• Durante a celebración da feira internacional de turismo, Fitur 2024, o Clúster reuniuse coas persoas responsables de diversas Oficinas Españolas de Turismo.

 

As presentacións son as citas máis visibles de FITUR, pero a feira internacional de turismo funciona tamén como importante punto de encontro e reunión para os profesionais do sector turístico de diferentes territorios e países. O Clúster Turismo de Galicia mantén a súa aposta pola internacionalización do destino Galicia. No marco desta feira, mantivéronse reunións co persoal directivo das Oficinas Españolas de Turismo internacionais. Estes encontros permitiron poñer en valor as actuacións que realiza o Clúster de Turismo de Galicia a nivel internacional e abordar aquelas cuestión e/ou feiras que poidan ser de interese para o sector turístico galego en cada un dos destinos.

 

En total foron cinco as reunións mantidas con directores das OETs. Unha delas foi coa directora da OET de Toronto, Bárbara Couto María, para estudar o mercado canadense. O equipo tamén se reuniu coa directora da OET de Miami, Elvira Marcos Salazar, destacando a importancia do mercado de Estados Unidos, e analizando a participación do sector no Spain Tourism Summit, evento organizado por Turespaña. Dentro do mesmo mercado, tamén tivo lugar unha reunión coa responsable da OET de Chicago, Ángela Castaño Cabanas, coa vista posta na MAST de Chicago, un evento no que o sector participou o pasado 2023. Outro dos encontros foi co responsable da OET de Tokio, Jaime Alejandre Martínez, centrado nas xornadas de apoio ao turismo que terán lugar en Seúl e Tokio para os mercados xaponés e taiwanés. Finalmente, o equipo técnico tamén conversou co responsable da OET de Berlín, Álvaro Blanco Volmer, destacando a misión comercial do CTG á ITB Berlín.

 

Tamén houbo tempo para reunirse con responsables de Turespaña, estudando posibles campañas de cooperación similares á promoción da marca ‘Galicia Destino Sostible’ no mercado norteamericano, realizada o pasado 2023 con Expedia, acercando as experiencias sostibles galegas aos Estados Unidos.

 

Catálogos

 

Durante os diferentes encontros, o equipo do Clúster presentou dous catálogos: ‘Galicia Travel Agencies’, coa presenza de case 25 axencias de viaxe galegas, e ‘Galicia. Un lujo para tus sentidos’, coa presenza de diversas axencias de viaxe, aloxamento, establecementos de enogastronomía e actividades complementarias de turismo de luxo. Os documentos tiveron moi boa acollida durante a celebración da feira, e foron destacados por moitos dos profesionais como “moi interesantes”.

 

A incorporación de novas entidades nestes documentos, baixo diversos criterios de admisión, continúa aberta. Para máis información podes consultar a través do correo electrónico secretariatecnica@clusterturismogalicia.com ou no teléfono 881 247 436.

06 de Febreiro de 2024

O Clúster mantén a súa aposta pola internacionalización do destino reuníndose con persoal directivo das OETs dos mercados prioritarios

Durante a celebración da feira internacional de turismo, Fitur 2024, o Clúster reuniuse coas persoas responsables de diversas Oficinas Españolas de Turismo.   As presentacións son […]
06 de Febreiro de 2024

A Coruña acolle o 36º Congreso Nacional de OPC España do 22 ao 24 de febreiro

A sostibilidade dos eventos, a adaptación do sector MICE e a necesidade de integrar novas tecnoloxías centrarán esta edición. As inscricións están abertas ata o 16 […]
06 de Febreiro de 2024

Galicia prepárase para vivir o seu primeiro Entroido BIC

O pasado mes publicábase no DOG o expediente que deu comezo ao procedemento de 24 meses para outorgarlle esta distinción.   O Diario Oficial de Galicia […]
06 de Febreiro de 2024

O INE confirma o 2023 récord do turismo español: 85,1 millóns de turistas e 108.662 millóns de gasto

Galicia sumou máis de 7 millóns de visitantes durante 2023. O gasto medio por turista subiu un 5%, ata 1.278 €. O maior aumento de visitantes […]
Página anterior
123456789101112131415161718192021222324252627282930313233343536373839404142434445464748495051525354555657585960616263646566676869707172737475767778798081828384858687888990919293949596979899100101102103104105106107108109110111112113114115116117118119120121122123124125126127128129130131132133134135136137138139140141142143144145146147148149150151152153154155156157158159160161162163164165166167168169170171172173174175176177178179180181182183184185186187188189190191192193194195196197198199200201202203204205206207208209210211212213214215216217218219220221222223224225226227228229230231232233234235236237238239240241242243244245246247248249250251252253254255256257258259260261262263264265266267268269270271272273274275276277278279280281282283284285286287288289290291292293294295296297298299300301302303304305306307308309310311312313314315316317318319320321322323324325326327328329330331332333334335336337338339340341342343344345346347348349350351352353354355356357358359360361362363364365366367368369370371372373374375376377378379380381382383384385386387388389390391392393394395396397398399400401402403404405406407408409410411412413414415416417418419420421422423424425426427428429430431432433434435436437438439440441442443444445446447448449450451452453454455456457458459460461462463464465466467468469470471472473474475476477478479480481482483484485486487488489490491492493494495496497498499500501502503504505506507508509510511512513514515516517518519520521522523524525526527528529530531532533534535536537538539540541542543544545546547548549550551552553554555556557558559560561562563564565566567568569570571572573574575576577578579580581582583584585586587588589590591592593594595596597598599600601602603604605606607608609610611612613614615616617618
Página siguiente