Actividades

O presidente do Clúster interveu na inauguración do terceiro Encontro de directores e directivos de Hostalería e Turismo de Galicia, celebrado en Santiago.

 

Un nutrido grupo de profesionais do sector turístico déronse cita este xoves 23 de febreiro no hotel OCA Porta do Camiño, de Santiago de Compostela, para participar no terceiro Encontro de directores e directivos de Hostalería e Turismo de Galicia, organizado pola delegación galega da Asociación Española de Directores de Hotel para debater sobre algúns dos retos máis inmediatos que han de afrontar os establecementos hostaleiros en particular e todo o sector en xeral.

 

O Clúster Turismo de Galicia tamén estivo presente como patrocinador da xornada xunto coa Xunta e Vodafone. O presidente desta entidade, Cesáreo Pardal, foi precisamente un dos encargados de inaugurar a sesión xunto co presidente da Asociación Española de Directores de Hotel, Manuel Vegas. Na súa intervención, Cesáreo Pardal destacou que a retención de talento é un dos grandes retos do sector trala “fuga de profesionais a outros sectores durante a pandemia” e indicou que, aínda que o 2022 foi un ano de recuperación, tamén foi un exercicio marcado pola falta de profesionais. “Reverter esta situación é unha prioridade para o sector”, apuntou o presidente do Clúster para sinalar que iso pasa por “ilusionar aos posibles candidatos”, “recuperar aos que se foron” e seguir aproveitando a canteira que supoñen os centros superiores, as escolas de hostalería e os centros de Formación Profesional. “O Centro Superior de Hostalería de Galicia(CSHG) –detallou- formou desde a súa posta en marcha a preto de 3.000 directivos que desenvolven o seu labor en empresas hostaleiras e turísticas de todo o mundo”.

 

O presidente do Clúster fixo mención tamén á importancia crecente das novas tecnoloxías no sector non só para axudar nesa tarefa de atraer talento, senón para mellorar a relación co equipo e a experiencia dos usuarios: “Entre outras melloras, a aplicación da automatización e de tecnoloxías como a intelixencia artificial permiten liberar ao persoal das tarefas máis repetitivas e envorcarse na atención ao cliente, que é o que realmente achega valor”.

 

Trala inauguración oficial celebráronse dúas mesas redondas nas que tomaron as palabras destacados expertos. A dedicada á “Tecnoloxía aplicada ao sector hoteleiro” reuniu a Pablo Soto, Innovation Manager en Vodafone Business; Óscar López, responsable comercial de Mega Mundo Estrela Galicia; e Celso Gómez, Ecommerce Manager; con Rosana Canda, directora do Hotel Talaso Atlántico e vicepresidenta de AEDH Galicia, como moderadora. Na mesa sobre “Recursos humanos no sector hoteleiro”, moderada por Ramón Braña, director xeral de OCA Hotels e presidente de AEDH Galicia, interviñeron Xavier Aizcorbe, de Turijobs; Javier García, de APeTéCeMe, e Luis Rial, subdirector do CSHG.

23 de Febreiro de 2023

Cesáreo Pardal destaca a importancia do talento e a tecnoloxía no sector hoteleiro

O presidente do Clúster interveu na inauguración do terceiro Encontro de directores e directivos de Hostalería e Turismo de Galicia, celebrado en Santiago.   Un nutrido […]
21 de Febreiro de 2023

O Clúster pon ao dispor do sector turístico galego 50 invitacións par a BTL de Lisboa

A feira turística da capital portuguesa celebrarase entre os días 1 e 5 de marzo, estando as tres primeiras xornadas reservadas aos profesionais.   A próxima […]
18 de Febreiro de 2023

Aberto o prazo de inscrición no terceiro Xuventude Mentoring

O Clúster colabora nesta iniciativa promovida pola Xunta, o Cixug e as tres universidades galegas.   Un total de 250 mozos de entre 18 e 30 […]
09 de Febreiro de 2023

O Clúster iniciou en Dublín a súa campaña de internacionalización 2023 do Destino Galicia

Preto dunha decena de empresas galegas de receptivo participaron nun workshop con máis dunha trintena de emisores irlandeses para expoñer a variada oferta turística da nosa […]