• Un máximo de 26 empresas poderá participar nas actividades que se desenvolverán os días 20 e 21 de maio.
  • As inscricións están dispoñibles ata o 10 de abril na seguinte ligazón.

 

O Clúster Turismo de Galicia abriu o prazo de inscrición para participar nas xornadas de promoción turística que se celebrarán en Valencia e Oporto os días 20 e 21 de maio. Estas sesións permitirán ás empresas galegas dar a coñecer a súa oferta ante axentes de viaxes locais a través de workshops.

 

Cada workshop contará cun máximo de 26 empresas e terá unha duración aproximada de dúas horas. Posteriormente, proxectarase un vídeo promocional de Galicia, seguido dunha intervención institucional. Como incentivo, realizarase un sorteo entre os participantes que establezan máis contactos durante as sesións.

 

A acción promocional comezará o 20 de maio coa saída desde o aeroporto de Vigo cara a Valencia, e finalizará o 22 de maio co regreso desde Oporto en autobús. O Clúster asumirá os gastos de transporte, organización e cea tipo cóctel, mentres que cada asistente deberá cubrir aloxamento e xantares.

 

Prazo e condicións da inscrición

 

As empresas interesadas en participar deberán inscribirse antes do 10 de abril ás 20:00 horas. A inscrición formalizarase completando o formulario correspondente e realizando unha transferencia de 100 € en concepto de garantía ao número de conta ES56 0081 0499 6000 0167 4368. O xustificante bancario deberá enviarse a secretariatecnica@clusterturismogalicia.com. O importe será reembolsado unha vez finalizados os workshops. En caso de non asistencia sen unha causa xustificada, deberase abonar 1.200 €, salvo que o seguro de cancelación cubra a ausencia.

 

As prazas asignaranse segundo os criterios de prelación establecidos polo Clúster, permitindo a participación dunha persoa por empresa.

31 de Marzo de 2025

Aberto o prazo para inscribirse nos workshops de Valencia e Oporto organizados polo Clúster Turismo de Galicia

Un máximo de 26 empresas poderá participar nas actividades que se desenvolverán os días 20 e 21 de maio. As inscricións están dispoñibles ata o 10 […]
31 de Marzo de 2025

Turismo de Galicia presenta a súa folla de ruta para 2025: un turismo competitivo, sostible e dixital

O presidente do Clúster, Cesáreo Pardal, participou no evento de presentación. O plan de promoción internacional suma máis de 130 accións diferentes.   O presidente da […]
31 de Marzo de 2025

O Club de Produto “Galicia Destino Sostible” suma cinco novas empresas

Troulanda, Malates Slow Boutique Hotel, Adegas Terras de Asorei, Náutica Medusa e Acastrexa son as últimas incorporacións da marca turística. O Club de Produto GDS suma […]
31 de Marzo de 2025

Galicia supera a media nacional en crecemento de viaxeiros aloxados en hoteis e pensións en febreiro

O crecemento deste indicador sitúase no 1,7%, fronte ao 0,4% do conxunto nacional.   Os datos publicados polo Instituto Nacional de Estatística (INE) confirman que Galicia […]
Página anterior
123456789101112131415161718192021222324252627282930313233343536373839404142434445464748495051525354555657585960616263646566676869707172737475767778798081828384858687888990919293949596979899100101102103104105106107108109110111112113114115116117118119120121122123124125126127128129130131132133134135136137138139140141142143144145146147148149150151152153154155156157158159160161162163164165166167168169170171172173174175176177178179180181182183184185186187188189190191192193194195196197198199200201202203204205206207208209210211212213214215216217218219220221222223224225226227228229230231232233234235236237238239240241242243244245246247248249250251252253254255256257258259260261262263264265266267268269270271272273274275276277278279280281282283284285286287288289290291292293294295296297298299300301302303304305306307308309310311312313314315316317318319320321322323324325326327328329330331332333334335336337338339340341342343344345346347348349350351352353354355356357358359360361362363364365366367368369370371372373374375376377378379380381382383384385386387388389390391392393394395396397398399400401402403404405406407408409410411412413414415416417418419420421422423424425426427428429430431432433434435436437438439440441442443444445446447448449450451452453454455456457458459460461462463464465466467468469470471472473474475476477478479480481482483484485486487488489490491492493494495496497498499500501502503504505506507508509510511512513514515516517518519520521522523524525526527528529530531532533534535536537538539540541542543544545546547548549550551552553554555556557558559560561562563564565566567568569570571572573574575576577578579580581582583584585586587588589590591592593594595596597598599600601602603604605606
Página siguiente