• A comitiva estivo encabezada polo presidente da Agrupación industrial, Cesáreo Pardal.

 

O Consello Executivo do Clúster Turismo de Galicia, encabezado polo seu presidente Cesáreo Pardal (Federación Galega de Turismo Rural, FEGATUR, e Asociación Profesional de Turismo Rural Campoemar) realizou a semana pasada unha visita ao Centro Integrado de Formación Profesional Carlos Oroza, en Pontevedra. Un encontro que reforza o compromiso do Clúster coa formación como piar estratéxico para o presente e o futuro do sector turístico galego.

 

A aposta pola capacitación, a retención e a captación de talento é unha liña prioritaria para a Clúster, en plena sintonía cos obxectivos marcados pola Estratexia de Turismo de Galicia 2030, que persegue un modelo turístico máis profesional, competitivo e inclusivo.

 

Acompañando ao presidente, participaron na visita o vicepresidente Jesús Picallo (Asociación Profesional de Empresarios do Camiño de Santiago a Fisterra e Muxía, SOLPOR), o tesoureiro Alfonso Martínez Cacheda (Consorcio de Empresarios Turísticos de Sanxenxo, CETS), o vogal José Francisco Real Castro (Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería de Lugo, APEHL), así como membros da secretaría técnica do Clúster.

 

Durante a visita, os membros do Consello Executivo puideron coñecer de preto os programas formativos do centro e as súas instalacións, compartir impresións co profesorado e a directiva, reforzando o vínculo entre o sector turístico e o ámbito educativo.

 

O CIFP Carlos Oroza conta cunha ampla oferta formativa para preparar a futuros profesionais de hostalería, turismo e industrias alimentarias. Podes consultar o seu catálogo formativo a través da seguinte ligazón.

 

12 de Maio de 2025

O Clúster Turismo de Galicia reafirma o seu compromiso coa formación profesional na súa visita ao CIFP Carlos Oroza

A comitiva estivo encabezada polo presidente da Agrupación industrial, Cesáreo Pardal.   O Consello Executivo do Clúster Turismo de Galicia, encabezado polo seu presidente Cesáreo Pardal […]
12 de Maio de 2025

Galicia impulsará o turismo termal con 7,8 millóns para novos hoteis balneario e talaso

O investimento canalizarase a través de dúas convocatorias diferentes, a primeira das cales xa saíu no DOG.   A Xunta de Galicia aprobou un investimento de […]
12 de Maio de 2025

Galicia reafirma o seu compromiso coa calidade ambiental: 191 distintivos azuis en 2025

108 bandeiras azuis para as praias galegas este ano.   Galicia contará este ano con 191 distintivos azuis, unha cifra que a consolida como a terceira […]
12 de Maio de 2025

Galicia brilla con sabor propio: 60 Estrelas Michelin daranse cita nunha nova edición de ‘Estrelas non Camiño’

Esta iniciativa cumpre a súa undécima edición e celebrarase na Finca Casa Barqueiro, en Negreira.   A alta cociña volve marcar unha parada clave no Camiño […]
Página anterior
123456789101112131415161718192021222324252627282930313233343536373839404142434445464748495051525354555657585960616263646566676869707172737475767778798081828384858687888990919293949596979899100101102103104105106107108109110111112113114115116117118119120121122123124125126127128129130131132133134135136137138139140141142143144145146147148149150151152153154155156157158159160161162163164165166167168169170171172173174175176177178179180181182183184185186187188189190191192193194195196197198199200201202203204205206207208209210211212213214215216217218219220221222223224225226227228229230231232233234235236237238239240241242243244245246247248249250251252253254255256257258259260261262263264265266267268269270271272273274275276277278279280281282283284285286287288289290291292293294295296297298299300301302303304305306307308309310311312313314315316317318319320321322323324325326327328329330331332333334335336337338339340341342343344345346347348349350351352353354355356357358359360361362363364365366367368369370371372373374375376377378379380381382383384385386387388389390391392393394395396397398399400401402403404405406407408409410411412413414415416417418419420421422423424425426427428429430431432433434435436437438439440441442443444445446447448449450451452453454455456457458459460461462463464465466467468469470471472473474475476477478479480481482483484485486487488489490491492493494495496497498499500501502503504505506507508509510511512513514515516517518519520521522523524525526527528529530531532533534535536537538539540541542543544545546547548549550551552553554555556557558559560561562563564565566567568569570571572573574575576577578579580581582583584585586587588589590591592593594595596597598599600601602603604605
Página siguiente