• Co SIMADA é posible monitorizar datos de apertura de establecementos, capacidade dispoñible, contratación, provisionamiento, fixación de prezos, datos de ocupación… e moito máis.

 

As empresas de aloxamento incorporadas ao Sistema de Monitorización e Análise de Datos de Aloxamento (SIMADA) xa trasladaron a súa satisfacción cos resultados que esta ferramenta ofrécelles. O acceso a información fiable e actualizada sobre ocupación, prezos e canles de venda está a facilitar ás empresas optimizar as súas estratexias comerciais, axustar prezos con maior precisión e mellorar a súa competitividade no mercado.

 

SIMADA, posta en marcha polo Clúster Turismo de Galicia co financiamento da Axencia Turismo de Galicia e presentada en Fitur 2025, é unha plataforma gratuíta, sinxela e segura que permite aos aloxamentos dispoñer de datos esenciais en tempo real. O seu funcionamento baséase na consulta de sistemas de xestión dos propios establecementos, complementados con datos de web scrapping de sitios relevantes de comercialización turística e información estatística do INE ou AENA, e sempre baixo criterios de confidencialidade.

 

Grazas a esta ferramenta, as empresas de aloxamento poden anticiparse ás tendencias do mercado, tomar decisións de apertura, contratación ou fixación de prezos máis fundamentadas, e adaptar a súa oferta en función da demanda real e proxectada.

 

Canto maior sexa o número de empresas adheridas ao sistema, maior será a calidade dos datos obtidos. Cumprimenta o seguinte formulario de inscrición para unirte ao SIMADA. Para máis información ou para resolver calquera dúbida, as empresas interesadas poden contactar co Clúster Turismo de Galicia a través do correo secretariatecnica@clusterturismogalicia.com ou no teléfono 881 247 436.

 

 

Informes de Previsiones

 

Ademais dos beneficios que a ferramenta achega para as empresas adheridas, o Clúster Turismo de Galicia emprega SIMADA como soporte para analizar as carteiras de reserva e balances de ocupación en períodos clave, como xa sucedeu esta pasada Semana Santa, e seguirá a empregar para monitorizar a evolución da demanda en pontes de interese, campañas estivais e outras datas estratéxicas.

 

Precisamente, xa se poden consultar os primeiros datos para esta próxima ponte de maio. Segundo os datos recollidos, as noites do xoves, venres e sábado presentan taxas de reserva do 53%, 56% e 55% respectivamente, descendendo o domingo ao 21%. A estancia media sitúase ao redor das tres noites, con prezos medios que alcanzan os 80 € o venres e sábado, baixando a 64 € o domingo e partindo de 74 € o xoves. En canto á procedencia dos visitantes, o 29% das reservas xa confirmadas corresponde a turistas estranxeiros, unha porcentaxe que previsiblemente aumentará, dado que aínda non se coñece a orixe do 24% restante. Cabe destacar, ademais, o peso de mercados internacionais como Portugal e América do Norte.

29 de Abril de 2025

As empresas incorporadas ao SIMADA destacan a utilidade da ferramenta para a toma de decisións estratéxicas

Co SIMADA é posible monitorizar datos de apertura de establecementos, capacidade dispoñible, contratación, provisionamiento, fixación de prezos, datos de ocupación… e moito máis.   As empresas […]
29 de Abril de 2025

As Rutas do Viño de Galicia abren as súas portas na 14ª da Primavera de Portas Abertas

Turismo de Galicia e as cinco Rutas do Viño presentaron unha programación con catas, degustacións, visitas guiadas, paseos en barco, talleres, e diversas actividades.   O […]
29 de Abril de 2025

O Clúster lanza ‘+ Galicia, + Sostible’, unha nova campaña de promoción turística que convida a visitar Galicia de forma consciente con ‘Galicia Destino Sostible’

A campaña divídese en dúas vagas, de abril a maio e de outubro a novembro de 2025. Unha landing web, sorteos en redes sociais, unha peza […]
23 de Abril de 2025

Trevinca-Valdeorras afianza a súa aposta por un turismo sustentable con 21 novas ecoexperiencias impulsadas desde o propio territorio

O xeodestino Trevinca-Valdeorras consolida o seu compromiso cun modelo turístico sustentable e con identidade propia a través do impulso das Ecoexperiencias Trevinca-Valdeorras, unha proposta innovadora nacida […]
Página anterior
123456789101112131415161718192021222324252627282930313233343536373839404142434445464748495051525354555657585960616263646566676869707172737475767778798081828384858687888990919293949596979899100101102103104105106107108109110111112113114115116117118119120121122123124125126127128129130131132133134135136137138139140141142143144145146147148149150151152153154155156157158159160161162163164165166167168169170171172173174175176177178179180181182183184185186187188189190191192193194195196197198199200201202203204205206207208209210211212213214215216217218219220221222223224225226227228229230231232233234235236237238239240241242243244245246247248249250251252253254255256257258259260261262263264265266267268269270271272273274275276277278279280281282283284285286287288289290291292293294295296297298299300301302303304305306307308309310311312313314315316317318319320321322323324325326327328329330331332333334335336337338339340341342343344345346347348349350351352353354355356357358359360361362363364365366367368369370371372373374375376377378379380381382383384385386387388389390391392393394395396397398399400401402403404405406407408409410411412413414415416417418419420421422423424425426427428429430431432433434435436437438439440441442443444445446447448449450451452453454455456457458459460461462463464465466467468469470471472473474475476477478479480481482483484485486487488489490491492493494495496497498499500501502503504505506507508509510511512513514515516517518519520521522523524525526527528529530531532533534535536537538539540541542543544545546547548549550551552553554555556557558559560561562563564565566567568569570571572573574575576577578579580581582583584585586587588589590591592593594595596597598599600601602603604605606
Página siguiente