• A xornada, que tivo lugar o pasado 19 de novembro, revelou información relevante para a toma de decisión dos establecementos de aloxamento de Galicia.

O Clúster Turismo de Galicia celebrou a semana pasada unha xornada divulgativa con información de gran relevancia para a toma de decisión de todos aqueles establecementos de aloxamento de Galicia, dirixida a propietarios e directivos destas empresas.

 

O presidente do Clúster, Cesáreo Pardal, interveu na inauguración do encontro, resaltando a importancia da formación e da actualización constante de coñecementos e de dereitos para o sector, coma un dos obxectivos clave da entidade.

 

A primeira parte centrouse na Resolución “Booking”. A Comisión Galega da Competencia abordou os principais aspectos para unha libre competencia no sector turístico galego, afondando no expediente que a CNMC considerou acreditada a comisión de dúas infraccións únicas e continuadas do artigo 2 da LDC e 102 do TFUE por parte de Booking.com, consistentes nun abuso da posición do dominio de tipo explotativo, e outro abuso de posición de dominio de tipo exclusionario.

 

Na segunda parte, o Clúster presentou o Sistema de monitorización e análise de datos de establecementos aloxativos (SIMADA), un sistema que permite comparar os datos de ocupación con respecto ao destino ou a empresas similares no destino, os prezos, a evolución, etc.

 

A xornada, que foi retransmitida vía streaming, pódese revisionar a través da seguinte ligazón.

 

26 de Novembro de 2024

Así foi a xornada divulgativa sobre a competencia do sector turístico de Galicia, organizada polo Clúster coa colaboración da Comisión Galega da Competencia

A xornada, que tivo lugar o pasado 19 de novembro, revelou información relevante para a toma de decisión dos establecementos de aloxamento de Galicia. O Clúster […]
26 de Novembro de 2024

Turespaña quere posicionar a España como un destino internacional comprometido coa sostibilidade

Entre outras accións, pon en marcha a campaña publicitaria “España, destino slow travel”, destinada a incentivar as viaxes fóra de tempada e a lugares menos coñecidos. […]
26 de Novembro de 2024

O turismo activo en Galicia, unha aposta para loitar contra o Trastorno Afectivo Estacional

AGETAN, a Asociación Galega de Empresas de Turismo Activo, promove o turismo activo en Galicia para mellorar a saúde mental e física AGETAN busca axudar á […]
19 de Novembro de 2024

A oferta natural e cultural da España Verde destaca como alternativa turística

O destino turístico conformado por Galicia, Asturias, Cantabria e Euskadi recibiu un incremento do 17% en número de visitantes. A España Verde, o destino turístico que […]
Página anterior
123456789101112131415161718192021222324252627282930313233343536373839404142434445464748495051525354555657585960616263646566676869707172737475767778798081828384858687888990919293949596979899100101102103104105106107108109110111112113114115116117118119120121122123124125126127128129130131132133134135136137138139140141142143144145146147148149150151152153154155156157158159160161162163164165166167168169170171172173174175176177178179180181182183184185186187188189190191192193194195196197198199200201202203204205206207208209210211212213214215216217218219220221222223224225226227228229230231232233234235236237238239240241242243244245246247248249250251252253254255256257258259260261262263264265266267268269270271272273274275276277278279280281282283284285286287288289290291292293294295296297298299300301302303304305306307308309310311312313314315316317318319320321322323324325326327328329330331332333334335336337338339340341342343344345346347348349350351352353354355356357358359360361362363364365366367368369370371372373374375376377378379380381382383384385386387388389390391392393394395396397398399400401402403404405406407408409410411412413414415416417418419420421422423424425426427428429430431432433434435436437438439440441442443444445446447448449450451452453454455456457458459460461462463464465466467468469470471472473474475476477478479480481482483484485486487488489490491492493494495496497498499500501502503504505506507508509510511512513514515516517518519520521522523524525526527528529530531532533534535536537538539540541542543544545546547548549550551552553554555556557558559560561562563564565566567568569570571572573574575576577578579580581582583584585586587588589590591592593594595596597598599600601602603604605
Página siguiente