• A iniciativa, vinculada á marca “Galicia Destino Familiar”, convida a redescubrir Galicia como un destino acolledor, auténtico e perfecto para gozar en familia.

 

O Clúster Turismo de Galicia, co apoio da Xunta de Galicia-Axencia Turismo de Galicia, puxo en marcha a nova campaña “Galicia, tan de todos”, unha acción promocional que busca reforzar o posicionamento da comunidade coma un destino familiar, sostible e acolledor, así como desestacionalizar a demanda turística. A iniciativa, impulsada baixo o selo “Galicia Destino Familiar” (GDF), desenvolverase ata finais de novembro co obxectivo de mostrar que Galicia “non só se visita, séntese”.

 

A campaña parte dunha mensaxe emocional que pon en valor a autenticidade de Galicia no outono, unha época na que a comunidade mostra a súa faceta máis íntima e acolledora. A través do concepto “tan de todos”, a acción transmite a idea de que Galicia é un lugar que acolle, comparte e pertence a todos, desde as familias galegas que buscan un respiro da rutina ata quen a descobre por primeira vez.

 

  • Unha Galicia para tódalas familias

 

“Galicia, tan de todos” reivindica o papel de Galicia coma un destino que ofrece experiencias para todo tipo de familias: aquelas que buscan descanso e conexión, e as que prefiren movemento e aventura. Cun enfoque cálido e próximo, a campaña mostra escenas cotiás que evocan recordos e emocións compartidas (plans improvisados en días de choiva, sobremesas eternas ou historias contadas á beira do lume), lembrando que os pequenos momentos son os que fan especial cada escapada.

 

  • Accións da campaña

 

A iniciativa combina accións de promoción audiovisual, dixital e participativa co fin de xerar visibilidade e fortalecer a comunidade ao redor de “Galicia Destino Familiar”:

 

  1. Peza audiovisual principal. Un vídeo que plasma a esencia emocional da campaña, que presenta o concepto “Galicia, tan de todos” e que convida a redescubrir a Comunidade como un destino acolledor, auténtico e perfecto para as familias no outono. A peza combina escenas cotiás que evocan recordos compartidos, momentos de conexión e a calidez propia desta época do ano, reforzando a mensaxe de que Galicia sente tanto como se visita.
  2. Cinco pílulas audiovisuais centradas en momentos familiares: tardes de choiva, historias compartidas, sobremesas eternas, días sen présa e o espírito “tan de todos”.
  3. Landing web oficial, dispoñible en com. Recompila os materiais de campaña, información sobre “Galicia Destino Familiar” e un directorio cos establecementos adheridos ao selo, enlazando directamente coas súas webs oficiais.
  4. Campaña de paid media: difusión segmentada en redes sociais e Google Ads para incrementar a notoriedade da marca e fomentar a xeración de leads.
  5. Sorteo en redes sociais. Cun premio valorado en 300 euros a trocar en calquera dos establecementos GDF, destinado a premiar á comunidade dixital da marca e dar visibilidade á súa oferta turística.

 

Con “Galicia, tan de todos”, o Clúster Turismo de Galicia reafirma o seu compromiso cun modelo turístico responsable, desestacionalizado e orientado ás persoas, poñendo en valor a Galicia máis próxima, emocional e familiar.

 

 

  • Adhesión a “Galicia Destino Familiar”

 

Se tes un establecemento ou desenvolves unha actividade de calidade apta para familias, contacta a través da páxina oficial da marca para coñecer os requisitos específicos para formar parte desta rede. Deste xeito, gañarás visibilidade e contarás cun selo e marca de garantía de calidade como establecemento enfocado ás familias.

18 de Novembro de 2025

O Clúster lanza a campaña “Galicia, tan de todos” para impulsar o turismo familiar con “Galicia Destino Familiar”

A iniciativa, vinculada á marca “Galicia Destino Familiar”, convida a redescubrir Galicia como un destino acolledor, auténtico e perfecto para gozar en familia.   O Clúster […]
18 de Novembro de 2025

Ampliado o prazo para solicitar as axudas destinadas a mellorar a imaxe dos establecementos turísticos do litoral galego

Os negocios de aloxamento e restauración situados na costa poderán presentar as súas solicitudes ata o 12 de decembro   O Diario Oficial de Galicia publicou […]
18 de Novembro de 2025

O novo club de produto “Polbo con Orixe” preséntase este xoves no Carballiño

A iniciativa aposta por converter o polbo nun eixo turístico e económico do territorio   O Carballiño acollerá este xoves, 20 de novembro, a presentación oficial […]
11 de Novembro de 2025

Abertas as inscricións para a xornada e o programa formativo “Turismo Intelixente: ferramentas IA para a transformación do sector”

O Clúster Turismo de Galicia impulsa xunto á Deputación de Pontevedra e Turismo de Galicia unha formación pioneira para achegar a intelixencia artificial ao tecido turístico […]
Página anterior
123456789101112131415161718192021222324252627282930313233343536373839404142434445464748495051525354555657585960616263646566676869707172737475767778798081828384858687888990919293949596979899100101102103104105106107108109110111112113114115116117118119120121122123124125126127128129130131132133134135136137138139140141142143144145146147148149150151152153154155156157158159160161162163164165166167168169170171172173174175176177178179180181182183184185186187188189190191192193194195196197198199200201202203204205206207208209210211212213214215216217218219220221222223224225226227228229230231232233234235236237238239240241242243244245246247248249250251252253254255256257258259260261262263264265266267268269270271272273274275276277278279280281282283284285286287288289290291292293294295296297298299300301302303304305306307308309310311312313314315316317318319320321322323324325326327328329330331332333334335336337338339340341342343344345346347348349350351352353354355356357358359360361362363364365366367368369370371372373374375376377378379380381382383384385386387388389390391392393394395396397398399400401402403404405406407408409410411412413414415416417418419420421422423424425426427428429430431432433434435436437438439440441442443444445446447448449450451452453454455456457458459460461462463464465466467468469470471472473474475476477478479480481482483484485486487488489490491492493494495496497498499500501502503504505506507508509510511512513514515516517518519520521522523524525526527528529530531532533534535536537538539540541542543544545546547548549550551552553554555556557558559560561562563564565566567568569570571572573574575576577578579580581582583584585586587588589590591592593594595596597598599600601602603604605606607608609610611612613614615
Página siguiente