O sector turístico galego móstrase cauto para esta ponte de decembro, marcado tradicionalmente polo turismo urbano e de proximidade, que é o que adoita elixir Galicia para facer unha escapada nestas datas. Será determinante as reservas de última hora e as previsións meteorolóxicas, que son boas en conxunto, aínda que o venres é posible que estea marcado pola choiva. Así pois as previsións xerais para o conxunto de Galicia poderíanse situar ao redor do 60 a 70% de ocupación, nunha liña similar ás cifras marcadas nos de decembro de 2015 ou 2016, con ocupacións lixeiramente máis baixas que as do ano pasado, que foi unha ponte excepcionalmente boa.
Tradicionalmente é unha ponte no que funciona moi ben o turismo rural, que prevé unha ocupación en torno ao 46%. Este tipo de aloxamento é o elixido por viaxeiros que buscan a tranquilidade, a desconexión e propostas vinculadas coa gastronomía – cabe lembrar que aínda está en marcha o Outono Gastronómico, sen esquecer que son moitos os territorios onde se están celebrando estes días rutas de tapas e xornadas de exaltación dalgún produto- . Tamén a gastronomía anima propostas nalgúns concellos de Costa da Morte ou Salnés para este período, que agardan ocupacións en torno ao 70%, cifra que os hostaleiros de Costa da Morte consideran moi positivas. No Salnés a ocupación pode ser lixeiramente inferior á do ano pasado, en que marcaron cifras especialmente boas no conxunto do ano e nesta ponte en concreto, pero poderían estar situadas tamén entre o 70 e o 75%, aínda que nas Rías Baixas confían nas reservas de última hora que están a entrar estes días para mellorar o resultado de ocupación final.
Santiago de Compostela posiblemente quedará algo por baixo, en torno ao 60% de ocupación, igual que Lugo, mentres que Coruña agarda alcanzar un torno ao 68% de mércores a sábado, lixeiramente por baixo do ano pasado. Os que si teñen boas perspectivas son os hostaleiros de Vigo, moitos dos cales agardan colgar o cartel de completos con viaxeiros que acoden á cidade atraídos pola proposta do turismo de compras e a iluminación do Nadal. As expectativas para a ponte na hostalería olívica son altas, con ocupacións en torno ao 85% a 90%. Finalmente Ourense apuntaría tamén bos resultados na cidade, co atractivo do turismo de compras e o termal, cunha previsión de ocupación en torno ao 75% a 80%, mentres que a Ribeira Sacra podería situarse entre o 40% e o 60%, con cifras variables segundo a zona e Pontevedra cidade quedaría ao redor do 75% de ocupación.
O sector turístico galego móstrase cauto para esta ponte de decembro, marcado tradicionalmente polo turismo urbano e de proximidade, que é o que adoita elixir Galicia […]
A través dunha enquisa online realizada por YouGov para Hosteltur a un milleiro de persoas, podemos observar como o 90% dos enquisados afirman que organizaron persoalmente […]
O obxectivo é conseguir oficializar este camiño para o Xacobeo de 2021 Os concellos de Ames, Brión, Lousame, Muros, Noia, Outes, Porto do Son, Rois e […]
Deputación e empresas mantiveron diferentes encontros con empresas e entidades para a promoción das súas empresas e a presentación do destino Rías Baixas O Hotel Grand […]