• Galiwonders e Gran Hotel Los Abetos son as novas empresas que xa forman parte do club ‘Galicia Destino Sostible’.
  • Esta iniciativa conta actualmente con máis de 150 experiencias e máis de 90 empresas adheridas, e segue aberta a recibir novos membros.

A marca turística ‘Galicia Destino Sostible‘ suma esta semana dúas novas incorporacións. Durante a reunión deste martes, 2 de abril, o comité de avaliación aprobou as solicitudes presentadas polos responsables das empresas Galiwonders e Gran Hotel Los Abetos.

 

Estas entidades súmanse a un grupo do que forman parte os sectores das axencias de viaxe, restauración, aloxamento e a oferta turística complementaria. Agora o club ofrece máis de 150 experiencias que proveñen de máis de 90 empresas diferentes.

 

O Club de Produto Galicia Destino Sostible, unha iniciativa impulsada polo Clúster Turismo de Galicia co apoio da Xunta de Galicia no 2022, ten como obxectivo principal resaltar e integrar a oferta turística galega que promove o desenvolvemento sostible do destino, buscando situarse como referente tanto a nivel nacional como internacional. Este club de produto turístico abarca diversas facetas da oferta galega, promovendo o respecto ao medio ambiente, á cultura e á sociedade.

 

A través da súa plataforma en liña, galiciadestinosostible.com, o club serve de punto de encontro entre os turistas e as empresas, facilitando o acceso á ampla oferta turística sostible de Galicia. Dende rutas en camper, en barco, en bicicleta ou a pé, ata paquetes turísticos que ofrecen aventura, deporte, gastronomía, enocultura e aloxamento, o portal conta cunha variedade de opcións para todos os gustos e preferencias.

 

Para as empresas interesadas en unirse ao club, hai a posibilidade de solicitar a adhesión a través do formulario dispoñible na súa páxina web. É importante sinalar que se a empresa posúe algún tipo de certificación oficial de sostibilidade ou ambiental, como a S do ICTE, Biosphere, Green Key, EU Ecolabel, Green Globe21, Travellife, Rainforest Alliance Certified, ou Estrela Verde da Guía Michelin, ou pertence a Turismo Slow, poderá adherirse directamente, xa que estas certificacións son consideradas como requisitos habilitantes. No caso de non posuír ningunha certificación, a empresa poderá adherirse se cumpre o 100% dos requisitos obrigatorios e, polo menos, o 33% dos valorables. Para obter máis información, as empresas poden contactar a través do número 881 505 102 ou do correo electrónico info@galiciadestinosostible.com.

02 de Abril de 2024

O Club de Produto ‘Galicia Destino Sostible’ suma dúas novas empresas

Galiwonders e Gran Hotel Los Abetos son as novas empresas que xa forman parte do club ‘Galicia Destino Sostible’. Esta iniciativa conta actualmente con máis de […]
02 de Abril de 2024

O Galicia Fórum Gastronómico acende os seus fogóns a vindeira fin de semana

O encontro, no que participarán máis de 200 expositores, reunirá na Coruña a 25 Estrelas Michelin. A vindeira edición do Galicia Fórum Gastronómico celebrarase do 7 ao […]
01 de Abril de 2024

Prego de condicións que rexen a contratación do servizo para a “POSTA EN MARCHA DUNHA CAMPAÑA DE PROMOCIÓN AO PÚBLICO FINAL DO CLUB DE PRODUTO GALICIA DESTINO SOSTIBLE” coa colaboración da Xunta de Galicia-Axencia de Turismo de Galicia

Prazo aberto para a presentación de propostas ate o 16 de abril de 2024 Descarga os pregos
26 de Marzo de 2024

As 9 festas de Semana Santa en Galicia de Interese Turístico

Sete destas festividades foron recoñecidas como de Interese Turístico e, dúas máis, alcanzaron a distinción de Festa de Interese Turístico Internacional. En Galicia, a Semana Santa […]
Página anterior
123456789101112131415161718192021222324252627282930313233343536373839404142434445464748495051525354555657585960616263646566676869707172737475767778798081828384858687888990919293949596979899100101102103104105106107108109110111112113114115116117118119120121122123124125126127128129130131132133134135136137138139140141142143144145146147148149150151152153154155156157158159160161162163164165166167168169170171172173174175176177178179180181182183184185186187188189190191192193194195196197198199200201202203204205206207208209210211212213214215216217218219220221222223224225226227228229230231232233234235236237238239240241242243244245246247248249250251252253254255256257258259260261262263264265266267268269270271272273274275276277278279280281282283284285286287288289290291292293294295296297298299300301302303304305306307308309310311312313314315316317318319320321322323324325326327328329330331332333334335336337338339340341342343344345346347348349350351352353354355356357358359360361362363364365366367368369370371372373374375376377378379380381382383384385386387388389390391392393394395396397398399400401402403404405406407408409410411412413414415416417418419420421422423424425426427428429430431432433434435436437438439440441442443444445446447448449450451452453454455456457458459460461462463464465466467468469470471472473474475476477478479480481482483484485486487488489490491492493494495496497498499500501502503504505506507508509510511512513514515516517518519520521522523524525526527528529530531532533534535536537538539540541542543544545546547548549550551552553554555556557558559560561562563564565566567568569
Página siguiente