Celebrarase entre os meses de abril e decembro e este ano incorpora unha sétima categoría de actuación: o Turismo de Litoral.

 

Só dous meses despois da entrega de premios da súa primeira promoción, a Aceleradora de Proxectos Turísticos da Xunta (Turislab) prepara xa a súa segunda edición. Os aspirantes para participar neste programa de formación e monitoraxe impulsado polo Goberno galego a través da Axencia Turismo de Galicia e coa colaboración de empresas e entidades como o Clúster Turismo de Galicia poden presentar entre o 23 de febreiro e o 22 de marzo as súas propostas de solucións innovadoras para a mellora do sector turístico.

 

A segunda edición da Aceleradora celebrarase entre os meses de abril e decembro e volverá repartir 80.000 euros en premios directos. Ademais, permitirá aos promotores dos proxectos seleccionados participar nun programa de formación e mentorización que inclúe a posta á súa disposición de espazos para a aprendizaxe e o networking.

 

Unha vez finalizado o prazo de presentación de candidaturas (na primeira edición houbo máis de 80), serán preseleccionados 15 proxectos e 5 reservas para tomar parte na fase 1 da Aceleradora. Tras un mes de traballo seleccionaranse os 10 finalistas que participarán na fase 2, a parte central do programa, e que serán os que optarán aos premios finais.

 

O ano pasado foron seis as categorías nas que podían encadrarse as propostas presentadas: Camiño de Santiago, Sustentabilidade, Social Tech, Gastro Tech, Travel  Tech e Infrastructure Track. Nesta segunda edición incorpórase unha sétima categoría para cubrir outro ámbito de interese, o Turismo de litoral, entroncando así a iniciativa co Plan Territorial 2021 e dando cabida a outras iniciativas que poidan achegar un plus diferencial ao turismo galego desde o ámbito do turismo náutico e marítimo. Outra das novidades é a ampliación ata 2 anos do prazo máximo de actividade que poden ter as startups que queiran participar na convocatoria.

 

Os tres proxectos máis valorados ao final do programa serán premiados con 40.000, 20.000 e 15.000 euros e poderán acudir coa Axencia Turismo de Galicia a feiras e eventos do sector para promocionarse. Ademais, haberá un galardón en recoñecemento ao emprendedor dotado con 5.000 euros.

 

Equipo, impacto económico, orientación ao produto, factores de innovación, repercusión no sector turístico, escalabilidade e internacionalización son os criterios sobre os que terán que emitir a súa valoración de cada proxecto os membros do comité de selección.

24 de Febreiro de 2022
Entrega de premios de la primera edición de Turislab

Convocada a segunda edición da Aceleradora de Proxectos Turísticos da Xunta

Celebrarase entre os meses de abril e decembro e este ano incorpora unha sétima categoría de actuación: o Turismo de Litoral.   Só dous meses despois […]
22 de Febreiro de 2022

O Clúster incentiva a participación das empresas galegas na xornada virtual da ITB Berlín

A feira alemá celebrará o 19 de marzo un evento networking para poñer en contacto a profesionais e provedores de todo o mundo.   As consecuencias […]
21 de Febreiro de 2022

A oferta turística do Camiño de Santiago que aposta pola sustentabilidade

Aloxamentos, actividades e proxectos ligados ao Clúster Turismo de Galicia apostan por dinamizar rutas xacobeas priorizando o coidado e o desenvolvemento da contorna.   O Camiño […]
20 de Febreiro de 2022

O sector turístico galego pechou o 2021 cunha alza do emprego dun 2,2 % con respecto ao último trimestre do 2020

Galicia acabou o ano como a sétima comunidade con máis traballadores ocupados no sector: máis de 107.000.   O reconto de datos do sector turístico do […]
Página anterior
123456789101112131415161718192021222324252627282930313233343536373839404142434445464748495051525354555657585960616263646566676869707172737475767778798081828384858687888990919293949596979899100101102103104105106107108109110111112113114115116117118119120121122123124125126127128129130131132133134135136137138139140141142143144145146147148149150151152153154155156157158159160161162163164165166167168169170171172173174175176177178179180181182183184185186187188189190191192193194195196197198199200201202203204205206207208209210211212213214215216217218219220221222223224225226227228229230231232233234235236237238239240241242243244245246247248249250251252253254255256257258259260261262263264265266267268269270271272273274275276277278279280281282283284285286287288289290291292293294295296297298299300301302303304305306307308309310311312313314315316317318319320321322323324325326327328329330331332333334335336337338339340341342343344345346347348349350351352353354355356357358359360361362363364365366367368369370371372373374375376377378379380381382383384385386387388389390391392393394395396397398399400401402403404405406407408409410411412413414415416417418419420421422423424425426427428429430431432433434435436437438439440441442443444445446447448449450451452453454455456457458459460461462463464465466467468469470471472473474475476477478479480481482483484485486487488489490491492493494495496497498499500501502503504505506507508509510511512513514515516517518519520521522523524525526527528529530531532533534535536537538539540541542543544545546547548549550551552553554555556557558559560561562563
Página siguiente