• Un ano máis, o CTG poñerá a disposición dos asociados varias mesas nas que poderán manter reunións con operadores turísticos durante a Feira Internacional de Turismo.

 

Coa chegada do 2024, chega tamén a Feira Internacional de Turismo (FITUR). Un ano máis, o Clúster Turismo de Galicia xestionará o espazo de negocios do stand de Galicia, no que poñerá a disposición dos asociados 13 mesas nas que poderán manter reunións con operadores turísticos.

 

Desde o Clúster habilitouse a conta de correo electrónico fitur@clusterturismogalicia.com para a solicitude de reservas de data e hora para as mesas. No correo deberase indicar a empresa e o operador co que se vai realizar a reunión, así como o número de persoas que asistirán á reunión. Para cada encontro estableceuse unha franxa de 30 minutos de duración. Ademais disto, na propia feira, os asociados terán á súa disposición unha persoa que se encargará da xestión destas citas, e do control das mesas.

 

A Feira Internacional de Turismo celebrarase do 24 ao 28 de xaneiro en IFEMA, Madrid. O acceso profesional será do 24 ata o 26 de xaneiro, cun horario desde as dez da mañá ata as sete da tarde.

 

Se estás interesado en asistir ao evento, lembra que podes conseguir o teu pase profesional con desconto ata o 28 de decembro a través da páxina web de FITUR. O pase profesional de 1 día ten un prezo de 21 € (12 € co desconto); mentres que o pase profesional permanente ten un prezo de 42 € (24 € co desconto).

26 de Decembro de 2023

O Clúster xestionará o espazo de negocios do espazo de Galicia en FITUR 2024

Un ano máis, o CTG poñerá a disposición dos asociados varias mesas nas que poderán manter reunións con operadores turísticos durante a Feira Internacional de Turismo. […]
26 de Decembro de 2023

Galicia liderará o proxecto da España Verde en 2024

Galicia, Asturias, Cantabria e Euskadi son as catro comunidades que integran o territorio da España Verde. Entre os proxectos que abordará esta marca turística atópase o […]
26 de Decembro de 2023

Pontevedra, a cidade máis buscada de España para viaxar en 2024, segundo Booking

A cidade pontevedresa converterase no destino español máis buscado polos viaxeiros de todo o mundo para o vindeiro ano. Lugo, sexto destino máis buscado para irse […]
26 de Decembro de 2023

O Clúster Turismo de Galicia colabora coa Xunta de Galicia na posta en marcha do carné +65

Esta tarxeta, para os cidadáns maiores de 65 anos, ofrece descontos e vantaxes en múltiples entidades e establecementos en Galicia. As entidades interesadas en colaborar na […]
Página anterior
123456789101112131415161718192021222324252627282930313233343536373839404142434445464748495051525354555657585960616263646566676869707172737475767778798081828384858687888990919293949596979899100101102103104105106107108109110111112113114115116117118119120121122123124125126127128129130131132133134135136137138139140141142143144145146147148149150151152153154155156157158159160161162163164165166167168169170171172173174175176177178179180181182183184185186187188189190191192193194195196197198199200201202203204205206207208209210211212213214215216217218219220221222223224225226227228229230231232233234235236237238239240241242243244245246247248249250251252253254255256257258259260261262263264265266267268269270271272273274275276277278279280281282283284285286287288289290291292293294295296297298299300301302303304305306307308309310311312313314315316317318319320321322323324325326327328329330331332333334335336337338339340341342343344345346347348349350351352353354355356357358359360361362363364365366367368369370371372373374375376377378379380381382383384385386387388389390391392393394395396397398399400401402403404405406407408409410411412413414415416417418419420421422423424425426427428429430431432433434435436437438439440441442443444445446447448449450451452453454455456457458459460461462463464465466467468469470471472473474475476477478479480481482483484485486487488489490491492493494495496497498499500501502503504505506507508509510511512513514515516517518519520521522523524525526527528529530531532533534535536537538539540541542543544545546547548549550551552553554555556557558559560561562563564565566567568569570571572573574575576577578579580581582583584585586587588589590591592593594595596597598599600601602603604605
Página siguiente