Actividades

As empresas galegas desprazadas a Inglaterra mantiveron numerosos encontros para promocionar os seus produtos e o destino Galicia.

 

O Clúster puxo á súa disposición un espazo para reunións dentro do espazo reservado por Turespaña a Turismo de Galicia.

 

Numerosas reunións e encontros, e un bo número de contactos realizados son o resultado máis visible da intensa actividade desenvolvida polos representantes do sector turístico galego na pasada edición da feira turística internacional World Travel Market, celebrada en Londres entre o luns 7 e o mércores 9 deste mes de novembro. Galicia foi unha das catro comunidades, xunto ao País Vasco, Madrid e Castilla-La Mancha, que se integrou na caseta de Turespaña na WTM. Alí, a Axencia Turismo de Galicia tivo un espazo promocional no que á súa vez reservou unha zona de reunións que o Clúster Turismo de Galicia puxo ao dispor dos participantes na misión comercial que promoveu, un ano máis, a esta cita turística, unha das máis importantes do calendario internacional.

 

O presidente do Clúster, Cesáreo Pardal; o vicepresidente, Jesús Picallo, e o tesoureiro, Alfonso Martínez, encabezaron esta misión integrada por case unha vintena de empresas e entidades: Viaxes Interrías, Tee Travel, Circuítos Galicia, CN Travel, Galicia Villas, MEGA Mundo Estrella Galicia, Hotel Pirámide, Grupo Carrís, OCA Hotels, Duermingbeds, Pazo Los Escudos Hotel & Spa Resort, Pazo do Río, Hostal Monasterio de Moraime, Gesca Hoteles, Paco & Lola, Nest Style Santiago e a Asociación de Vivendas Turísticas de Galicia (Aviturga).

 

Durante a súa estancia na WTM, a delegación do Clúster participou en diversas actividades e encontros. A xornada inaugural permitiulles intercambiar impresións cos máximos responsables da delegación española: o secretario de Estado de Turismo e presidente de Turespaña, Fernando Valdés, e o director dese organismo estatal, Miguel Sanz. Ademais, puideron conversar e estudar posibilidades de colaboración cos representantes doutras entidades homólogas, como é o caso do Clúster Turístico Destino Jerez, con cuxo presidente, Antonio Mariscal, con quen mantivo Cesáreo Pardal unha reunión na que tamén tomou parte a concelleira de Turismo do Concello de Jerez, Isabel Gallardo.

 

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, presente tamén na WTM, destacou as boas oportunidade que a feira londiniense supuxo para o turismo galego pola súa capacidade para poñer ao alcance dos compradores británicos un destino non masificado, con conexións aéreas directas e voos de poucas horas de duración.

10 de Novembro de 2022

Proveitosa participación da misión comercial do Clúster na WTM de Londres

As empresas galegas desprazadas a Inglaterra mantiveron numerosos encontros para promocionar os seus produtos e o destino Galicia.   O Clúster puxo á súa disposición un […]
05 de Novembro de 2022

Unha vintena de empresas acompañan o Clúster á WTM de Londres

O Clúster poñerá á súa disposición un espazo dentro da caseta da Axencia Turismo de Galicia.   A feira turística internacional da capital inglesa celébrase do […]
29 de Outubro de 2022

O Clúster fomenta a participación de empresas galegas na Feira Internacional do Turismo de Interior INTUR

Costeará a inscrición na bolsa de contratación de Intur Negocios, prevista para o 17 de novembro.   A 25 edición da cita valisoletana celebrarase entre os […]
27 de Outubro de 2022

Os beneficios da biomasa para o sector turístico centrarán unha xornada informativa o 3 de novembro

O Clúster Turismo de Galicia e o Clúster da Biomasa de Galicia organizan conxuntamente esta actividade que se desenvolverá en formato en liña.   A participación […]