• Clúster Turismo de Galicia, a través das invitacións cedidas pola Axencia Turismo de Galicia, facilita a participación de oito empresas galegas no evento.
  • A feira portuguesa celébrase do 12 ao 16 de marzo.

 

A feira BTL Lisboa, un dos eventos turísticos máis importantes de Portugal e unha referencia no sector a nivel internacional, abrirá as súas portas do 12 ao 16 de marzo na capital lusa. Un ano máis, Galicia estará presente nesta cita clave, cunha representación do sector turístico.

 

O Clúster Turismo de Galicia (CTG), a través das invitacións cedidas pola Axencia Turismo de Galicia, facilitou a participación das empresas galegas nesta feira, brindando a oportunidade de establecer novas conexións con operadores do mercado portugués e internacional. Entre as axencias de receptivo galegas que asistirán este ano están Circuitos Galicia, Galiwonders, EasyGalicia, CnTravel, Tee Travel, Pilgrim, Santiago Gate – Viajes Ría del Burgo y Bluscus Turismo Marinero, que contarán con espazo na stand de Turismo de Galicia para levar a cabo reunións con profesionais do sector. O Clúster Turismo de Galicia tamén participará no evento representado polo seu presidente, Cesáreo Pardal.

 

A BTL Lisboa é un escaparate estratéxico para a promoción de Galicia no mercado luso, un dos principais emisores de turistas cara á comunidade. Ademais, trátase dunha oportunidade única para fortalecer a presenza do destino noutros mercados internacionais, xa que o evento reúne a operadores de numerosos países.

 

Con esta participación, Galicia segue reforzando a súa estratexia de internacionalización turística, promovendo a súa diversidade de paisaxes, cultura, enogastronomía e turismo sostible nunha feira que o ano pasado reuniu a máis de 1.500 expositores e 85 destinos internacionais.

11 de Marzo de 2025

O sector turístico galego prepárase para a súa participación na BTL Lisboa 2025

Clúster Turismo de Galicia, a través das invitacións cedidas pola Axencia Turismo de Galicia, facilita a participación de oito empresas galegas no evento. A feira portuguesa […]
11 de Marzo de 2025

Galicia Suroeste avanza cara a certificación como Destino Turístico Starlight

Os 14 municipios que integran o xeodestino formalizan a súa adhesión á Declaración sobre a Defensa do Ceo Nocturno.   Os 14 municipios que conforman o […]
11 de Marzo de 2025

Turespaña escolle Galicia para protagonizar a súa nova campaña de internacionalización

A internacionalización é un dos obxectivos da nova Estratexia de Turismo de Galicia 2030.   Galicia convértese nun dos destinos estrela da nova campaña internacional de […]
11 de Marzo de 2025

Galicia reforza a súa presenza no mercado alemán tras a súa participación na ITB Berlín 2025

A misión comercial do Clúster estivo conformada por 12 empresas turísticas galegas e pola marca ‘Galicia Destino Sostible’.   O sector turístico galego pechou con éxito […]
Página anterior
123456789101112131415161718192021222324252627282930313233343536373839404142434445464748495051525354555657585960616263646566676869707172737475767778798081828384858687888990919293949596979899100101102103104105106107108109110111112113114115116117118119120121122123124125126127128129130131132133134135136137138139140141142143144145146147148149150151152153154155156157158159160161162163164165166167168169170171172173174175176177178179180181182183184185186187188189190191192193194195196197198199200201202203204205206207208209210211212213214215216217218219220221222223224225226227228229230231232233234235236237238239240241242243244245246247248249250251252253254255256257258259260261262263264265266267268269270271272273274275276277278279280281282283284285286287288289290291292293294295296297298299300301302303304305306307308309310311312313314315316317318319320321322323324325326327328329330331332333334335336337338339340341342343344345346347348349350351352353354355356357358359360361362363364365366367368369370371372373374375376377378379380381382383384385386387388389390391392393394395396397398399400401402403404405406407408409410411412413414415416417418419420421422423424425426427428429430431432433434435436437438439440441442443444445446447448449450451452453454455456457458459460461462463464465466467468469470471472473474475476477478479480481482483484485486487488489490491492493494495496497498499500501502503504505506507508509510511512513514515516517518519520521522523524525526527528529530531532533534535536537538539540541542543544545546547548549550551552553554555556557558559560561562563564565566567568569570571572573574575576577578579580581582583584585586587588589590591592593594595596597598599600601602603604605606
Página siguiente