Do 2 ao 4 de setembro o municipio ourensán da Veiga celebrará a terceira edición das xornadas Astrotrevinca, co obxectivo de achegar a astronomía a todo tipo de públicos. A Veiga, Destino StarLight de Galicia xunto coas Illas Cíes, é un dos mellores puntos para realizar observacións deste tipo polo que, nesta ocasión, o programa das xornadas incluirá tanto conferencias con expertos para debater sobre a observación das estrelas e as últimas novidades nesta materia, como talleres e xornadas de observación nocturna abertas para o público en xeral.

Tanto o director das xornadas, Óscar Branco, como o vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández, destacaron as excelentes condicións que ofrece este punto da xeografía ourensá e as grandes posibilidades que ofrece para o impulso do astroturismo. O alcalde da Veiga, Juan Anta, apuntou pola súa banda que o astroturismo ?está a funcionar ben e, de feito, antes de comezar a anunciar estas xornadas xa temos moitas das nosas casas rurais reservadas para eses días?.

O prezo para participar nas xornadas é de 10 euros, 25 con comida e poden inscribirse na Oficina de Turismo da Veiga, a través do número de teléfono 988350130 ou do correo turismo.aveiga@gmail.com.

31 de Agosto de 2016

Terceira edición das xornadas Astrotrevinca para achegar a astronomía a todos os públicos

Do 2 ao 4 de setembro o municipio ourensán da Veiga celebrará a terceira edición das xornadas Astrotrevinca, co obxectivo de achegar a astronomía a todo […]
30 de Agosto de 2016

Os trens turísticos galegos pechan agosto cunha ocupación do 80%

Aínda que o programa Galicia a todo tren bala continúa en funcionamento até o mes de outubro, os resultados ao longo da tempada estival son moi positivos, […]
30 de Agosto de 2016

A APEHL promociona o turismo en Lugo a través da Volta

Por quinto ano consecutivo, a Asociación Provincial de Empresarios de Hostalaría e Turismo de Lugo (APEHL) aproveita a celebración da Volta Ciclista a España para facer […]
29 de Agosto de 2016

A central de reservas de Galicia Turismo Rural estrea nova imaxe

Galicia Turismo Rural, a central de reservas xestionada por FEGATUR e Agatur coa colaboración do Clúster Turismo de Galicia e Axencia Turismo de Galicia estrea nova […]
Página anterior
123456789101112131415161718192021222324252627282930313233343536373839404142434445464748495051525354555657585960616263646566676869707172737475767778798081828384858687888990919293949596979899100101102103104105106107108109110111112113114115116117118119120121122123124125126127128129130131132133134135136137138139140141142143144145146147148149150151152153154155156157158159160161162163164165166167168169170171172173174175176177178179180181182183184185186187188189190191192193194195196197198199200201202203204205206207208209210211212213214215216217218219220221222223224225226227228229230231232233234235236237238239240241242243244245246247248249250251252253254255256257258259260261262263264265266267268269270271272273274275276277278279280281282283284285286287288289290291292293294295296297298299300301302303304305306307308309310311312313314315316317318319320321322323324325326327328329330331332333334335336337338339340341342343344345346347348349350351352353354355356357358359360361362363364365366367368369370371372373374375376377378379380381382383384385386387388389390391392393394395396397398399400401402403404405406407408409410411412413414415416417418419420421422423424425426427428429430431432433434435436437438439440441442443444445446447448449450451452453454455456457458459460461462463464465466467468469470471472473474475476477478479480481482483484485486487488489490491492493494495496497498499500501502503504505506507508509510511512513514515516517518519520521522523524525526527528529530531532533534535536537538539540541542543544545546547548549550551552553554555556557558559560561562563564565566567568569
Página siguiente