A Deputación recoñeceu na terceira edición dos seus galardóns o labor e a traxectoria de seis entidades e celebracións da provincia.

 

Durante o acto celebrado o 27 de setembro, Día Mundial do Turismo, tamén foi entregado un galardón ao Turismo Sostible.

 

Coincidindo coa celebración do Día Mundial do Turismo, o pasado día 27, a Deputación de Lugo fixo entrega dos seus terceiros premios á excelencia turística e á gastronomía, uns galardóns cos que o ente recoñece o labor desenvolvido por media ducia de colectivos e iniciativas da provincia. O nome dos gañadores fora aprobado inicialmente polo Consello Provincial de Turismo na reunión celebrada a principios de setembro coa participación, entre outros, do presidente do Clúster Turismo de Galicia, Cesáreo Pardal. O acordo foi ratificado despois pola xunta de goberno provincial.

 

Na categoría Lugo cambia ao Turismo Lucense, os premios foron para a Asociación de Veciños de Vilachá de Salvadur,pola posta en valor do patrimonio material e inmaterial a través de actividades como unha ruta circular ou a recuperación dun castro e da paisaxe natural; a Ruta da Faba de Lourenzá, impulsada pola Cooperativa Terras da Mariña, o Forno de Tovar, o Pazo de Tovar e Lourenzá Turismo, por contribuír a dar a coñecer este produto que goza con Indicación Xeográfica Protexida, e para a Fundación Xosé Soto de Fión polo seu proxecto de protección e divulgación do patrimonio, tanto material como inmaterial, no que levan traballando dúas décadas e cuxo elemento máis visible é a exposición no Ecomuseo Pazo de Arxeriz.

 

Tres foron tamén os premiados na categoría E para comer, Lugo á gastronomía lucense: O Consello Regulador da Denominación de Orixe Protexida San Simón da Costa, en Vilalba, por poñer en valor o Queixo San Simón, un produto abandeirado da gastronomía lucense e galega; a Festa da Pescada do Pincho de Celeiro, en Viveiro, por enxalzar a pescada pescada de forma artesanal polos barcos locais a través dun evento que permite a numerosas persoas coñecer este referente gastronómico de gran calidade, e ao Concello da Fonsagrada pola Feira do Butelo, unha cita de promoción e fomento do consumo de produtos autóctonos da montaña lucense que cumpriu xa os 25 anos de vida.

 

Ademais, nesta ocasión, con motivo da celebración da Copa España Creativa – Fórum Lugo 2022, un evento do que a Deputación de Lugo é anfitrioa, concedeuse o Premio Turismo Sostible, que foi concedido ao proxecto ou proxecto Cabanas das Chousas polo seu traballo no coidado e a protección do medio ambiente con actuacións como o uso de caldeiras de biomasa, o mantemento da súa contorna para a prevención de incendios forestais ou a instalación de contedores de reciclaxe.

 

O presidente da Deputación de Lugo e do Consello Provincial de Turismo, José Tomé Roca, presidiu o acto de entrega de premios, no que tamén tomaron parte outras autoridades como a alcaldesa lucense, Lara Méndez; a subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez, e varios membros do Consello de Turismo.

29 de Setembro de 2022

A excelencia turística e a mellor gastronomía teñen premio en Lugo

A Deputación recoñeceu na terceira edición dos seus galardóns o labor e a traxectoria de seis entidades e celebracións da provincia.   Durante o acto celebrado […]
28 de Setembro de 2022

“A provincia que sabe”, nova campaña da Deputación da Coruña

Esta iniciativa promocional dos produtos agroalimentarios e da gastronomía da provincia da Coruña foi presentada no Galicia Fórum Gastronómico.   Os conceptos de sabedoría e sabor […]
28 de Setembro de 2022

Prego de condicións que rexen a contratación do servizo para o “DESELVOLVEMENTO DE DOUS WORKSHOPS CON ACTIVIDADES DE PROMOCIÓN EN DESTINO NACIONAIS”, coa colaboración da Deputación da Coruña e a Xunta de Galicia-Axencia de Turismo de Galicia

Prazo aberto para a presentación de propostas ate o 13 de outubro de 2022 Descarga os pregos
27 de Setembro de 2022

O Clúster celebra o Día Mundial do Turismo reafirmando a aposta pola calidade, a sustentabilidade e a transformación dixital

A entidade fai público un comunicado con motivo da efeméride impulsada pola Organización Mundial do Turismo.   O 27 de setembro é unha xornada marcada en […]
Página anterior
123456789101112131415161718192021222324252627282930313233343536373839404142434445464748495051525354555657585960616263646566676869707172737475767778798081828384858687888990919293949596979899100101102103104105106107108109110111112113114115116117118119120121122123124125126127128129130131132133134135136137138139140141142143144145146147148149150151152153154155156157158159160161162163164165166167168169170171172173174175176177178179180181182183184185186187188189190191192193194195196197198199200201202203204205206207208209210211212213214215216217218219220221222223224225226227228229230231232233234235236237238239240241242243244245246247248249250251252253254255256257258259260261262263264265266267268269270271272273274275276277278279280281282283284285286287288289290291292293294295296297298299300301302303304305306307308309310311312313314315316317318319320321322323324325326327328329330331332333334335336337338339340341342343344345346347348349350351352353354355356357358359360361362363364365366367368369370371372373374375376377378379380381382383384385386387388389390391392393394395396397398399400401402403404405406407408409410411412413414415416417418419420421422423424425426427428429430431432433434435436437438439440441442443444445446447448449450451452453454455456457458459460461462463464465466467468469470471472473474475476477478479480481482483484485486487488489490491492493494495496497498499500501502503504505506507508509510511512513514515516517518519520521522523524525526527528529530531532533534535536537538539540541542543544545546547548549550551552553554555556557558559560561562563
Página siguiente