España consolídase coma un dos destinos turísticos máis valorados a nivel mundial, segundo recollen os Estudos de Mercado 2025 elaborados por Turespaña. A análise, que examina 25 mercados emisores e compara datos con 17 países competidores, subliña a fortaleza do país en aspectos clave como a seguridade, a sustentabilidade, a autenticidade da experiencia e a calidade da súa oferta.
O informe confirma a recuperación do turismo internacional, cun aumento significativo na chegada de viaxeiros, o gasto turístico e a capacidade aérea. Ademais, destaca o crecente interese por propostas centradas na cultura, a gastronomía e o contacto coa natureza, así como a boa percepción da hospitalidade española.
Entre os mercados emisores máis relevantes, Reino Unido mantén a España como o seu destino favorito, seguido de Alemaña, onde se valoran especialmente as experiencias de benestar e sostibles. Francia, pola súa banda, mostra unha fidelidade crecente grazas á proximidade e a competitiva relación calidade-prezo. No ámbito intercontinental, Estados Unidos reafírmase como un mercado lrave por volume de gasto e Brasil e China rexistran tamén un forte interese polos circuítos culturais e gastronómicos que ofrece o noso país.
A pesar desta tendencia positiva, o informe sinala varios retos a curto e medio prazo: a inflación, os custos do transporte e a preocupación global polo cambio climático e a presión turística. Con todo, España mantén a súa capacidade de adaptación e unha conectividade aérea en expansión, que permiten ao sector afrontar estes desafíos con perspectivas de crecemento sostido.
Os Estudos de Mercado 2025 están dispoñibles na web oficial de Turespaña.