia descubrindo algúns dos espazos naturais e paisaxísticos máis destacados da comunidade e deixándose conquistar pola oferta de aloxamentos, restauración e propostas complementarias que o sector turístico galego pon ao alcance de todos aqueles que nos visitan.

 

Viajablog, Traveler, Tiempo.es Un Mundo Alrededor, Revista Renfe, Gente Viajera Onda Cero, Tusdestinos, National Geographic Viajes, Revista Otros Destino, Diario do Minho e a revista Minha foron os medios que estiveron representados neste Press Trip cuxa primeira parada foi na Coruña para percorrer en bicicleta eléctrica o seu paseo marítimo. Despois, os participantes tiveron tempo para visitar outros espazos emblemáticos como a localidade de Malpica, onde asistiron á poxa de peixe na lonxa; a Ribeira Sacra, para gozar das súas paisaxes, o seu patrimonio e a súa cultura vitivinícola, e a Rías Baixas, cuxas augas sucaron en barco para achegarse ao mundo da pesca e o marisqueo

 

O restaurante Curricán, o hotel spa A Quinta da Auga, a bodega Regina Viarum, o Ecomuseo Pazo de Arxeriz, o Parador de Monforte de Lemos, Quinta Sacra, Bluscus e o restaurante Pepe Vieira son algunhas das empresas que representaron a oferta turística gallega e a Galicia Destino Sostible  durante estas tres xornadas que se enmarcaron no programa de accións promocionais do novo club de produto posto en marcha polo Clúster co apoio da Xunta de Galicia e que en pouco máis de catro meses de vida supera xa o medio centenar de membros.

 

Os participantes, que tiveron ocasión de charlar co presidente do Clúster, Cesáreo Pardal, o resto dos membros do comité de avaliación do Club de Produto, e a directora da Axencia Turismo de Galicia, Nava Castro, mostraron a súa satisfacción pola experiencia vivida e a autenticidade das experiencias e actividades realizadas. Ademais, cualificaron de acerto a creación do Club de Produto.

 

 

13 de Novembro de 2022

Galicia Destino Sostible conquista a un grupo de xornalistas especializados

Os participantes no Press Trip programado polo Clúster gozaron dunha selección de propostas de aloxamento, restauración e oferta complementaria.   Representantes de medios especializados de ámbito […]
12 de Novembro de 2022

Galicia pecha a súa participación na World Travel Market de Londres 2022 con preto de 100 reunións con operadores internacionais

O Clúster Turismo de Galicia presentou a diferentes  multinacionais da industria turística o Club de Produto Galicia Destino Sostible   O destino Galicia foi o fío […]
11 de Novembro de 2022

Constituída a Mesa de Calidade do Destino SICTED en Ourense Termal

Varias entidades asociadas ao Clúster forman parte do novo organismo encargado de velar polo desenvolvemento do Plan de Sustentabilidade Turística impulsado pola Deputación de Ourense, Turismo […]
10 de Novembro de 2022

Proveitosa participación da misión comercial do Clúster na WTM de Londres

As empresas galegas desprazadas a Inglaterra mantiveron numerosos encontros para promocionar os seus produtos e o destino Galicia.   O Clúster puxo á súa disposición un […]
Página anterior
123456789101112131415161718192021222324252627282930313233343536373839404142434445464748495051525354555657585960616263646566676869707172737475767778798081828384858687888990919293949596979899100101102103104105106107108109110111112113114115116117118119120121122123124125126127128129130131132133134135136137138139140141142143144145146147148149150151152153154155156157158159160161162163164165166167168169170171172173174175176177178179180181182183184185186187188189190191192193194195196197198199200201202203204205206207208209210211212213214215216217218219220221222223224225226227228229230231232233234235236237238239240241242243244245246247248249250251252253254255256257258259260261262263264265266267268269270271272273274275276277278279280281282283284285286287288289290291292293294295296297298299300301302303304305306307308309310311312313314315316317318319320321322323324325326327328329330331332333334335336337338339340341342343344345346347348349350351352353354355356357358359360361362363364365366367368369370371372373374375376377378379380381382383384385386387388389390391392393394395396397398399400401402403404405406407408409410411412413414415416417418419420421422423424425426427428429430431432433434435436437438439440441442443444445446447448449450451452453454455456457458459460461462463464465466467468469470471472473474475476477478479480481482483484485486487488489490491492493494495496497498499500501502503504505506507508509510511512513514515516517518519520521522523524525526527528529530531532533534535536537538539540541542543544545546547548549550551552553554555556557558559560561562563564565566567568569570571572573574575576577578579580581582583584585586
Página siguiente