Actividades

A cidade portuguesa acollerá o 19 de maio unha nova presentación do turismo galego e un workshop.

 

Tras os dous workshops previstos para os días 10 e 11 de maio en Las Palmas de Gran Canaria e Santa Cruz de Tenerife, os empresarios do sector turístico galego non tardarán en ter unha nova cita para dar a coñecer as súas propostas diante de emisores de fóra da comunidade. A próxima xornada de presentación da nosa oferta turística organizada polo Clúster Turismo de Galicia coa colaboración da Xunta a través da Axencia Turismo de Galicia terá lugar en Oporto o xoves 19 de maio.

 

O Clúster desprazará ata esa cidade portuguesa un total de 25 empresas galegas para participar nunha xornada que se desenvolverá no recinto WOW Porto e que incluirá un  workshop, un breve acto institucional coa proxección dun vídeo promocional e unha cea degustación a cargo dun reputado cociñeiro galego. Tamén haberá un sorteo de estancias en Galicia entre os participantes portugueses que máis contactos realicen cos empresarios galegos desprazados.

 

Do mesmo xeito que no caso de Canarias, as 25 prazas previstas para os representantes galegos serán repartidas entre catro sectores: axencias de viaxes maioristas, hoteis, outros aloxamentos e empresas de oferta complementaria. Neste caso o prazo para anotarse estará aberto ata as 14 horas do martes 19 de abril. A información detallada da viaxe e o formulario de inscrición están dispoñibles en https://clusterturismogalicia.com/en/eventos/inscripcion-workshop-oporto-jueves-19-de-mayo-de-2022/

14 de Abril de 2022

Oporto, nueva parada do Clúster na súa promoción de Galicia

A cidade portuguesa acollerá o 19 de maio unha nova presentación do turismo galego e un workshop.   Tras os dous workshops previstos para os días […]
10 de Abril de 2022

O Clúster promove o turismo cara a Galicia desde Canarias con senllos workshops nas Palmas e Tenerife

Aínda queda algunha praza dispoñible para as actividades que se desenvolverán os días 10 e 11 de maio.   O Clúster Turismo de Galicia ponse en […]
06 de Abril de 2022

Fegatur dá a benvida á Primavera cunha loa á vida a través da “Sinfonía dos abrazos”

A Federación Galega de Turismo Rural promociónase cun vídeo cheo de natureza e tenrura.   Imaxes cheas de tenrura nas que a natureza se erixe como […]
04 de Abril de 2022

Os albergues privados repartiranse 500.000 euros en axudas para melloras e dixitalización

Os representantes da asociación Agalber reuníronse no Pino co vicepresidente da Xunta Alfonso Rueda.   O albergue do Pedrouzo, no municipio coruñés do Pino, serviu de […]