• O 53% dos españois apenas necesita entre unha e dúas semanas para planificar a súa viaxe.
  • O 38% dos españois recoñece que cada vez improvisa máis á hora de viaxar.

 

A navieira Royal Caribbean publicou un estudo sobre o comportamento dos turistas españois á hora de planificar as súas vacacións. Segundo este, o 53% dos españois apenas necesita entre unha ou dúas semanas para planificar a súa viaxe. Ademais, o 38% dos recoñece que cada vez improvisa máis á hora de viaxar, tan só superados polos viaxeiros irlandeses (43%).

 

O estudo, no cal participaron 14.000 persoas de España, Alemaña, Italia, Irlanda, Noruega, Reino Unido e Suecia, tamén mostra que un 65% dos españois considera os cruceiros como unha boa opción de vacacións de último minuto.

 

Destinos

 

O informe indica que un 32% dos españois prefire visitar diferentes destinos nas súas vacacións, sendo a xuventude a máis disposta a aproveitar as súas viaxes ao máximo. Un 40% dos menores de 34 anos asegura que desexa gozar de varios destinos durante as súas vacacións; unha tendencia que diminúe coa idade, con só un 18% dos maiores de 65 anos interesados en visitar varias localizacións.

 

O 82% dos viaxeiros considera que as vacacións son o mellor momento para probar novas experiencias e saír da zona de confort.

 

Acompañamento

 

No que respecta a acompañantes, o 46% das persoas prefiren viaxar en parella, seguido da opción de facelo con nenos (27%), ou con amigos (26%). En cambio, o 20% das persoas declara estar considerando unha viaxe en solitario nos vindeiros anos.

 

Un 30% das mulleres prefire ir con amigas, mentres que un 25% prefire con nenos. No caso dos homes, a porcentaxe sitúase nun 29% e un 21% respectivamente.

08 de Agosto de 2023

Máis da metade dos españois planifica as súas vacacións no último momento, segundo Royal Caribbean

O 53% dos españois apenas necesita entre unha e dúas semanas para planificar a súa viaxe. O 38% dos españois recoñece que cada vez improvisa máis […]
08 de Agosto de 2023

“Turismo e investimentos verdes”, lema do Día Mundial do Turismo 2023

A Organización Mundial do Turismo (OMT) convida a unirse á celebración do 27 de setembro investindo nas persoas, no planeta e na prosperidade.   Comeza a […]
08 de Agosto de 2023

Aberta a convocatoria de axudas do programa ‘Experiencias Turismo España’

O programa busca impulsar proxectos de redes de actores que desenvolvan experiencias turísticas sostibles, dixitais, integradoras e competitivas. O prazo de solicitudes está aberto ata o […]
08 de Agosto de 2023

Galicia aposta pola promoción turística conxunta coa marca España Verde

A semana pasada tivo lugar a comisión de seguimento desta marca turística, da que forman parte Galicia, Asturias, Cantabria, País Vasco, e Turespaña.   O encontro […]
Página anterior
123456789101112131415161718192021222324252627282930313233343536373839404142434445464748495051525354555657585960616263646566676869707172737475767778798081828384858687888990919293949596979899100101102103104105106107108109110111112113114115116117118119120121122123124125126127128129130131132133134135136137138139140141142143144145146147148149150151152153154155156157158159160161162163164165166167168169170171172173174175176177178179180181182183184185186187188189190191192193194195196197198199200201202203204205206207208209210211212213214215216217218219220221222223224225226227228229230231232233234235236237238239240241242243244245246247248249250251252253254255256257258259260261262263264265266267268269270271272273274275276277278279280281282283284285286287288289290291292293294295296297298299300301302303304305306307308309310311312313314315316317318319320321322323324325326327328329330331332333334335336337338339340341342343344345346347348349350351352353354355356357358359360361362363364365366367368369370371372373374375376377378379380381382383384385386387388389390391392393394395396397398399400401402403404405406407408409410411412413414415416417418419420421422423424425426427428429430431432433434435436437438439440441442443444445446447448449450451452453454455456457458459460461462463464465466467468469470471472473474475476477478479480481482483484485486487488489490491492493494495496497498499500501502503504505506507508509510511512513514515516517518519520521522523524525526527528529530531532533534535536537538539540541542543544545546547548549550551552553554555556557558559560561562563564565566567568569570571572573574575576577578579580581582583584585586587588589590591592593594595596597598599600601602603604605606607608609610611612613614615616617618
Página siguiente