• O turismo internacional acadou un máximo histórico nos seis primeiros meses do ano, chegando ao 30% de visitantes.
  • A Comunidade superou nun 12% o número de viaxeiros aloxados, en nun 9% o número de noites.

 

Galicia rexistrou un forte incremento no que a turismo internacional se refire, obtendo o máximo da serie histórica nos primeiros seis meses deste 2023. Segundo os datos de ocupación do Instituto Nacional de Estadística (INE), durante este período a Comunidade rexistrou 2.040.435 viaxeiros aloxados e 3,6 millóns de noites no conxunto dos establecementos de aloxamento (hoteis, pensións, apartamentos turísticos, cámpings, turismo rural e albergues). Ditas cifras superan os datos do ano pasado cun 12% e 9% respectivamente.

 

Estudando os datos, a maior parte do turismo continúa sendo de ámbito nacional: os españois que proceden doutras comunidades autónomas representan o 44% do total, mentres que os residentes galegos constitúen o 26%.

 

O turismo internacional presenta un forte incremento, acadando en 2023 un máximo da serie histórica dos primeiros seis meses do ano: o 30% da demanda foi internacional, chegando ás 1,1 millóns de noites nos establecementos de aloxamento.

 

No seu estudo sobre o mercado turístico hoteleiro, o INE tamén achegou datos por provincias. Neste caso o 47% das noites hoteleiras rexistrounas A Coruña, seguida por Pontevedra co 31%; Lugo co 13% e Ourense co 8% do total. O litoral atlántico mantense como foco de interese turístico, acumulando o 79% das noites entre A Coruña e Pontevedra.

01 de Agosto de 2023

Galicia rexistra novo récord de turismo internacional nos seis primeiros meses do ano

O turismo internacional acadou un máximo histórico nos seis primeiros meses do ano, chegando ao 30% de visitantes. A Comunidade superou nun 12% o número de […]
01 de Agosto de 2023

O programa Xacobeo Xove suma máis de 40 experiencias para gozar do Camiño de Santiago

Con esta iniciativa as persoas de entre 18 e 30 anos co Carné Xove activo poden obter descontos de 200 € en experiencias do Camiño de […]
01 de Agosto de 2023

O Clúster mantén activo o seu servizo de consultoría gratuíto para a obtención ou mantemento da Q de Calidade e da S de Sustentabilidade das organizacións turísticas

As empresas interesadas no servizo poden recibir máis información a través do correo electrónico secretariatecnica@clusterturismogalicia.com ou do teléfono 881 24 74 36.   O Clúster Turismo […]
26 de Xullo de 2023

A Xunta convoca as axudas DeseñaPeme e InnovaPeme 2023

Dirixidas para o financiamento das actividades en plans de deseño para a innovación e a sustentabilidade, e en plans de innovación e procesos de organización para […]
Página anterior
123456789101112131415161718192021222324252627282930313233343536373839404142434445464748495051525354555657585960616263646566676869707172737475767778798081828384858687888990919293949596979899100101102103104105106107108109110111112113114115116117118119120121122123124125126127128129130131132133134135136137138139140141142143144145146147148149150151152153154155156157158159160161162163164165166167168169170171172173174175176177178179180181182183184185186187188189190191192193194195196197198199200201202203204205206207208209210211212213214215216217218219220221222223224225226227228229230231232233234235236237238239240241242243244245246247248249250251252253254255256257258259260261262263264265266267268269270271272273274275276277278279280281282283284285286287288289290291292293294295296297298299300301302303304305306307308309310311312313314315316317318319320321322323324325326327328329330331332333334335336337338339340341342343344345346347348349350351352353354355356357358359360361362363364365366367368369370371372373374375376377378379380381382383384385386387388389390391392393394395396397398399400401402403404405406407408409410411412413414415416417418419420421422423424425426427428429430431432433434435436437438439440441442443444445446447448449450451452453454455456457458459460461462463464465466467468469470471472473474475476477478479480481482483484485486487488489490491492493494495496497498499500501502503504505506507508509510511512513514515516517518519520521522523524525526527528529530531532533534535536537538539540541542543544545546547548549550551552553554555556557558559560561562563564565566567568569570571572573574575576577578579580581582583584585586587588589590591592593594595596597598599600601602
Página siguiente