• A Asemblea anual do Clúster Turismo de Galicia, celebrada en Santiago, fixo balance das actuacións desenvolvidas en 2022 e deu conta das previstas para este ano.

 

A creación do “Xacobeo Xove”, o reforzo das actividades de promoción e internacionalización do destino Galicia e os avances na consolidación de produtos turísticos foron os principais eixos de actuación do Clúster Turismo de Galicia no último ano, unhas actividades ás que se suman o asesoramento a empresas ou os labores de difusión e implementación da Q de calidade. Así se expuxo durante a Asemblea Xeral do Clúster celebrada na tarde do luns en Santiago de Compostela.

 

Representantes de entidades, consorcios e asociacións provinciais que representan a máis de 95 por cento da industria turística de Galicia, participaron na reunión do máximo órgano de decisión do Clúster, no que se fixo balance do ano 2022 e expuxéronse as liñas de actuación de 2023.

 

Durante o pasado ano o Clúster fixo un esforzo no seu labor habitual de promoción, difusión e internacionalización do destino, coa súa presenza e participación en feiras, workshops e eventos, tanto a nivel nacional como internacional, ben organizados polo propio Clúster ou polas Administracións autonómica ou estatal. A nivel de promoción internacional cabe destacar a participación da entidade en eventos celebrados en 11 países diferentes, dando resposta a un dos retos do sector, que é impulsar a atracción do turismo fóra das nosas fronteiras.

 

Unha das principais novidades de pasado ano foi a posta en marcha do Club de Produto “Galicia Destino Sostible”, unha iniciativa que materializa a aposta do Clúster pola sustentabilidade, integrando nunha única plataforma a oferta turística sostible da Comunidade para poñela en valor e incrementar as súas posibilidades de difusión e comercialización.  Conta xa con 74 empresas adheridas e 150 produtos dispoñibles no portal galiciadestinosostible.com e que ofrecen unha ampla variedade de posibilidades.

 

Ademais, durante o pasado ano avanzouse na consolidación doutros produtos turísticos como “Enoturismo de Galicia” cunha campaña de captación de adegas e da marca “Galicia Destino Familiar”.

 

As medidas de promoción, difusión da Q de Calidade e o asesoramento para a súa implantación foron outras das actuacións desenvolvidas pola Agrupación industrial durante 2022, ano no que se lograron 28 novas Q en establecementos galegos.

 

O desenvolvemento da xornada “Boas Prácticas no sector Turístico” grazas a un convenio coa Deputación de Pontevedra, foi outra das actividades destacadas do ano pasado.

 

Respecto a 2023 a principal novidade é a posta en marcha do Programa “Xacobeo Xove” para impulsar o Camiño entre os máis novos, ofrecendo 200 euros de desconto a mozos e mozas de 18 a 30 anos que teñan o Carné Xove e queiran percorrer algunha dos roteiros do Camiño de Santiago.

 

Durante este ano a Agrupación industrial seguirá centrando os seus esforzos na promoción, difusión e comercialización do Destino Galicia, apostando pola internacionalización, e seguirá ofrecendo asesoramento para a implantación da Q de calidade e a S de sustentabilidade ás empresas asociadas.

19 de Xullo de 2023

A creación do bono Xacobeo Xove, o reforzo das actividades de promoción e internacionalización e a consolidación de diferentes produtos turísticos centraron a actividade do Clúster no último ano

A Asemblea anual do Clúster Turismo de Galicia, celebrada en Santiago, fixo balance das actuacións desenvolvidas en 2022 e deu conta das previstas para este ano. […]
18 de Xullo de 2023

Atlantic Sunset, un proxecto para promocionar o solpor galego como recurso económico e sostible

O proxecto, coordinado polos profesores da USC Ángel Miramontes, Jorge Mira e Rubén Lois, procura identificar e valorizar os recursos endóxenos locais asociados ao sol.   […]
18 de Xullo de 2023

Nova edición do programa Xuventude Mentoring na Empresa

Esta iniciativa busca ofrecer á xente nova estadías formativas de ata tres meses en empresas ou entidades públicas ou privadas vinculadas aos sectores económicos estratéxicos en […]
18 de Xullo de 2023

As vendas sector turístico galego medrarán un 17,6% este verán fronte á prepandemia

Galicia é a sexta comunidade con maior dinamismo de vendas previstas para este período estival. As empresas, equipamentos de ocio e hoteis son os que representan […]
Página anterior
123456789101112131415161718192021222324252627282930313233343536373839404142434445464748495051525354555657585960616263646566676869707172737475767778798081828384858687888990919293949596979899100101102103104105106107108109110111112113114115116117118119120121122123124125126127128129130131132133134135136137138139140141142143144145146147148149150151152153154155156157158159160161162163164165166167168169170171172173174175176177178179180181182183184185186187188189190191192193194195196197198199200201202203204205206207208209210211212213214215216217218219220221222223224225226227228229230231232233234235236237238239240241242243244245246247248249250251252253254255256257258259260261262263264265266267268269270271272273274275276277278279280281282283284285286287288289290291292293294295296297298299300301302303304305306307308309310311312313314315316317318319320321322323324325326327328329330331332333334335336337338339340341342343344345346347348349350351352353354355356357358359360361362363364365366367368369370371372373374375376377378379380381382383384385386387388389390391392393394395396397398399400401402403404405406407408409410411412413414415416417418419420421422423424425426427428429430431432433434435436437438439440441442443444445446447448449450451452453454455456457458459460461462463464465466467468469470471472473474475476477478479480481482483484485486487488489490491492493494495496497498499500501502503504505506507508509510511512513514515516517518519520521522523524525526527528529530531532533534535536537538539540541542543544545546547548549550551552553554555556557558559560561562563564565566567568569570571572573574575576577578579580581582583584585586587588589590591592593594595596597598599600601602603604605606607608609610611612613614615616617618
Página siguiente