Actividades

Galicia estará presente na feira internacional que se celebra do 30 de novembro ao 2 de decembro na capital catalá.

 

O turismo de eventos ten unha cita esta semana en Barcelona. A capital catalá celebra do 30 de novembro ao 2 de decembro unha nova edición da IBTM World, unha feira internacional que serve de gran punto de encontro para os representantes da industria de conferencias, reunións e incentivos. As actividades desenvolveranse nas instalacións da Fira Barcelona congregando a máis de 15.000 profesionais en representación de 3.000 destinos de 100 países de todo o mundo. E alí, estará representado tamén o sector galego a través do espacio de Turespaña, que albergará entre outras propostas, as de Turismo de Galicia e Galicia MICE.

 

Os organizadores calculan que durante os tres días de duración desta IBTM World celebraranse máis de 77.000 reunións de negocios que permitirán a expositores e compradores establecer conexións cara a cara. Estarán presentes empresas de xestión de viaxes de negocios, organizacións corporativas, empresas de xestión de destinos, empresas de xestión de eventos, axencias de incentivos, planificadores de reunións independentes, asociacións e sociedades internacionais, axencias de experiencias, organizacións non gobernamentais e organizadores profesionais de conferencias.

 

O programa de actividades previsto inclúe un apartado educativo “deseñado para brindar aprendizaxes tanxibles e solucións innovadoras para os asistentes nun mundo  pospandémico baixo o título Novos negocios, nova tecnoloxía, novo mundo”. Dentro deste apartado celebraranse sesións sobre catro temas de actualidade: tendencias e tecnoloxía; gamificación e compromiso; o futuro da planificación de eventos, e desenvolvemento profesional e persoal. Ademais, haberá conferencias maxistrais a cargo de Alba del Villa Olano, experta en transformación dixital e emprendedora en serie; Gian Power, fundador e director executivo de TLC Lions, e Darren Coleman, especialista en experiencia e estratexia de marca.

29 de Novembro de 2021

O turismo de eventos congrégase na IBTM World de Barcelona

Galicia estará presente na feira internacional que se celebra do 30 de novembro ao 2 de decembro na capital catalá.   O turismo de eventos ten […]
28 de Novembro de 2021

Fegatur promociona o turismo rural no Camiño de Santiago levando de ruta a máis de 50 axentes de viaxes

Os “fam trips” organizados en colaboración coa Axencia Turismo de Galicia desenvólvense en catro dos itinerarios das rutas de peregrinación.   Máis de medio centenar de […]
24 de Novembro de 2021

O desenvolvemento sostible do turismo, a pesca e a biotecnoloxía, a debate durante tres días en Baiona

O presidente do Clúster, Cesáreo Pardal, é un dos relatores do encontro que se celebra en Baiona do 24 ao 26 de novembro.   O Parador […]
23 de Novembro de 2021

O Clúster Turismo de Galicia potencia o programa “Destino Familiar” para aumentar o número de establecementos que participan na iniciativa

O seu presidente, Cesáreo Pardal, e a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, participaron en Santiago na presentación dun vídeo e das novas actuacións que […]