O presidente do Clúster Turismo de Galicia tomou parte na presentación das candidaturas para o programa extraordinario realizada pola directora de Turismo de Galicia.

 

Cinco proxectos e un investimento total de case 24 millóns de euros para o período 2023-2025. Eses son os principais datos das Actuacións de Cohesión entre Destinos  coas que a Xunta optará aos fondos do Programa Extraordinario de Plans de Sustentabilidade Turística en Destinos. Así o avanzou a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, nun acto celebrado o venres nas instalacións do Centro Superior de Hostalería de Galicia coa participación da responsable desta institución, Marta Fernández; a secretaria xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Luisa Boquete, e o presidente do Clúster Turismo de Galicia, Cesáreo Pardal, encargado unha vez máis de dar voz ao sector.

 

Tres deses proxectos enmárcanse no Plan Territorial de Enogastronomía e están valorados en 15,85 millóns de euros. Un deles, por importe de 5,85 millóns de euros, está centrado na mobilidade en vehículos eléctricos e expón o desenvolvemento de itinerarios polas distintas localizacións das cinco Rutas do Viño de Galicia dotándoas de puntos de recarga. Outro dos proxectos (cun orzamento de 6,45 millóns) está centrado na adecuación das instalación e dos recursos enoturísticos para ofrecer experiencias adaptadas e inmersivas aos visitantes. O terceiro proxecto deste apartado consiste no desenvolvemento do  Hub Galicia  Gastro  Experience, un centro de innovación e investigación destinado aos profesionais da restauración e cuxo custo de execución será de 3,55 millóns.

 

As outras dúas propostas da candidatura da Xunta enmárcanse no Plan Nacional e están dirixidos á mobilidade sostible. En ambos os casos o orzamento ascende a 4 millóns de euros. Un deles planea a implantación dun servizo de pequenos cruceiros fluviais polo enodestino Miño e o outro inclúe actuacións de mellora da mobilidade nos territorios das denominacións de orixe e as indicacións xeográficas protexidas.

20 de Maio de 2022

La Xunta opta aos plans de sustentabilidade turística en destino con 5 proxetos valorados en 24 millones de euros

O presidente do Clúster Turismo de Galicia tomou parte na presentación das candidaturas para o programa extraordinario realizada pola directora de Turismo de Galicia.   Cinco […]
19 de Maio de 2022

O Clúster continúa no Porto a campaña de internacionalización do Destino Galicia

Unha trintena de empresas galegas participaron nun workshop con emisores portugueses para expoñer a variada oferta turística da nosa Comunidade.   O chef galego Iván Domínguez […]
18 de Maio de 2022

Os museos autonómicos recuperan o número de visitantes previo á pandemia

Case a metade dos turistas que chegan a Galicia sinala entre as actividades para realizar a visita a museos e monumentos.   As últimas cifras de […]
10 de Maio de 2022

Galicia estreita vínculos con Canarias para incrementar o fluxo turístico entre as illas e a comunidade

O Clúster Turismo de Galicia organiza dous workshops hoxe e mañá nas Palmas de Gran Canaria e Santa Cruz de Tenerife.   Preto 30 empresas galegas […]
Página anterior
123456789101112131415161718192021222324252627282930313233343536373839404142434445464748495051525354555657585960616263646566676869707172737475767778798081828384858687888990919293949596979899100101102103104105106107108109110111112113114115116117118119120121122123124125126127128129130131132133134135136137138139140141142143144145146147148149150151152153154155156157158159160161162163164165166167168169170171172173174175176177178179180181182183184185186187188189190191192193194195196197198199200201202203204205206207208209210211212213214215216217218219220221222223224225226227228229230231232233234235236237238239240241242243244245246247248249250251252253254255256257258259260261262263264265266267268269270271272273274275276277278279280281282283284285286287288289290291292293294295296297298299300301302303304305306307308309310311312313314315316317318319320321322323324325326327328329330331332333334335336337338339340341342343344345346347348349350351352353354355356357358359360361362363364365366367368369370371372373374375376377378379380381382383384385386387388389390391392393394395396397398399400401402403404405406407408409410411412413414415416417418419420421422423424425426427428429430431432433434435436437438439440441442443444445446447448449450451452453454455456457458459460461462463464465466467468469470471472473474475476477478479480481482483484485486487488489490491492493494495496497498499500501502503504505506507508509510511512513514515516517518519520521522523524525526527528529530531532533534535536537538539540541542543544545546
Página siguiente