Actividades

Dez empresas especializadas visitan estes días A Coruña, Santiago e Vigo para coñecer as súas instalacións, recursos e servizos.

 

Representantes dunha decena de empresas de ámbito nacional especializadas no sector do turismo de congresos participan estes días nun fam trip por Galicia para coñecer as instalacións, os servizos e os recursos cos que a conta a comunidade para acoller este tipo de eventos. A viaxe, promovida polo Clúster Turismo de Galicia a través de Galicia MICE e coa colaboración da Xunta e da asociación de Organizadores Profesionais de Congresos de Galicia (OPC Galicia), desenvólvese polas cidades da Coruña, Santiago e Vigo co obxectivo de difundir o potencial galego como destino ideal para o turismo de reunións, incentivos, convencións e exposicións, o denominado turismo MICE.

 

A primeira parada deste fam trip foi o luns no Palacio de Exposicións e Congresos da Coruña, onde tivo lugar un workshop no que os representantes das empresas de ámbito nacional e os responsables de dez empresas galegas tiveron ocasión de establecer lazos, crear sinerxías e fixar as bases para unha colaboración a longo prazo.

 

No encontro participaron o presidente do Clúster Turismo de Galicia, Cesáreo Pardal; a presidenta de OPC Galicia, Ana Trevisani, e a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, quen destacou a importancia do sector do turismo de congresos “pola súa capacidade desestacionalizadora e por fomentar un turismo de alto valor engadido, fundamental para descentralizar a oferta turística máis aló dos destinos máis habituais”. Castro detallou que para axudar a este sector a Xunta habilitou este ano unha liña de axudas dotada con 200.000 euros, que se suman aos 500.000 euros destinados ao mesmo fin durante o exercicio pasado.

21 de Setembro de 2021

O Clúster promove xunto a Galicia MICE, OPC Galicia e a Xunta un fam trip para fomentar o turismo de congresos en Galicia

Dez empresas especializadas visitan estes días A Coruña, Santiago e Vigo para coñecer as súas instalacións, recursos e servizos.   Representantes dunha decena de empresas de […]
15 de Xuño de 2021

Convocatoria de Asemblea Xeral Ordinaria e Extraordinaria Clúster de Turismo de Galicia

O vindeiro mércores 30 de xuño de 2021 celebrarase a reunión de Asemblea Xeral Ordinaria e Extraordinaria do Clúster de Turismo de Galicia no auditorio da […]
24 de Maio de 2021

Unhas 60 empresas xa se adheriron ás ofertas do carné xove europeo a través do Clúster de Turismo de Galicia

O Clúster de Turismo de Galicia asinou esta tarde un convenio coa Consellería de Política Social da Xunta de Galicia Os establecementos galegos adheridos ao Clúster […]
20 de Maio de 2021

Cesáreo Pardal destaca que Galicia é o destino máis seguro grazas ao modelo de colaboración entre a industria, a Administración e o coñecemento

O Clúster de Turismo de Galicia presentou en Fitur un balance do traballo realizado durante os últimos 15 meses para planificar a recuperación e establecer medidas […]