Actividades

Unha representación da Xunta Directiva da Asociación Hostalaría Compostela, encabezada pola súa presidenta Sara Santos, mantivo unha reunión telemática co alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, e o concelleiro de Turismo, Sindo Guinarte, para trasladarlles as reivindicacións que o colectivo compostelán cre que o Concello debería atender canto antes fronte á crise do Covid-19. Entre outras cuestións, abordouse a necesidade de eliminar as taxas das terrazas, recollida do lixo e saneamento durante o tempo de peche obrigatorio, así como a rebaixa no pago do IBI.

Pensando na situación e nos cambios que deberán soportar os hostaleiros cando se levante o confinamento e poidan abrir de novo os seus negocios, tamén presentaron a idea de elaborar unha central de reservas que inclúa á restauración. Os hostaleiros composteláns tamén mostraron a súa preocupación polo futuro do Camiño de Santiago instando o traballo conxunto coa Xunta de Galicia nunha serie de medidas que ofrezan garantías de seguridade aos peregrinos. Así mesmo, acordouse seguir mantendo o contacto para a posta en marcha de diferentes actividades que dinamicen ao sector unha vez superada a pandemia.

Ademais, o Goberno local informou a Hostalaría Compostela que desde o departamento de Turismo están a traballar nun plan de medidas a curto prazo de promoción da cidade en destinos que se prevé que sexan favorables.

15 de Abril de 2020

Hostalaría Compostela abordou co Concello as necesidades do sector nesta crise do Covid-19

Unha representación da Xunta Directiva da Asociación Hostalaría Compostela, encabezada pola súa presidenta Sara Santos, mantivo unha reunión telemática co alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, […]
13 de Abril de 2020

Proturga traslada un informe de perspectivas, consecuencias e necesidades do sector turístico galega fronte o COVID 19

O informe, elaborado a partir de 170 enquisas recibidas recolle a perspección do sector ante esta situación inédita e recomenda apostar por reforzar a imaxe de […]
07 de Abril de 2020

A Xunta perfila cos operadores de turismo galegos as medidas para reactivar o sector e minimizar o impacto da crise do coronavirus

Co fin de recompilar achegas por parte da turoperación galega sobre posibles accións de promoción e novos produtos que favorezan a recuperación do sector turístico galego, […]
06 de Abril de 2020

Proturga elevará ante a administración as peticións do sector turístico de Galicia fronte ao coronavirus

Conscientes da magnitude do impacto do COVID-19 no sector turístico galego, a Asociación de Profesionais do Turismo de Galicia, Protuga, emprende diferentes medidas en defensa do […]